Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Francés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Francesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Adquisición dun vocabulario e dunhas estructuras necesarios para comprender e expresarse nun francés simple, claro, matizado e preciso, a pesar dalgunhas faltas.
Coñecemento de nocións básicas de fonética para dominar as normas fonéticas e ortográficas do francés.
Coñecemento de nocións de gramática descriptiva e normativa que servirán de base para a adquisición de novos conceptos no bloque de gramática francesa.
A.- Repaso da fonética e ortografía:
1.- Nocións xerais: Descripción articulatoria do vocalismo e do consonantismo francés. Regras de correspondencia fonográficas.
2.- A “liaison”. O encadeamento. A elisión. Os signos auxiliares gráficos.
B.- Morfoloxía e sintaxe:
1.- O nome. Definición externa e interna. Subclases. Variación en xénero: marcas gráficas e fonéticas. Variación en número: marcas gráficas e fonéticas.
2.- O adxectivo cualificativo. Definición externa e interna. Variación en xénero: marcas. Variación en número: marcas. Variación en grao. Funcións e colocación. Concordancia.
3.- Os determinantes. Caracterización xeral.
3.1.- Os artigos: definido, indefinido e partitivo.
3.2.- Os numerais e os indefinidos.
4.- Os pronomes. Caracterización xeral.
4.1. Os pronomes persoais. Autonomía e funcións.
4.2. Os pronomes adverbiais. Funcións. Complementariedade cos pronomes persoais.
5.- O verbo
5.1.- As conxugacións. Marcas de persoa, número, tempo e modo.
5.2.- A voz activa e a voz pasiva.
5.3.- Auxiliares de tempo e de voz pasiva. Concordancia do participio.
5.4.- Perífrasis verbais: pasado reciente e futuro próximo.
C.- Libro de lectura obrigatoria:
Antoine de Saint-Exupéry, (2015), Le Petit Prince, Paris: Gallimard.
D.- MANUAIS DE CLASE:
- VVAA, BESCHERELLE, La conjugaison pour tous. Paris, Hatier, 2019.
- BESCHERELLE, La Grammaire pour tous. Paris, Hatier, 2019.
- LEROY-MIQUEL, C. et A. GOLLIOT-LÉTÉ : Vocabulaire progressif du français. Niveau intermédiaire, 3éd. (+ CD), Livre A2 + Appli-web (GRAMMAIRE), Paris, Clé International, 2018.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- AAVV: Les 500 exercices de grammaire B1, Paris, Hachette (avec corrigés), 2013.
- CHOLLET, I. et ROBERT, J.-M., Orthographe progressive du français. Niveau intermédiaire (A2-B1), 3éd., Paris, Clé International, 2020.
- **DELATOUR, Y. et al. : Grammaire du français. Cours de civilisation française de la Sorbonne. Paris, Hachette, 1991 (Nouvelle éd., 2004).
- **GRÉGOIRE, M. et O. THIÉVENAZ : Grammaire progressive du français avec 600 exercices. Niveau intermédiaire (4è édition). Paris, Clé International, 2018.
- POISSON-QUINTON, S., MIMRAN, R. et MAHÉO- LE COADIC, M. : Grammaire expliquée du français. Niveau intermédiaire (A2-B1). Livret d'exercices, Paris, Cle international/VUEF, 2002.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
- ABBADIE, Ch., CHOVELON, B. & MORSEL, M.-H. : L'expression française écrite et orale. Grenoble, PUG et Nuxos Publishing technologies, 2007-2014.
- DENIS, D. et A. SANCIER-CHATEAU : Grammaire du français. Paris, Libraire Générale Française, 1994
- TEYSSIER, B. et al. : Nouvelle grammaire du français. Paris, Hachette, 2004.
PRÁCTICA
-AKYUZ, A., BAZELLE-SHAHMAEI, B., BONENFANT, J. et ORNE-GLIEMANN, M., Exercices de grammaire en contexte, B1, Paris, Hachette, 2019.
- POISSON-QUINTON, S., Expression écrite. Niveau 1. París, Clé International, 2004.
- STRUVE-DEBEAUX, A., Maîtriser la Grammaire française. Grammaire pour étudiants de FLE/FLS. Éditeur : Belin
- VVAA, Les Quiz du Petit Bon usage, Paris, De Boeck, 2019.
