Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Catalán
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxía Catalá
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Dominio básico do uso da lingua catalá que permita facer fronte a situacións de comunicación de poca complexidade, propias da vida cotiá (Marco Europeo Común de Referencia: A1-A2).
- Coñecemento da realidade lingüística e sociocultural da comunidade lingüística catalá.
- Fomento dunha actitude intelectual aberta e de respecto cara a realidade plurilingüe e multicultural.
- Desenvolvemento de estratexias de traballo persoal e de aprendizaxe autónomo.
A materia de Lingua Catalá 1 está estruturada en 3 bloques temáticos. Cada un destes consta de tres partes que se traballan de maneira simultánea nas aulas: temas relacionados coas situacións de comunicación básicas, cos compoñentes gramaticais e o marco sociocultural necesarios para o desenvolvemento integrado e significativo das diversas destrezas lingüísticas fundamentais.
Bloque 1. Perfil persoal
Bloque 2. Persoas e lugares
Bloque 3. Actividades cotiás
Contidos de feitos, conceptos e sistemas conceptuais
1. Pragmática
- Interperlar a alguén e responder unha interpelación
- Saudar, responder un saúdo e despedirse
- Interesarse por alguén e dar respostas a mostras de interese
- Presentarse, facer presentacións e responder unha presentación
- Preguntar por alguén e responder cando se pregunta por alguén
- Agradecer e responder un agradecemento
- Desculparse e aceptar desculpas
- Pedir perdón e perdoar
- Identificarse, identificar e pedir identificación
- Pedir e dar información sobre persoas, horarios, datas e lugares; sobre un feito, actividade ou acontecemento
- Describir persoas, estados físicos e anímicos, cousas, sentimentos, procesos e mudanzas
- Pedir a alguén que repita unha mensaxe ou que fale máis devagar
- Preguntar e dicir o significado ou a tradución dunha palabra ou expresión
- Preguntar e dicir como se escribe ou como se pronuncia unha palabra ou expresión
2. Elementos formais da lingua
- O alfabeto. As letras e os sons que representan. Regras de ortografía elemental
- A vogal neutra, o ‘o’ e o ‘u’ átonos. O timbre do ‘e’ e do ‘o’
- As consoantes
- Morfoloxía, usos sintácticos e semánticos de:
- O artigo. Contraccións e uso do apóstrofo e do guión
- Demostrativos
- Posesivos
- Indefinidos e cuantitativos
- Numerais
- Interrogativos
- O sustantivo e o adxectivo: casos de flexión máis frecuentes
- Preposicións e locucións prepositivas
- Pronomes persoais tónicos
- A conxunción "que" encabezando unha interrogativa
- O verbo: Indicativo (presente, perfecto perifrástico e futuro simple dos verbos regulares e dos irregulares máis frecuentes); -
- Usos de "ser", "ser-hi", "haver-hi" e "estar-se".
- Perífrases de obriga e necesidade
- Adverbios e expresións adverbiais de uso frecuente
- Léxico: léxico máis frecuente referido a campos semánticos básicos e o relacionado cos intereses do alumnado
- Datos persoais. A familia. Estados físicos e anímicos da persoa, e descrición de lugares. Hábitos da vida cotiá. Lecer. Relacións sociais. Profesións e oficios.
- Sufixos de derivación máis frecuentes para nomes de oficio
- Sufixos de derivación máis frecuentes para lugares (sobre todo comercios e tendas)
- Xentilicios
3. Lingua, cultura e sociedade
- Aspectos culturais. Características do ámbito da comunidade lingüística que poden ter implicacións no comportamento comunicativo: tradicións, referentes históricos, xeográficos, sociais, políticos e culturais (calendario festivo tradicional: Tots Sants, Nadal, Pasqua…)
BÁSICA
ABELLÓ, Xavier & RODRÍGUEZ, Judith, Llengua catalana. Bàsic 1, 2, 3. Barcelona, Barcanova, 2006.
BASTONS, Núria [et al.], Gramàtica pràctica del català. Barcelona, Teide, 2011.
BERENGUERAS, J. Ramon & BONAFONT, Rosa. Tradicions per al segle XXI. Quadern de lectura progressiva. Nivell elemental 1. Barcelona, Castellnou, 2005.
