Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Lingua Española
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Obxectivos xerais
1) Fomentar a capacidade de análise da bibliografía especializada.
2) Estimular o debate e as capacidades intelectivas mediante a resolución de casos.
3) Reforzar as destrezas para elaborar traballos escritos ben argumentados.
Obxectivos específicos
1) Coñecer as principais teorías sobre o significado e estudar as relacións entre os significados dos signos lingüísticos.
2) Obter as habilidades básicas para poder describir o funcionamento dos paradigmas léxicos.
3) Aproximarse á análise dos fenómenos lingüísticos da homonimia e a polisemia.
4) Recoñecer e caracterizar os diferentes tipos de repertorios lexicográficos do español.
5) Adquirir a capacidade de analizar as definicións dos dicionarios e de construír novas propostas definitorias.
Bloque I: Lexicoloxía
1. A lexicoloxía: concepto e delimitación.
1.2. O significado lingüístico. Tipos de significado.
1.2.1. Significado, denotación e referencia.
1.2.2. Significado léxico e significado gramatical.
1.2.3. Significado descritivo e significado non descritivo.
2. Relacións paradigmáticas e sintagmáticas dos elementos léxicos.
2.1. Relacións paradigmáticas dos elementos léxicos.
2.1.1. Relacións de identidade e inclusión.
2.1.2. Relacións de exclusión e oposición.
2.2. Relacións sintagmáticas dos elementos léxicos.
3. A variación e traslación do significado.
3.1. Polisemia e homonimia.
3.2. Metáfora e metonimia.
4. O estudo do léxico.
4.1. A lexemática.
4.2. Novos modelos de análise. As bases de datos léxicas.
Bloque II: Lexicografía
1. O dicionario: tipoloxía dos repertorios lexicográficos.
1.1. Dicionarios de lingua e enciclopedias.
1.2. Criterios para o esteblecemento dunha clasificación dos dicionarios.
1.3. Macroestrutura.
1.3.1. Ordenación das entradas.
1.3.2. Criterios de selección do lemario.
1.3.2. Tipos de entradas.
1.4. Microestrutura.
1.4.1. A acepción.
1.4.2. As informacións lexicográficas: etimoloxía, marcas e exemplos.
2. A definición lexicográfica.
2.1. Condicións que debe cumprir a definición.
2.2. Tipos de definicións.
2.3. Relacións entre definicións.
2.4. Contido e contorno da definición.
3. A elaboración de dicionarios
Bibliografía básica e complementaria
Atkins, B.T. Sue & Rundell, Michael (2008). The Oxford Guide to Practical Lexicography. Oxford: Oxford University Press.
Battaner Arias, Paz y Carmen López Ferrero (2019): Introducción al léxico, componente transversal de la lengua. Madrid: Cátedra.
Bosque, Ignacio (1982). “Sobre la teoría de la definición lexicográfica”, Verba, 9, pp. 105-123.
Carriazo Ruiz, José Ramón y Carolina Julià Luna (2021). Manual de semántica de la lengua española. Madrid: Editorial Universitaria Ramón Areces.
Coseriu, Eugenio (1981). Principios de semántica estructural. Madrid, Gredos.
Cruse, David Alan (1986). Lexical Semantics. Cambridge, Cambridge University Press.
Cruse, David Alan (2000). Meaning in Language: an Introduction to Semantics and Pragmatics. Oxford: Oxford University Press.
Escandell Vidal, M.ª Victoria (2007). Apuntes de semántica léxica. Cuadernos de la UNED, Madrid.
Fuertes-Olivera, P. A., ed. (2018): The Routledge handbook of Lexicography, New York, Routledge.
Gutiérrez Ordóñez, Salvador (1989). Introducción a la semántica funcional. Madrid, Síntesis.
Haensch, Günther et al. (1982). La lexicografía. De la lingüística teórica a la lexicografía práctica. Madrid, Gredos.
Haensch, Günther (2004). Los diccionarios del español en el umbral del siglo XXI, Salamanca, Universidad de Salamanca.
Halliday, Michael A.K. et al. (2004). Lexicology and Corpus Linguistics. An introduction. Londres/Nueva York: Continuum.
Hausmann, Franz Joseph et al. (eds.) (1989-1991). Wörterbücher. Dictionaries. Dictionnaires. Eine internationals Handbuch zur Lexicographie. An International Encyclopedia of Lexicography. Encyclopedie international de lexicographie. Berín-New York, De Gruyter.
Lyons, John (1995). Linguistic Semantics: an Introduction. Cambridge University Press. (Versión española: Semántica lingüística. Una introducción. Barcelona: Paidós, 1997.)
Maldonado, Concepción (2013). "La entrada léxica en el discurso lexicográfico digital", Círculo de Lingüística Aplicada a la Comunicación 56, pp. 26-52.
Martínez de Sousa, José (1995). Diccionario de lexicografía práctica. Barcelona: Biblograf.
Medina Guerra, Antonia María (coord.) (2003). Lexicografía española, Barcelona, Ariel.
Nomdedeu Rull, Antoni y Sven Tarp, Introducción a la lexicografía del español. London: Routledge.
Porto Dapena, José Álvaro (2002). Manual de técnica lexicográfica. Madrid: Arco/Libros.
Porto Dapena, José Álvaro (2014). La definición lexicográfica, Madrid: Arco/Libros.
Rodríguez Barcia, Susana (2016): Introducción a la lexicografía. Madrid: Síntesis.
Seco, Manuel (2003). Estudios de lexicografía española. Madrid, Gredos.
Torner, Sergi, Paz Battaner e Irene Renau, eds. (2024): Lexicografía hispánica. The Routledge Handbook of Spanish Lexicography. London: Routledge.
Dicionarios do español
Clave: Maldonado, Concepción (dir.) (2006). Clave. Diccionario de uso del español actual. Madrid: SM.
DGLE: Alvar Ezquerra, Manuel (2006). Diccionario general de la lengua española. Barcelona: Biblograf. [VOX]
DEA: Seco, Manuel, Olimpia Andrés y Gabino Ramos (2011). Diccionario del español actual. Madrid: Aguilar.
DLE: Real Academia española (2014). Diccionario de la lengua española. Madrid: Espasa.
DUE: Moliner, María (20073). Diccionario de uso del español. Madrid: Gredos (1966).
DUEAE: Battaner Arias, Paz (coor.) (2003). Diccionario de uso del español de América y España. Barcelona: SPES.
1. BÁSICAS E XERAIS DO GLLE
CB1. Capacidade para conectar os coñecementos previos con outros máis avanzados no ámbito da lingüística hispánica.
CB2. Capacidade para elaborar argumentos e defendelos, así como para propoñer solucións a problemas lingüísticos.
CB3. Capacidade para reunir e interpretar datos lingüísticos relevantes co fin de emitir xuízos reflexivos.
CB4. Capacidade para transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público especializado e non especializado.
CB5. Capacidade para aplicar de forma autónoma en estudos posteriores as habilidades de aprendizaxe adquiridas.
CG1. Adquisición e comprensión de coñecementos, métodos científicos e recursos de análises específicas para o estudo lingüístico avanzado do español.
CG2. Habilidade para aplicar os coñecementos e métodos adquiridos na identificación e resolución de problemas, tanto no ámbito dos estudos lingüísticos como no ámbito profesional.
CG3. Capacidade de reflexión e pensamento crítico para describir, interpretar e valorar os feitos lingüísticos.
CG4. Capacidade para aplicar o razoamento inductivo e deductivo, combinando a análise dos datos coa argumentación teórica.
CG5. Capacidade de abstracción, síntese e análise para extraer ideas xerais a partir da observación e descrición dos datos.
CG6. Capacidade para transmitir información, ideas, problemas e solucións sobre cuestións da lingua española a un público especializado e non especializado.
CG7. Dominio da expresión oral e escrita en español en diferentes contextos de uso.
CG8. Habilidade para manexar ferramentas informáticas e redes cooperativas que permitan establecer contactos nacionais e internacionais.
CG9. Habilidade para o traballo cooperativo en contextos multiculturais e multilingües.