- VVAA, Pratique grammaire, B1. Livre + corrigés, Paris, Clé International, 2020.
DICCIONARIOS
- Grand Dictionnaire français - espagnol, espagnol – français. Paris, Larousse, 2007.
- BERTAUD DU CHAZAUD, H. : Dictionnaire des synonymes. Paris, Les Usuels du Robert, 1989.
- BOUSSINOT, R. : Dictionnaire Bordas. Synonymes, analogies et antonymes. Paris,.Bordas/SEJER, 2007.
- HANSE et BLAMPAIN : Nouveau dictionnaire des difficultés du français moderne. Bruxelles, De Boeck/Duculot, 2005
- REY, A.(dir.) : Le Nouveau Petit Robert de la langue française. Paris, Le Robert, 40ème éd., 2007.
RECURSOS ELECTRÓNICOS:
Os Imprescindibles:
www.rfi.fr (« Apprendre le français »)
www.cavilamenligne.com (« Boîte à outils » > « Activités en ligne »)
www.tv5.org (« Langue française » > « Apprendre le français »)
Outros [actualizados o 11/05/2024]
https://grammaire.reverso.net/
http://www.appuifle.net/gramma.htm
NIVEL DE LINGUA
Ao final do semestre o estudiante deberá acadar un nivel de usuario independiente (Umbral (B1)) do Marco Común Europeo de Referencia para as linguas.
O alumno debe debe ser capaz de producir enunciados sinxelos e coherentes manexando un vocabulario usual. Debe ser capaz de comprender textos sobre cuestións que lle son coñecidas, tanto escritos como orais. E debe ser capaz de resolver problemas de morfoloxía e sintaxe francesas correspondentes aos aspectos estudados.
A orientación teórica dada na clase será descriptivo-normativa. Presentación por parte do profesor de aspectos
teóricos, conceptos e procedimentos propios dunha temática e explicación das cuestións plantexadas polo alumno.
O estudante será requerido para que a poña en práctica tanto mediante exercicios e composicións orais e escritas, que deberá preparar, como mediante dictados, que contribuirán a afianzar a sua ortografía e a súa comprensión oral.
Apoio docente no CAMPUS VIRTUAL (https://cv.usc.es): As explicacións e os exercicios de aplicación estarán dispoñibles na aula virtual coa antelación suficiente para que os estudiantes poidan familiarizarse cos contidos que se van a exponer na clase. Polo tanto, faise necesario un bo dominio da ferramenta como medio de traballo fora da aula.
I.- CONVOCATORIA ORDINARIA
Para aprobar a materia na opción de Avaliación Continua (examen escrito+ examen oral + traballos obrigatorios), o alumno debe cumprir obrigatoriamente os seguintes requisitos:
1. Aprobar o examen final oral. Si o alumno non obtén o aprobado neste examen, estará automáticamente suspenso e non se lle computarán os traballos obrigatorios na nota final da asignatura.
2. Aprobar o examen final escrito. Si o alumno non obtén o aprobado neste examen, estará automáticamente suspenso e non se lle computarán os traballos obrigatorios na nota final da asignatura.
2. Realizar e entregar os traballos ou exercicios obrigatorios no prazo indicado pola profesora. Ademais de ter aprobados os exames finais oral e escrito, é obrigatoria tamén a entrega dos traballos obrigatorios para aprobar a asignatura. Si estos traballos non se realizan nin entregan, o alumno non terá cumprido o seu compromiso coa metodoloxía da Avaliación Continua e estará automáticamente suspenso, sexa cal sexa a nota do examen final. Non se aceptarán traballos entregados fora de prazo.
PONDERACIÓNS :
1) Examen final oral: 20% do total da nota
Descrición: Verificación e avaliación de coñecementos, de destrezas orais e auditivas, de exposición e comunicación a través da modalidade de entrevista, de diálogo sobre os contidos do libro de lectura obrigaorio.
2) Examen final escrito: 50% do total da nota
Descrición: Verificación da adquisición de competencias en que o alumno expresa de forma individual e por escrito os coñecementos, aplicacións ou xuízos que se lle soliciten mediante probas de diferente tipo: preguntas de desenvolvemento, opción múltiple, análise ou comentario de textos e imaxes, etc. Consta dunha parte teórica e unha parte práctica. Deixar en branco a parte teórica supón automáticamente un suspenso na nota final do examen, aínda que a parte práctica se complete de forma correcta.
