Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Lingua Española
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Combinar o estudo de aspectos non tratados nas demais materias da especialidade coa reflexión profunda sobre contidos estudados noutras materias da área de lingua española.
2. Introducir aos alumnos nas técnicas de investigación lingüística, como preparación ao futuro traballo de fin de grao ou ao dun posgrao investigador.
3. Proporcionar unha visión unitaria da variación lingüística en todas as súas dimensións (diacrónica, diatópica, diastrática e diafásica).
4. Profundar na comprensión dalgúns fenómenos de variación e cambio do español.
5. Aproveitar as técnicas da lingüística de corpus para examinar e resolver diferentes problemas da lingüística española.
1. A variabilidade das linguas.
2. Dimensións de variación lingüística. Metodoloxía para o seu estudo: análise de corpus do español.
2.1. Variación xeográfica.
2.2. Variación social.
2.3. Variación diafásica.
3. Actitudes sobre as variedades do español
4. O contacto lingüístico.
5. O cambio lingüístico.
6. A observación do cambio.
Básica
Blake, Robert J. y Eve C. Zyzik. 2016. El español y la lingüística aplicada. Washington D.C.: Georgetown Univ. Press. Cap. 6.
Menegotto, Andrea C. 2014. La variación y el cambio a lo largo de la vida. Una entrevista a William Labov y Gillian Sankoff. Estudios de Teoría Literaria. Revista digital 3 (5): 359-366.
Moreno, Francisco. 2015. La maravillosa historia del español. Cap. 1: El paisaje lingüístico de Europa, 15-26.
Morghenzaler García, Laura. 2008. Identidad y pluricentrismo lingüístico. Hablantes canarios frente al estándar. Cap. 6.1. a 6.3.
Pharies, David. 2007. Breve historia de la lengua española. Cap.1: El cambio lingüístico, 7-19.
Silva-Corvalán, Carmen y Andrés Enrique-Arias. 2017 Sociolingüística y pragmática del español. Washington, Georgetown University Press (2ª ed.). Cap. 1.3., Cap. 3, Cap. 4.1, 4.3. y 4.5., Cap. 5.1. Cap. 7.1. y 7.2.
Sunderland, Jane. 2010. Research Questions in Linguistics. En Lia Litosseliti (ed.): Research Methods in Linguistics. Londres y Nueva York: Continuum, 9-28.
Para a realización de cada traballo, proporase unha lectura obrigatoria nas primeiras semanas de clase.
Complementaria
Baker, Paul. 2010. Sociolinguistics and Corpus Linguistics. Edimburgo: Edinburgh University Press.
Benito Moreno, Carlota de. 2022. Si me queréis... leerse este capítulo: no se vais a arrepentir. A. Estrada, B. Martín, C. de Benito (eds.), Como dicen en mi pueblo. El habla de los pueblos españoles. Madrid: Pie de Página.
Blas Arroyo, José Luis. 2005. Sociolingüística del español. Desarrollos y perspectivas en el estudio de la lengua española en contexto social. Madrid: Cátedra.
Cano, Rafael (coord.). 2004. Historia de la lengua española. Barcelona: Ariel
Chambers, J. K. & Peter Trudgill. 1982. Dialectology. Cambridge: Cambridge University Press. Trad. esp. de Carmen Morán González con adaptación y anotación de Eugenio Bustos Gisbert: La dialectología. Madrid: Visor, 1994. Reedición en inglés en 2004.
Caravedo, Rocío. 2014. Percepción y variación lingüística. Enfoque sociocognitivo. Madrid / Frankfurt: Iberoamericana / Vervuert.
Conde Silvestre, Juan Camilo. 2007. Sociolingüística histórica. Madrid: Gredos.
Elvira, Javier. 2015. Lingüística histórica y cambio gramatical, Madrid: Síntesis.
Labov, William. 2001-2010. Principles of Linguistic Change. Oxford: Wiley-Blackwell. 3 vols. Vers. esp. de los dos primeros a cargo de Pedro Martín Butragueño. Madrid: Gredos.