CG10. Aprendizaxe autónoma de novos coñecementos e técnicas de análise.
2. ESPECÍFICAS DO GLLE
CE4. Identificación e comprensión dos elementos que definen e articulan os estudos lingüísticos como disciplinas científicas no ámbito das Humanidades.
CE5. Capacidade para recoñecer o carácter interdisciplinar dos estudos lingüístico-literarios.
CE9. Desenvolvemento dun coñecemento máis profundo da lingua española grazas ao estudo reflexivo da gramática e dos usos discursivos dos falantes.
CE10. Comprensión da complexidade dos feitos lingüísticos.
CE11. Capacidade para aplicar os coñecementos da gramática española tanto na súa vertente sincrónica como diacrónica.
CE14. Capacidade para recoñecer as variedades internas da lingua española (temporais, espaciais, sociais e situacionais).
CE16. Habilidade para manexar novas tecnoloxías que faciliten o estudo da lingua española.
CE17. Habilidade para empregar ferramentas de busca de recursos bibliográficos no estudo da lingua española.
CE18. Desenvolvemento da competencia comunicativa en contextos académicos.
3. ESPECÍFICAS DA MATERIA
Identificación das unidades e principios cos que opera a lexicoloxía e comprensión dos paradigmas nos que se organiza o léxico español.
Capacidade para trasladar os contidos asimilados e as destrezas desenvolvidas ao estudo do léxico doutras linguas e doutras tradicións lexicográficas.
Dominio da estrutura do dicionario e valoración da súa utilidade social como instrumento descritivo e ferramenta pedagóxica da lingua española; coñecemento dos fundamentos da técnica lexicográfica dos principais problemas asociados á práctica da elaboración dos dicionarios.
Capacidade para valorar criticamente diferentes aproximacións teóricas e propostas de analise.
Coñecemento e uso das principais bases de datos léxicas e lexicográficas, así como dos recursos bibliográficos para o estudo da lexicoloxia e a lexicografía españolas.
Adquisición das habilidades necesarias para o uso de novas tecnoloxías que faciliten o estudo lexicoloxia e a lexicografía españolas.
O curso ten unha dobre vertente teórico-descritiva e práctica. Dedicaranse dúas horas de clase semanais a explicacións das profesoras (sesións expositivas) e unha hora semanal a resolución e comentario de exercicios ou casos (sesións interactivas)
1. Sistema de avaliación na primeira oportunidade. Haberá dous procedementos:
a. Primeiro procedemento
A avaliación será continuada e terá en conta a resolución dunha serie de probas argumentativas e cuestionarios (40% da cualificación) e unha proba escrita final (60%), que se levará a cabo na data establecida pola Facultade de Filoloxía.
b. Segundo procedemento
A avaliación levarase a cabo mediante unha proba escrita final (100% da cualificación).
2. Sistema de avaliación na segunda oportunidade.
Consistirá na realización dunha proba escrita final (100% da cualificación).
3. Para os alumnos que obteñan unha dispensa de asistencia e a acrediten axeitadamente, a avaliación limítase ao exame final, que representará o 100% da cualificación e terá lugar nas datas oficiais establecidas pola Facultade. Este sistema de avaliación aplicarase tanto na primeira coma na segunda oportunidade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
As actividades non presenciais ocuparán ao alumno 100 horas de traballo, o que sumado ás 50 horas de traballo na aula supón 150 horas, equivalentes a 6 créditos ECTS.
Dado o carácter e a situación da materia no plan de estudos, o alumno debe posuír os coñecementos mínimos de gramática do español indispensables para o desenvolvemento do programa, así como un dominio instrumental avanzado da lingua española (en alumnos non nativos recoméndase, como mínimo, o nivel de español B2).
Maria Do Mar Campos Souto
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingua Española
- Correo electrónico
- mar.campos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | D09 |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | D09 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | Castelán | D06 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | Castelán | D06 |
14.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D11 |
14.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D11 |
14.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D11 |
14.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D12 |
14.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D12 |
14.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D12 |
12.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D10 |
12.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D10 |
12.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D10 |