3) Avaliación continua: 30% do total da nota
Descrición: Rexistro de actividades parciais ao longo do curso mediante realización e entrega de exercicios, fichas de traballo, dictados, resumos, traduccións, fichas de vocabulario, etc.
ASISTENCIA A CLASE:
A asistencia e participación activa nas clases valoraranse como un factor máis na avaliación continua a xuicio do docente (sen ponderación determinada). A non asistencia ás clases TEÓRICAS non é polo tanto un requisito preceptivo para superar a materia. PORÉN, no que atinxe ás clases PRÁCTICAS a asistencia é OBRIGATORIA e o estudiante deberá asistir se quere seguir mantendo o seu compromiso coa metodoloxía da Avaliación Continua. As ausencias por causa de forza maior deberán ser debidamente xustificadas e neste sentido, solo se tolerarán TRES ausencias non xustificadas como máximo. No caso contrario, o alumno estaría incumprindo o seu compromiso coa metodoloxía da Avaliación Continua e perdería automáticamente a parte proporcional da nota correspondente a esta parte (o 30%).
II.- CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA
O alumnado que teña unha nota no apartado da avaliación continua poderá acollerse ó seguinte sistema de cualificación:
- 30% da nota gardada da avaliación continua.
- 20% da nota gardada do examen oral.
- 50 % da nota do examen (misma estructura de examen da convocatoria ordinaria)
Aqueles alumnos e alumnas que non teñan nota de avaliación continua poderán acollerse ó seguinte sistema de cualificación:
- 100% examen extraordinario (70% escrito; 30% oral).
Neste último caso, os criterios de avaliación son os seguintes:
- Para aprobar a asignatura na Convocatoria Extraordinaria, o alumno debe aprobar o examen final oral e escrito. Se o alumno non obtén o aprobado no examen final oral e escrito, estará automáticamente suspenso.
ESTUDANTES CON COINCIDENCIA HORARIA CON OUTRA MATERIA
Para o alumnado que demostre (mediante xustificante) que non pode asistir ás clases, deberá facer entrega de todas as tarefas encomendadas aos estudiantes ordinarios. Neste caso, a non entrega das tarefas impllicará un suspenso na cualificación final da avaliación continua renunciando o estudiante ao 30% da súa nota.
ESTUDIANTES REPETIDORES
Naqueles supostos nos que o alumnado estivera matriculado na materia e superase os requisitos de asistencia nalgún dos dous cursos anteriores, non terá a obriga de asistir ás clases teóricas. Porén, a presencia nas clases prácticas É de obrigado cumprimento (só se aceptarán 3 faltas sen xustificar). Mesma modalidade de avaliación que para os estudiantes ordinarios coa obriga de entrega de todas as tarefas.
ESTUDIANTES CON DISPENSA DE ASISTENCIA OU EXENCIÓN DE DOCENCIA OFICIAL
Estes estudiantes terán dúas oportunidades de examen (100% da nota: 70% escrito e 30% oral): ordinaria e extraordinaria.
Observación sobre PROBAS fraudulentas:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Considerarase fraudulenta a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ó público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas ós autores.
Por cada hora presencial, o alumno deberá dedicar dúas horas ao estudo da asignatura.
Un traballo diario e continuado dos estudantes. Asistencia regular ás clases teóricas e prácticas. A participación activa poderá axudarvos a repasar as nocións de gramática e a mellorar a vosa expresión oral e escrita. Recomendacións: lecturas en francés (libros, cómics, documentais, etc.).
- Uso obrigatorio da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Nuria Rodriguez Pedreira
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Francesa
- Teléfono
- 881811837
- Correo electrónico
- nuria.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Hugo Charles Voyneau
- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Francesa
- Correo electrónico
- hugocharles.voyneau [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Lector/a
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Francés | D11 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | Francés | C08 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | Francés | C08 |
22.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C10 |
22.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | C10 |
22.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | C10 |
22.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | C11 |
22.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | C11 |
22.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C11 |
27.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | C10 |
27.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | C10 |
27.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C10 |