Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Italiano
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Italiana
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo principal desta materia é ofrecer ao alumno unha competencia gramatical e comunicativa equiparable ao nivel A1 do “Marco común europeo de referencia para as linguas” (vid. Contidos).
Este nivel garante autonomía en contextos comunicativos básicos.
I.- Competencias comunicativas (nivel A1).
1.- Escoitar: comprensión de textos breves, pronunciados lentamente, sobre temas cotiáns.
2.- Ler: comprensión de textos breves de tipo descritivo, informativo e regulativo.
3.- Falar: capacidade para saber presentarse e soster unha conversación sinxela sobre necesidades ou instrucións.
4.- Escribir: capacidade para crear textos breves de carácter descritivo o informativo.
* Complemento gramatical: adxectivos posesivos, demostrativos ("questo" e "quello"), numerais (cardinais ata "cento"; ordinais ata "dodicesimo"), exclamacións e interxeccións ("scusa, scusi, scusate, per favore, grazie, prego, buongiorno, buonasera, arrivederci, ciao").
II. Fonoloxía e grafía.
1.- Sistema fonolóxico.
2.- Sistema gráfico.
III- Contidos gramaticais
Tema 1.- O artigo.
1.1.- Artigo determinado.
1.2.- Artigo indeterminado.
1.3.- Artigo partitivo plural.
Tema 2.- O substantivo.
2.1.- Masculinos e femininos.
2.2.- Singular e plural (regular).
Tema 3.- O adxectivo.
3.1.- Xénero e número.
3.2.- Formas especiais con troncamento o elisione ("bello").
3.3.- Concordancia do adxectivo cualificativo.
3.4.- Adxectivos posesivos.
3.5.- Adxectivo e pronomes indefinidos e de cantidade (troppo, tanto, poco, molto, nessuno).
3.6. Adxectivo e pronomes demostrativos (questo, quello).
Tema 4.- O pronome.
4.1.- Pronome persoal suxeito.
4.2.- Pronome persoal complemento átono e tónico.
Tema 5.- O verbo.
5.1.- Presente de indicativo dos verbos regulares ("cantare, temere, partire/finire").
5.2.- Presente de indicativo dos verbos auxiliares e irregulares ("essere~esserci, avere / andare, bere, cogliere, dare, dovere, fare, piacere, potere, rimanere, salire, sapere, sedere, stare, tenere, udire, uscire, valere, venire, volere").
5.3. Verbi in -isc.
5.4.- Verbos reflexivos (usos básicos).
Tema 6.- Preposicións.
6.1. Preposicións simples.
6.2. Contracción de preposicións e artigos.
IV. Léxico
Expresións habituais; os animais; a natureza; a comida; o corpo; a casa.
1. Manuales de uso obrigatorio:
- Birello, M. - Vilagrasa, A., "Bravissimo 1. Libro dello studente", Firenze, Bulgarini, 2012. (ISBN 978-84-8443-848-9)
- Morel, M. - Bologna-Tollemer, E. - Sarian, C., "Bravissimo 1. Quaderno degli esercizi", Firenze, Bulgarini, 2012. (ISBN 978-84-8443-972-1)
2. Libro de lectura obrigatoria:
- Nanetti, S., "La Festa dell’uva", Casa delle lingue, Barcelona, 2014. (ISBN 978-84-1605-703-0)
3. Bibliografia de consulta e recomendada:
- Galasso, S. - Trama, G., "Italiano in cinque minuti. Esercizi rapidi sulla grammatica e sul lessico", Alma Edizioni, Firenze, 2010.
- Sensini, Marcello, "Le forme della lingua", Milano, Mondadori, 2010.
- Tartaglione, R. - Benincasa, A, "Grammatica della lingua italiana per stranieri" (A1/A2). Regole, esercizi letture e test, Alma Edizioni, Firenze, 2015.
4.- Dicionarios
4.1.- Monolingües
De Mauro, T. (dir.), Grande dizionario italiano dell’uso, Torino, UTET, 6 vols. (cartaceo in Sala lavoro).
Il Nuovo De Mauro https://dizionario.internazionale.it/
Dizionario Sabatini Coletti http://dizionari.corriere.it/dizionario_italiano/
Vincenzo Lo Cascio, Dizionario Combinatorio Italiano, Amsterdam: John Benjamins, 2 vols., 2014 (cartaceo ed elettronico in biblioteca).
Portale Treccani: dizionario monolingue, dizionario di sinonimi e contrari, enciclopedia, dizionario biografico ed altri contenuti grammaticali e culturali: http://www.treccani.it/
Dizionario Garzanti della lingua italiana: https://www.garzantilinguistica.it/
Luciano Canepari, Il DIPI. Dizionario di pronuncia italiana, Bologna: Zanichelli, 2009. www.dipionline.it/
4.2.- Bilingües
Rossend Arqués Corominas & Adriana Padoan, Il Grande dizionario di spagnolo. Dizionario spagnolo-italiano, italiano-spagnolo, Bologna: Zanichelli, 2020 (cartaceo in biblioteca. Dizionario ebook 90: 3 mesi di consultazione online e offline / 3,50 €).
