Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Latina
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Como segunda parte do módulo de formación básica en lingua latina, o obxectivo da asignatura é completar o coñecemento básico dese idioma comezado na materia "Lingua Latina 1". Iso significa:
Mellorar a capacidade de lectura, comprensión, análise e tradución de textos latinos de pouca ou media dificultade.
Completar o coñecemento xeral da gramática latina, especialmente no relativo aos aspectos sintácticos.
Ampliar o dominio do vocabulario básico.
Estes obxectivos serán alcanzados mediante unha exposición teórica dos contidos gramaticais e a tradución dunha "selecta" de textos clásicos preparada polo profesor.
XERAIS:
Lectura e comprensión de textos latinos de dificultade media
Adquisición de vocabulario básico
Repaso xeral de gramática: estudo específico da sintaxe básica
ESPECÍFICOS:
Lectura, tradución e comentario dunha "selecta" de textos latinos de dificultade media preparada polo profesor e que se proporcionará aos alumnos ao inicio do curso. Incluiranse textos tanto en verso (Catulo) como en prosa (Plinio o Mozo). Se as circunstancias o aconsellan, poderanse propor outros textos que non aparezan na "selecta".
Nas clases prácticas, realización de exercicios de repaso de gramática latina.
II.- ASPECTOS DE GRAMÁTICA QUE SE REFORZAN:
1.- Tipos de oracións: declarativas, imperativas, interrogativas
2.- Sintaxe nominal. Sintaxe dos casos
3.- Sintaxe verbal
4.- Estruturas oracionais complexas
GRAMÁTICAS:
- Kühner, R., Stegmann, C. Ausführliche Grammatik der lateinischen Sprache, Leverkusen, Gottschalksche Verlagsbuchhandlung, 1955, 2 vols.
- Rubio Fernández, L. Nueva gramática latina, Madrid, Coloquio Editorial, 2004.
- Segura Munguía, S. Gramática latina, Bilbao, Universidad de Deusto, 2007.
- Valentí Fiol, E. Gramática latina: morfología y nociones de sintaxis, Barcelona, Bosch, 1999.
MANUAIS DE SINTAXE:
- Baños Baños, J. M. Sintaxis latina, Madrid, CSIC, 2021, 2 vols.
- Bassols de Climent, M., Sintaxis latina, Madrid, CSIC, 1992.
- Ernout, A. - Thomas, F., Syntaxe latine, Paris, Klincksieck, 1989.
- Pérez Fernández, J. M. Sintaxis estructural del latín, Santiago de Compostela, Follas Novas, 2000.
- Rubio, L., Introducción a la sintaxis estructural del latín, Barcelona, Ariel, 1984.
- Serbat, G., Les structures du latin, Paris, Picard, 1994.
- Valentí Fiol, E., Sintaxis latina, Barcelona, Bosch, 1999.
EDICIÓNS E TRADUCIÓNS:
Catulo:
-Fernández Corte, J. C., González Iglesias (ed. trad. com.), J. A. Catulo. Poesías, Madrid, Cátedra, 2006.
-Lafaye, G. (ed. trad.), Catulle, Poésies, Paris, Les belles lettres, 1982.
-Mynors, R. A. B. (ed.), C. Valerii Catulli carmina, Oxonii, E Typopraphyco Clarendoniano 1958.
-Soler Ruiz, A. (trad.), Catulo. Poemas. Tibulo. Elegías, Madrid, Gredos, 1993.
Plinio:
- Guillemin, A.-M. (ed. trad.) Pline le jeune, Lettres, Paris, Les belles lettres, 1953-1959, 3 vols.
- Martín Iglesias, J. C. (trad.), Gayo Plinio Cecilio Segundo (Plinio el Joven). Epistolario (Libros I - X). Panegírico del emperador Trajano, Madrid, Cátedra, 2007.
- Mynors, R. A. B. (ed.), C. Plini Caecili Saecundi Epistularum libri decem, Oxonii, E Typographico Clarendoniano, 1963.
- Radice, B. (trad.) Pliny. Letters and Panegyricus, London-Cambridge, Loeb, 1969.
Os profesores poderán propoñer bibliografía adicional.
As/os estudantes deberán completar a adquisición e dominio dos elementos básicos da lingua latina. Deberán, polo tanto:
- Adquirir un vocabulario básico desta lingua que lle permita ler e comprender textos latinos de dificultade media.
- Ser capaz de ler e comprender textos latinos de dificultade media, e de analizar e valorar os diversos aspectos deses textos.
- Recoñecer estruturas sintácticas básicas e saber utilizalas, así como coñecer e utilizar as súas equivalencias funcionais.
As sesións interactivas dedicaranse á realización dos exercicios gramaticais, mentres que nas sesións teóricas traballarase cos textos clásicos contidos na "selecta", e eventualmente con outros textos proporcionados polo profesor. En calquera dos casos, é esencial que o alumno manteña ao día tanto a parte de gramática como a lectura e tradución dos textos.
A participación dos estudantes será requisito inexcusable para o desenvolvemento das clases. O profesor ou profesora será quen guíe as lecturas, as interprete e explique aspectos de gramática, historia da lingua, literatura, mitoloxía, relixión e vida cotiá conforme sexan esixidos polas lecturas.
A materia será avaliada mediante un exame final que computará un 75% da nota, no que se realizará, polo menos, un exercicio de tradución e se responderá a unhas preguntas sobre os contidos gramaticais abordados durante o curso. O resto do 25% corresponde á asistencia e participación en clase, especialmente a constatación da realización continuada dos exercicios e das traducións dos textos da "selecta".
A avaliación na segunda oportunidade terá as mesmas características.
Se, por algunha razón, algún alumno ou alumna ten unha dispensa de asistencia ou ocorre a circunstancia dunha coincidencia horaria con outra asignatura, ou calquera problema análogo ou similar, será esencial que se poña en contacto co profesor ao comezo do curso (en ningún caso cando o curso estea xa avanzado). O docente indicaralle o modo de proceder.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas aplicarase o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Un bo manexo e comprensión dos textos latinos de calquera período esixe un traballo continuado día a día.
É aconsellable que o estudante dedique polo menos unha hora diaria para o seguimento e preparación das clases.
- Asistencia regular activa e participativa ás aulas coa realización das actividades que se propoñan.
- Lectura asidua dos textos obxecto de estudo
- Retención do léxico, peza fundamental para a aprendizaxe de calquera lingua.
Joel Varela Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Latina
- Correo electrónico
- joel.varela.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Lua Blanca Garea Garrido
- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Latina
- Correo electrónico
- luablanca.garea.garrido [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Martes | |||
---|---|---|---|
14:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C11 |
Mércores | |||
14:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C11 |
04.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | D09 |
04.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | D09 |
04.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D09 |
04.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | D09 |
04.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D10 |
04.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | D10 |
04.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | D10 |
04.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | D10 |
04.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | D11 |
04.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | D11 |
04.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D11 |
04.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | D11 |
08.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | C11 |
08.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | C11 |
08.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | C11 |
08.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C11 |