Litosseliti, Lia (ed.). 2010. Research Methods in Linguistics. Londres y Nueva York: Continuum.
Otheguy, Ricardo y Luis Bernardo Quesada Nieto. 2023. Sintaxis del español en contacto con otras lenguas. En G. Rojo, V. Vázquez Rozas & R. Torres-Cacoullos (eds.), Sintaxis del español / The Routledge Handbook of Spanish Syntax, Londres: Routledge, 551-563.
Penny, Ralph. 2000. Variation and Change in Spanish. Cambridge: Cambridge U.P.
Básicas do GLLE
CB1. Capacidade para conectar os coñecementos previos con outros máis avanzados no ámbito da lingüística hispánica.
CB2. Capacidade para elaborar argumentos e defendelos, así como para propoñer solucións a problemas lingüísticos.
CB3. Capacidade para reunir e interpretar datos lingüísticos relevantes co fin de emitir xuízos reflexivos.
CB4. Capacidade para transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público especializado e non especializado.
CB5. Capacidade para aplicar de forma autónoma en estudos posteriores as habilidades de aprendizaxe adquiridas.
Xerais do GLLE
CG1. Adquisición e comprensión de coñecementos, métodos científicos e recursos de análises específicas para o estudo lingüístico avanzado do español.
CG7. Dominio da expresión oral e escrita en español en diferentes contextos de uso.
CG9. Habilidade para o traballo cooperativo en contextos multiculturais e multilingües.
Específicas do GLLE
CE9. Desenvolvemento dun coñecemento máis profundo da lingua española grazas ao estudo reflexivo da gramática e dos usos discursivos dos falantes.
Específicas da materia
1. Obtención de maior destreza e finura de análise para describir e interpretar a variación lingüística do español.
2. Potenciación das capacidades dos estudantes para analizar problemas lingüísticos.
3. Capacidade para valorar críticamente diferentes propostas de análises.
4. Capacidade para elaborar respostas concisas, coherentes e ben argumentadas a partir dos problemas e exercicios propostos.
Na aula virtual están depositados os materiais precisos para o seguimento da materia. No curso combinaranse semanalmente dúas sesións expositivas sobre os contidos do programa con unha sesión interactiva na que:
a) se formularán e resolverán cuestións prácticas sobre os contidos das sesións expositivas;
b) se revisarán aspectos metodolóxicos importantes para a realización do traballo;
c) se resolverán dudas sobre as tarefas vinculadas coa realización do traballo.
Nas sesións expositivas e interactivas fomentarase a participación activa dos estudantes, que deben ler previamente a bibliografía obligatoria e realizar as tarefas prácticas encomendadas con puntualidade.
1. Procedemento seguido na primeira oportunidade:
Realizarase unha avaliación continuada, baseada na participación activa dos estudantes en clase, así como na avaliación por parte do profesor das cuestións propostas e realizadas en clase ou fóra dela (30% da nota final). Ademais, os estudantes deberán elaborar un traballo no que apliquen o tratado durante o curso a algún fenómeno do español (70% da nota final).
Os estudantes deben acreditar a asistencia ao 80% das clases.
2. Procedemento seguido na segunda oportunidade
Na segunda oportunidade os estudantes presentarán unha nova versión dos traballos que non alcanzasen o nivel suficiente na primeira. A nota do traballo constituirá o 100% da cualificación final.
3. Alumnos con dispensa de asistencia
Para os estudantes con dispensa de asistencia acreditada, a puntuación alcanzada polos traballos representará o 100% da nota final, tanto na primeira oportunidade como na segunda.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
As actividades non presenciais ocuparán ao alumno 100 horas de traballo, o que sumado ás 50 horas de traballo na aula supón 150 horas, equivalentes a 6 créditos ECTS.
Maria Victoria Vazquez Rozas
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingua Española
- Teléfono
- 881811813
- Correo electrónico
- victoria.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C03 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | B06 |
23.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | B06 |
23.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | B06 |
30.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | B06 |
30.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | B06 |