Elena Baiotto (dir.), Espasa Paravia. Il dizionario spagnolo-italiano, italiano-spagnolo, Torino: Paravia, 2005 (cartaceo in biblioteca).
Cesáreo Calvo Rigual & Anna Giordano Gramegna, Diccionario avanzado italiano-español, Barcelona: Herder, 2011 (cartaceo in biblioteca).
Paola di Cataldo (dir.), Il Grande dizionario spagnolo: spagnolo-italiano, italiano-spagnolo, Milán: Garzanti Linguistica, 2009 (cartaceo e CD in biblioteca).
Dizionario Hoepli italiano-spagnolo: https://www.grandidizionari.it/dizionario_italiano-spagnolo.aspx?idD=4
Lorna Knight & Michela Clari, Collins Compact plus. Español-Italiano, Barcelona: Random House Mondadori, 2005 (ejemplar en papel disponible en biblioteca).
Comprender e utlizar expresións familiares de uso cotián e fórmulas moi comúns para resolver necesidades concretas. Presentarse a si mesmo e aos demais e ser quen de facer preguntas sobre datos persoais e responder a preguntas similares (o lugar onde se vive, as persoas que se coñecen, as cousas que se posúen). Ser quen de interactuar de modo sinxelo, a condición de que o interlocutor fale lenta e claramente.
Nas clases expositivas alternaranse explicacións de contido gramatical con lecturas e exercicios prácticos, mentres que nas clases interactivas se traballará o aspecto comunicativo da lingua mediante diálogos, coloquios situacionais, descricións, etc. En ambos os dous casos prevese a participación constante e activa dos alumnos.
Na aula virtual indicaranse os argumentos do programa e os exercicios de repaso dos temas tratados en clase.
A avaliación realizarase segundo os seguintes parámetros:
- Proba de comprensión oral: 10%
- Exame escrito: 50%
- Exame oral: 40%
Importante:
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na «Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións».
1. Para poder presentarse ao exame oral, o alumnado deberá obter unha nota igual ou superior a 5 no exame escrito (nota non ponderada).
2. Na proba oral esixirase a lectura correcta dun fragmento do libro de lectura obrigatoria e a resposta a preguntas relacionadas cos temas comunicativos previstos no programa. O profesorado poderá utilizar o material (textos, fotos, artigos, etc.) que considere máis oportuno.
3. Para aprobar esta materia é necesario acadar unha nota igual ou superior a 5 (nota non ponderada), non so no exame escrito senón tamén na proba oral. Quen supere o exame escrito, pero non o oral na primeira oportunidade, poderá manter a nota da proba escrita para a segunda oportunidade, presentándose soamente á proba oral (previa comunicación ao profesorado, antes da data designada para a realización da proba escrita na segunda oportunidade). De non superar a proba oral, a nota final corresponderá ao resultado ponderado da proba escrita.
4. Os criterios de avaliación serán os mesmos para o estudantado con exención oficial de asistencia.
Con esta materia acádanse seis créditos. Catro horas e media semanais de estudo persoal, ademais das tres horas de clase, deberían ser suficientes para superala.
É recomendable estudar todos os días e, se é posible, ver ou escoitar películas, programas televisivos, cancións, etc. en italiano.
Lémbrase aos alumnos que o profesor poderá porse en contacto con eles a través do enderezo de correo electrónico que figure na súa ficha electrónica da USC.
Benedict Buono
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Italiana
- Teléfono
- 881811868
- Correo electrónico
- ben.buono [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Enma Rodriguez Mayan
- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Italiana
- Correo electrónico
- enma.rodriguez.mayan [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
Xoves | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-E) | Italiano | C01 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_02 (F-L) | Italiano | D10 |
13:30-15:00 | Grupo /CLIL_03 (M-Q) | Italiano | C01 |
13:30-15:00 | Grupo /CLIL_04 (R-Z) | Italiano | D10 |
Venres | |||
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 (A-L) | Italiano | C10 |
13:30-15:00 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | Italiano | C10 |
20.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (F-L) | C11 |
20.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_04 (R-Z) | C11 |
20.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 (A-L) | C11 |
20.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | C11 |
20.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-E) | C11 |
20.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_03 (M-Q) | C11 |
20.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 (A-L) | C12 |
20.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (F-L) | C12 |
20.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_04 (R-Z) | C12 |
20.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | C12 |
20.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-E) | C12 |
20.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_03 (M-Q) | C12 |
18.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_04 (R-Z) | C11 |
18.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | C11 |
18.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-E) | C11 |
18.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_03 (M-Q) | C11 |
18.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 (A-L) | C11 |
18.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (F-L) | C11 |