COMELLES, Salvador [et al.], El Català escrit (Ortografia, Morfologia, Funcions). Barcelona, Barcanova, 2012.
ESTEBAN, Jordi, Català Inicial A1. Barcelona, Teide, 2012.
GUERRERO, Inés [et al.], Nou Nivell Bàsic 1, 2, 3. Barcelona, Castellnou, 2010.
MAS, Marta [et al.], Veus 1 i 2. Curs de català. Barcelona, Publicacions de l’Abadia de Montserrat, 2005-2007.
ROSELL, Josep & Lluís HOMS, Parlem-ne: 33 situacions de català pràctic (adaptat a la nova normativa). Barcelona, Barcanova, 2010.
VILAGRASA, Albert, A punt 1 i 2. Curs de Català, Barcelona, Publicacions de l'Abadia de Montserrat, 2018-2019.
COMPLEMENTARIA
ALEGRE, Montserrat [et al.], Gramaticard. Barcelona, Castellou, 2006.
BADIA, Joan et al., El llibre dela llengua catalana (per a escriure correctament el català). Barcelona, Àrtic, 1995.
ESTEBAN, Jordi, Català Bàsic A2. Barcelona, Teide, 2012.
ESTEBAN, Jordi, SAGRERA, Mercè & CAMPOY, Montse, Català Elemental B1. Barcelona, Teide, 2014.
FERRANDO FRANCÈS, Antoni - NICOLÀS AMORÒS, Miquel, Panorama d'història de la llengua. València, Tàndem, 1993.
INSTITUT D'ESTUDIS CATALANS, (Nova) Ortografia catalana. Barcelona, IEC, 2017.
INSTITUT D'ESTUDIS CATALANS, (Nova) Gramàtica de la llengua catalana. Barcelona, IEC, 2016.
MAS, Marta [et al.], Digui, digui... Curs de català. Barcelona, Publicacions de l’Abadia de Montserrat - Enciclopèdia Catalana, 1996 (3ª ed).
MAS, Marta, Gramàtica catalana de la A a la Z. Barcelona, Publicaciones de l'Abadia de Montserrat, 2012.
MONEGAL, Carme, 156 activitatsper a parlar en català, Vic: Àlber, 2004.
Ortocard: regles d'ortografia catalana. Barcelona, Castellou, 2006.
Pack Diccionaris Castellà-Català i Català-Castellà, Barcelona, Enciclopèdia Catalana, 2005.
ROIG, Nuri (coord.), Passos 1 (Nivell Bàsic). Barcelona, Octaedro, 2006.
RUAIX I VINYET, Josep, Català fàcil. Barcelona, Claret, 2007.
VENY, Joan, Els parlars catalans. Palma, Moll, 1987 (7ª ed.).
VENY, Joan, Introducció a la dialectologia catalana. Barcelona, Enciclopèdia Catalana, 1986 (2ª ed.)
Verbicard: tots els verbs catalans conjugats. Barcelona, Castellnou, 2006.
VV. AA., 116 icones turístiques de Catalunya. Barcelona, Generalitat de Catalunya, Departament d’empresa i coneixement, 2010.
XURIGUERA, J. Baptista, Els verbs catalans conjugats. Barcelona, Claret [Pompeu Fabra 6], 1998 (35ª ed.)
RECURSOS EN LIÑA
Diccionaris.cat
Diccionari de la Llengua Catalana Multilingüe
DIDAC. Diccionari de català
DIEC2 Diccionari de Català de l’Institut d’Estudis Catalans
Edu3.cat. Portal de ràdio i Tv educatives
Festes.org
Gencat. Llengua catalana
Guia de conversa universitària multilingüe
Gran Enciclopèdia Catalana
Intercat
Parla.Cat
Patrimoni.Gencat
Sons del català
Viasona. Tota la música en català
Viure a Catalunya
- Emprar o catalán como medio de comunicación en situacións da vida cotiá, en situacións de aprendizaxe e como medio de expresión persoal.
- Familiarizarse cos signos gráficos do catalán e sabelos relacionar co son que representan.
- Ler en voz alta coa pronuncia e entonación adecuadas.
- Comprender as ideas principais e extraer información específica de textos tanto orais como escritos, de tipoloxía diversa.
- Dominar as estruturas lingüísticas e o vocabulario precisos para as necesidades comunicativas básicas.
