Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 32 Clase Interactiva: 16 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Música
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
. Entender en que sentido a música é unha linguaxe e un discurso .
. Estudar os diferentes parámetros e elementos que constitúen a linguaxe musical.
. Proporcionar ao alumno as ferramentas elementais para realizar unha análise formal e estilística da obra musical e a súa relación co resto das artes e as humanidades.
. Dotar ao alumno de capacidades de percepción e análise musical a través da audición.
. Preparar ao alumno na comprensión as bases teóricas sobre a grafía e conceptos fundamentais da música.
. Coñecer e usar adecuadamente o vocabulario técnico-musical como medio de expresión.
A materia ten como principal obxectivo explicar en que sentido a música é unha linguaxe. Con este fin estudaranse os elementos que a constitúen, os seus niveis (locutivos, ilocutivos e perlocutivos), a poiética, a retórica e as formas nas que se estruturan os discursos musicais. Ao finalizar a materia o alumno debe ser capaz de falar con propiedade e coa terminoloxía adecuada sobre música, así como identificar e recoñecer os elementos da linguaxe e discurso sonoro a través da audición.
Tema 1. A música coma linguaxe: niveis e características do discurso sonoro
Tema 2. Elementos da música:
2.1 O ritmo. O ictus e o compás. Indicacións de tempo
2.2 A melodía. A frase melódica
2.3 A harmonía. O concepto de funcionalidade. Acordes. Cadencias.
2.4 A textura: monodía, melodía acompañada, homofonía, polifonía
Tema 3. A notación musical: evolución e maneiras de escribir o discurso sonoro
Tema 4. Os instrumentos e a súa clasificación
Tema 5. A voz humana e a súa clasificación
Tema 6. A orquestra sinfónica, a música de cámara e a banda
Tema 7. Formas e xéneros do discurso sonoro (I): Sonata, Suite, Concerto, Sinfonía
Tema 8. Formas e xéneros do discurso sonoro (II): Lied, Música de baile, Ópera
Tema 9. A interpretación musical: maneiras de “dicir” o discurso sonoro
Todos os temas serán impartidos en clases expositivas e interactivas, orientadas a lograr unha aprendizaxe significativa sobre os contidos da materia. Xunto aos contidos teóricos exporanse a formación dos alumnos mediante a realización e posta en común de traballos en grupo de carácter colaborativo así como a aprendizaxe e comprensión do discurso sonoro a través da audición.
LECTURA OBLIGATORIA
AGAWU, KOFI (2012). La música como discurso. Aventuras semióticas en la música romántica. Buenos Aires: Eterna cadencia (incluirase unha pregunta no exame final sobre o mesmo)
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
COOK, N. (2006). De Madonna al canto gregoriano: una muy breve introducción a la música. Madrid: Alianza
JOFRÉ Y FRADERA, J. (2003). El lenguaje musical. Claves para comprender y utilizar la ortografía y la gramática de la música. Barcelona: Ma non Troppo.
MICHELS, U. (2013). Atlas de Música, vol. I, Madrid: Alianza.
SALAZAR, A. (1997). Conceptos fundamentales de la Historia de la música. Madrid: Alianza Editorial.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
BENNETT, R. (1998). Investigando los estilos musicales. Barcelona. Akal
BENNETT, R. (1999). Forma y diseño. Barcelona: Akal
BENNETT, R. (1999). Los instrumentos de la orquesta. Barcelona: Akal.
BERNSTEIN. L. (2003). El maestro invita a un concierto: conciertos para jóvenes. Madrid: Siruela.
COPLAND, A. (1988). Cómo escuchar la música. México: Fondo de Cultura Económica.
DAHLHAUS, C. (1997). Fundamentos de la Historia de la música. Madrid: Gedisa editorial.
DENIZEAU, G. (2008): Los géneros musicales: una visión diferente de la Historia de la Música. Barcelona: Ma non Troppo.
O alumno será capaz de:
1. Analizar e sintetizar (por escrito e oralmente) coñecementos ligados a esta materia con suficiente comprensión e elaboración dos mesmos, dunha maneira autónoma.
2. Abordar a audición musical de modo analítico, orientada fundamentalmente ao recoñecemento de elementos e estruturas básicas do discurso musical.
3. Posuír e empregar adecuadamente o vocabulario técnico-musical, que lle permita comunicar ideas, metodoloxías e problemas sobre a disciplina de forma clara e precisa, tanto en modo oral como escrito.
