Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Alemán
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Alemá
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- A materia ten como obxectivo ofrecer unha panorámica dos periodos literarios así como dos autores e obras máis salientables dende a Ilustración ata 1945.
- Preténdese a adquisición e o manexo dos conceptos teóricos por parte do estudantado así como a lectura, análise e comentario dalgunhas das obras máis representativas da literatura alemá en cada un dos contextos histórico-literarios obxecto de estudo.
- Presentación dos principais periodos literarios, autores/as e obras da literatura alemá dende o século XVIII ata o final da segunda guerra mundial.
- Análise do contexto histórico-literario e dos condicionantes que rodean a creación literaria dos autores nas distintas etapas a estudar.
- Estudo dos principios estéticos que caracterizan cada unha das etapas literarias.
- Lectura e comentario dunha selección de obras representativas para a aplicación práctica dos coñecementos teóricos adquiridos.
TEMARIO:
1. A Ilustración e o concepto de literatura moderna alemá.
1.1. O teatro de G. E. Lessing: "Nathan o sabio" (1779).
2. O 'Sturm und Drang' como movemento prerromántico.
3. Presupostos estéticos do chamado 'Clasicismo alemán'.
3.1. "Ifigenia en Tauris" (1787) de Goethe.
4. Periodización crítica do Romanticismo alemán.
4.1. Teoría literaria do 'Romanticismo temperán'.
4.2. "O home da area" (1817) de E.T.A. Hoffmann e a prosa do 'Romanticismo negro'.
5. 'Biedermeier', 'Junges Deutschland' e Realismo poético alemán.
5.1. "A xente de Seldwyla" de Gottfried Keller e o xénero da novela corta: "Romeo e Xulieta na aldea" (1856).
6. Naturalismo e vangardas na literatura alemá.
6.1. Crise de identidade e monólogo interior: "O teniente Gustl" (1900) de Arthur Schnitzler.
6.2. A lírica do Expresionismo alemán.
6.3. O mundo kafkiano na narración "A transformación" (1912).
7. Da República de Weimar ao final do Terceiro Reich.
7.1. O teatro épico de Bertolt Brecht: "A resistible ascensión de Arturo Ui" (1941).
LECTURAS OBRIGATORIAS:
1. LESSING, G.E.: Nathan el sabio. Madrid: Akal 2009.
2. GOETHE, Johann Wolfgang: Ifigenia en Tauris. Barcelona: Editorial Planeta 1963.
3. HOFFMANN, E.T.A.: El hombre de la arena, en E.T.A. Hoffmann: Nocturnos. Madrid: Alianza Editorial 2016.
4. KELLER, Gottfried: Romeo y Julieta en la aldea, en: Gottfried Keller: La gente de Seldwyla. Madrid: Cátedra 1996.
5. SCHNITZLER, Arthur: El teniente Gustl. Barcelona: El Acantilado 2012.
6. KAFKA, Franz: La transformación. Barcelona: Debolsillo 2006.
7. BRECHT, Bertolt: La resistible ascensión de Arturo Ui, en: Teatro completo de Bertolt Brecht. Madrid: Cátedra 2006.
* Tanto as lecturas obrigatorias como os demáis textos que se comentarán nas clases interactivas poranse a disposición do estudantado na aula virtual da materia.
HISTORIAS DA LITERATURA ALEMÁ E OUTRAS OBRAS DE CONSULTA XERAL
ACOSTA, Luis A. (coordinador): La literatura alemana a través de sus textos. Madrid: Cátedra, 1997. FB
ACOSTA, Luis A. et al. (eds.): Encuentros con Goethe. Madrid: Trotta, 2001.
BARK, Joachim, u.a. (ed.): Epochen der deutschen Literatur. Stuttgart: Ernst Klett, 1989.
BEUTIN, Wolfgang u.a.: Deutsche Literaturgeschichte: von den Anfängen bis zur Gegenwart. Stuttgart: Metzler, 1979. FB
- [versión española:] Historia de la literatura alemana. Madrid: Cátedra, 1991. FB
FORTEA, Carlos: Dos cambios de siglo. Ensayos sobre literatura alemana traducida. Frankfurt am Main: Peter Lang, 2009.
HERNÁNDEZ, Isabel/ MALDONADO: Manuel, Literatura alemana. Épocas y movimientos desde los orígenes hasta nuestros días. Madrid: Alianza, 2003.
JIRKU, Brigitte E./ Rodríguez, Julio (eds.): El pensamiento filosófico de Friedrich Schiller. Valencia: PUV, 2009.
LINÉS HELLER, Luis M.ª: Thomas Mann. Madrid: Síntesis, 2006.
MALDONADO ALEMÁN, Manuel: El Expresionismo y las vanguardias en la literatura alemana. Madrid: Síntesis, 2006.
MODERN, Rodolfo E.: Historia de la literatura alemana. México: Fondos de cultura económica, 1986.
ROETZER, Hans Gerd/ SIGUAN, Marisa: Historia de la literatura alemana 1/2, Barcelona: Ariel, 1992.
- Dominio dos conceptos teóricos e principios estéticos máis relevantes da literatura alemá.
- Dominio das principais etapas e correntes literarias cos seus autores/as e obras máis representativas dende a Ilustración ata 1945.
- Primeiros coñecementos da terminoloxía específica en lingua alemá.
- Dominio das técnicas para realizar análises literarias.
- As clases teóricas presenciais alternarán co debate de aspectos particulares e lecturas así como coa realización de comentarios de texto na clase.
- Nas clases interactivas realizaranse comentarios e discutiranse aspectos concretos en base a unha serie de textos propostos pola docente responsable. Ademáis, o estudantado deberá realizar de maneira autónoma ao longo do cuadrimestre 5 comentarios de texto que terá que entregar á docente en forma e prazo para a súa cualificación.
- A avaliación será continua e integral e incluirá unha proba final. A nota final resultará da valoración dos seguintes dous aspectos:
1. Participación activa e continuada nas clases expositivas: 10% da nota final.
2. Participación activa e continuada nas clases interactivas e realización de comentarios: 30% da nota final.
2. Proba final, na que só se avaliarán os contidos da parte expositiva (non haberá preguntas da parte interactiva): 60% da nota final. Aprobar o exame final (nota 5 o superior) será condición indispensable para superar a materia.
- O estudantado que por cuestións de coincidencia horaria con outras materias non poida asistir regularmente ás aulas será avaliado en base a unha única proba final (100% da nota), na que se examinarán tanto os contidos da parte expositiva como da interactiva.
- Para o estudantado con dispensa oficial de asistencia a clases a avaliación farase tamén en base a unha única proba final (100% da nota), na que haberá cuestións tanto da parte expositiva como da parte interactiva da materia.
- Os criterios de avaliación descritos rexerán tanto na primeira como na segunda oportunidade de exame.
- No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido no art. 16 da "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
- 50 horas presenciais e ao redor de 100 horas non presenciais para o estudo e preparación das actividades programadas para a clase así como para a realización das lecturas.
- Ler alomenos a primeira obra do listado de lecturas obrigatorias antes do comezo do cuadrimestre.
- O uso de teléfonos móviles nas aulas está prohibido sen autorización previa de profesor.
Maria Dolores Sabate Planes
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Alemá
- Teléfono
- 881811848
- Correo electrónico
- dolors.sabate.planes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Alemán | C01 |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Alemán | C05 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 | Alemán | D05 |
10.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C01 |
10.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C01 |
10.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C01 |
10.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C01 |