- Participar adecuadamente en conversas da vida cotiá.
- Interactuar oralmente en contextos comunicativos nos que o estudante precise dar informacións puntuais.
- Describir, de manera sinxela, persoas, obxectos, lugares e situacións, tanto de forma oral como escrita.
- Relatar feitos e acontecementos presentes, pasados e futuros de poca complexidade, tanto de forma oral como escrita.
- Escribir textos sinxelos coa corrección adecuada.
- Usar o catalán como lingua vehicular da interacción comunicativa propia da actividade lectiva (entre o estudantado e profesorado).
- Saber utilizar dicionarios, libros e materias de consulta de maneira eficaz.
- Coñecer e empregar os recursos que ofrecen as novas tecnoloxías para a aprendizaxe da lingua e cultura catalás.
Clases de carácter teórico-práctico, nas que se traballarán todas as habilidades lingüísticas: comprensión e expresión oral e escrita, desde un enfoque comunicativo por tarefas.
Método: VILAGRASA GRANDIA, Albert, A PUNT 1 e 2. Curs de català. Barcelona, Publicacions de l’Abadia de Montserrat, 2018-2019.
Ademais do manual farase uso doutros materiais (textos, vídeos, audios) procedentes da bibliografía pertinente ou elaborados polo profesorado. Sempre que sexa posible os materiais reflectirán as situacións do uso real da lingua (actualidade informativa e sociocultural) e procurarase que satisfagan os intereses do estudantado.
Durante as clases faranse exercicios tanto individuais como en grupo e ao final de cada bloque se avaliarán os resultados da aprendizaxe mediante unha tarefa global.
Fomentarase no alumnado a práctica do catalán fóra da aula:
- uso dos principais medios de comunicación cataláns (televisión, radio, prensa, etc.)
- intercambios lingüísticos con estudantes cataláns, virtuais e/ou presencias.
Os estudantes deberán facer unha lectura obrigatoria.
A avaliación final será o resultado de conxuntar os seguintes elementos de avaliación, da maneira en que se indica:
-Para aprobar a materia os alumnos terán que facer 3 probas de avaliación continuada, oral e escrita, unha despois de cada bloque temático (75% da nota)
- A lectura do libro en catalán e realización dos exercicios (15% da nota)
- Na cualificación final da materia contará a participación activa nas clases e nas actividades culturais organizadas ou propostas pola Área (10% da nota)
Nos casos nos que o alumnado estea en circunstancias excepcionais que lle impidan asistir regularmente a clase, a avaliación farase mediante un exame final (60% da nota). Ademais do exame, deberá facer traballos acordados coa profesora para suplir a aprendizaxe presencial (40% da nota).
Cando o estudante teña dispensa de asistencia segundo o disposto na instrución nº 1/2017 da Secretaría Xeral da USC, o 100% correspondente á asistencia e participación será complementado cun sistema individualizado de avaliación acorde aos motivos de dispensa.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Na segunda oportunidade só se calificará a materia polo exame final.
TOTAL DE HORAS DE ACTIVIDADE PRESENCIAL: 54
- Sesións teórico-prácticas: 48 (expositivas: 24 e interactivas: 24)
- Sesións de titorías programadas: 3
- Sesións de avaliación: 3
TOTAL DE HORAS DE ACTIVIDADE NON PRESENCIAL: 96
- Estudo e traballo persoal: 84
- Preparación avaliación: 12
* As horas non presenciais corresponden ao traballo autónomo do estudante e, polo tanto, responden a unha planificación puramente teórica, dende o momento en que este é o responsable final do seu traballo.
- Estudo e traballo continuado dos contidos da materia.
- Acudir ás titorías sempre que se presente un problema ou dúbida na marcha da práctica docente.
- Ampliar os contidos do programa coa bibliografía recomendada.
- Practicar a lingua catalá fóra das aulas (cancións, prensa, cine, televisión...) e entre os compañeiros de clase.
- Participar en programas de intercambio lingüístico co catalán.
Maria Rosa Olle Planas
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Catalá
- Correo electrónico
- rosa.olle [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Lector/a
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLIL_01 | Catalán | B06 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIL_01 | Catalán | B06 |
Martes | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Catalán | C01 |
15.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D05 |
15.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 | D05 |
13.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C05 |
13.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 | C05 |