4. Ser capaz de identificar, mediante a audición, as principais formas musicais.
5. Demostrar curiosidade intelectual e do espírito crítico para a aprendizaxe.
6. Conciencia e capacidade para reflexionar sobre novas correntes de pensamento, avances disciplinares e procesos de innovación.
O ensino desta materia combinará:
- Clases expositivas. Nelas asentaranse as bases teóricas para axudar a entender os diferentes elementos da linguaxe musical. Serán clases maxistrais participativas que atenden a coñecementos teóricos, pero vinculándoos a elementos prácticos e fomentando sempre a participación constante dos alumnos, facendo uso da maieútica.
- Clases interactivas nas que se farán actividades prácticas que sirvan para poñer en valor e profundar o aprendido nas sesións expositivas. Darase unha especial atención á análise de audicións, comprensión, escritura e debate de textos e a aprender os procesos necesarios para que o alumno logre autonomía no coñecemento dos elementos da linguaxe musical e a súa aplicación.
- Asistencia a concertos. Os alumnos asistirán a concertos na cidade (dos que se lles facilitará a entrada) e realizaranse debates / comentarios sobre os mesmos.
- Aprendizaxe colaborativa. Realizarase un glosario de terminoloxía musical realizado entre todos os alumnos do curso.
- Titorización personalizada na que se perfilarán as potencialidades e dificultades do alumnado, ante os estímulos presentados e as posibles tarefas que se deriven.
Potenciarase nas clases de pequenos grupos o exercicio da verbalización do fenómeno musical, tanto por escrito como oralmente, así como o traballo colaborativo.
A avaliación continua supoñerá o 35% da nota e estará formada polas seguintes actividades:
. Realización dun glosario musical (traballo colaborativo): 15%
. Exame parcial, de preguntas obxectivas (audicións e comentario de lectura obrigatoria): 20%
. Exame final de desenvolvemento: 65%
Avaliación da SEGUNDA OPORTUNIDADE:
. Glosario: 15%
. Traballo: 15%
. Exame final: 70%
O alumnado ao que lle sexa concedida DISPENSA de asistencia a clase (seguindo a Instrución Nº 1/2007 da Secretaría Xeral sobre dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), avaliarase da seguinte maneira:
. Escritura dun texto musical: 15%
. Traballo: 15%
. Exame final: 70%
O artigo 16 da Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes (DOG 21 de xullo de 2011) establece o siguiente: “A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”. En caso de fraude académica, tal e como se define no artigo 42 do Regulamento polo que se establecen as normas de convivencia da Universidade de Santiago de Compostela e de conformidade co disposto no artigo 11. g) da Lei de convivencia universitaria, aplicaranse as sancións previstas pola normativa. Entre os comportamentos premeditados tendentes a falsear os resultados dun exame ou traballo inclúense o plaxio e o emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial
Estudo da materia impartida: 60 horas
Lecturas, saídas a concertos, audicións, biblioteca, realización de traballos: 35 horas
Preparación de críticas, comentarios e debates: 4 horas.
TOTAL: 99 horas
. O alumnado debe manter un ritmo de traballo constante que lle permita unha aprendizaxe progresiva e tamén detectar a tempo as dificultades que lle poidan xurdir no estudo da materia.
. Débese asistir ás sesións, prestar atención e ser o máis participativo posible. Valórase especialmente tanto que sexa capaz de responder as preguntas que se fan habitualmente nas clases, como que expoña todo aquilo que non quedou claro na explicación ou que introduza novas formulacións.
. Lectura e estudo da bibliografía recomendada, unido ás audicións indicadas para cada tema.
. Uso e consulta habitual do campus virtual.
. Utilización das titorías personalizadas.
A práctica de campo realizarase na Facultade de Xeografía e Historia o 9 de maio de 2025. A mesma consistirá na presentación, por parte dun músico práctico, do seu instrumento, como prepara un determinado repertorio, características do instrumento e interpretación musial.
Francisco Javier Garbayo Montabes
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Música
- Teléfono
- 881812711
- Correo electrónico
- javier.garbayo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Montserrat Capelan Fernandez
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Música
- Teléfono
- 881812595
- Correo electrónico
- montserrat.capelan [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Sergio Rodriguez Gutierrez
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Música
- Correo electrónico
- sergiorodriguez.gutierrez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Martes | |||
---|---|---|---|
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 12 |
Xoves | |||
17:00-19:00 | G5012103/CLE_02 | Castelán | Aula 05 |
Venres | |||
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 12 |
20.05.2025 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
20.05.2025 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |
30.06.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |