Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 32 Clase Interactiva: 16 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
• Aprender a empregar o vocabulario histórico-artístico propio da arte clásica.
• Identificar os elementos constructivos, estructurais da arquitectura grega e romana.
• Coñecer a evolución da arte clásica.
• Diferenciar as diversas tipoloxías da arquitectura clásica.
• Coñecer e recoñecer a arte e o legado clásico como fundamento para arte occidental
• Analizar os espazos e programas iconográficos e o seu significado a partir do contexto histórico
• Estudiar os principales temas e programas iconográficos que conforman a cultura visual grecorromana.
• Aproximación as fontes literarias e epigráficas clásicas para o estudo da arte.
Estudo do proceso formativo da arte e das manifestacións artísticas da civilización occidental na Antigüidade, no marco xeográfico e cronolóxico do mundo clásico, con atención ás orixes e os alicercerces das manifestacións helénicas e romanas.
1. Introducción á arte da Antigüidade clásica: fontes e marco histórico e xeográfico
2. Antes da arte grega: a cultura cicládica e o mundo minoico
3. O desenvolvemento da arte grega: do mundo micénico ao fin do momento clásico (323 a. C.)
4. Máis aló de Grecia: construccións e imáxenes do helenismo.
5. A arte etrusca e outras manifestacións artísticas da península itálica (s. X-III a. C.)
6. Arte romana, da República ao final do Imperio (s. III a. C.-V).
GRECIA:
BLANCO FREIJEIRO, A.: Arte griego. CSIC. Madrid, 1986 (6ª ed)
BOARDMAN, J.: El arte griego. Ed. Destino. Barcelona, 1991
CHARBONNEAUX, J.; MARIN, R.; VILLARD, F.: Grecia Arcaica (620-480 a.C,). Madrid, 1969.
CHARBONNEAUX, J.; MARIN, R.; VILLARD, F: Grecia Clásica (480-330 a.C.). Madrid, 1970.
CHARBONNEAUX, J.; MARIN, R.; VILLARD, F: Grecia helenística (330-50 a.C.). Madrid, 1971.
ELVIRA, M.A.: El arte griego (III). Historia 16. Madrid, 1990
ELVIRA BARBA, M.A. : Arte clásico. Madrid, 1996.
LEÓN ALONSO, P.: El arte griego (II). Historia 16. Madrid, 1990
POLLIT, J.J.: Arte y experiencia en la Grecia clásica. Bilbao, 1984
POLLIT, J.J.: El Arte Helenístico. Madrid, 1989.
RAMÍREZ, J.J. (dir): Historia del arte. Arte antiguo. Alianza Editorial. Madrid, 1989.
RICHTER, G.: El arte griego. Barcelona, 1980.
ROMA:
ANDREAE, Bernard: Arte romano. Gustavo Gili. Barcelona, 1974.
BARBET, A.: La peinture murale romaine. Les styles décoratifs pompéiens. Picard, 1985.
BIANCHI BANDINELLI: Roma centro del poder. El arte romano desde los orígenes hasta el final del S.II. Ed. Aguilar. Col.Universo de las Formas. Madrid, 1970.
BIANCHI BANDINELLI, R. y TORELLE, M.: El arte de la Antigüedad Clásica: Etruria-Roma, Madrid: Akal, 2000.
BLANCO FREIJEIRO, A. : Roma imperial. Historia 16. Madrid, 1986.
ELVIRA BARBA, M.A. y BLANCO FREIJEIRO: Etruria y Roma republicana. Historia 16. Madrid, 1989.
ELVIRA BARBA, M.A. : Arte clásico. Madrid, 1996.
GARCÍA BELLIDO, A.: El arte romano. CSIC. Enciclopedia clásica, 1. Madrid, 1971.
HENING, M. (coor): El arte romano, una revisión de las artes visuales del mundo romano. Barcelona, 1985.
LÓPEZ BARJA DE QUIROGA, P. y LOMAS SALMONTE, F.J.: Historia de Roma. Akal. Madrid, 2004.
MACDONALD, W.L.: The Architecture of the roman empire. I : an introductory study. New Haven, 1982.
MACDONALD, W.L.: The Architecture of the roman empire. II : an urban appraisal. New Haven, 1986.
RAMÍREZ, J.A.: Historia del Arte. El mundo antiguo. Alianza Editorial. Madrid, 1996.
STIERLIN, H.: El Imperio Romano. Desde los etruscos a la caída del Imperio Romano, Köln: Taschen, 2006.
TORELLI, M. y BIANCHI BANDINELLI, R.: El arte de la antigüedad clásica: Etruria/Roma. Akal. Madrid, 2000
WHEELER, M.: "El arte y la arquitectura de Roma", vol. 37 de la colección El Mundo del Arte, Barcelona: Destino, 1996.
ZANKER, P.: Augusto y el poder de las imágenes, Madrid: Alianza editorial,1992
Competencias xerais:
1 Demostrar curiosidade intelectual e espíritu crítico para o aprendizaxe.
2 Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos a situacións prácticas e reais.
4 Capacidade para comunicar ideas, metodoloxías e problemas sobre a disciplina de forma clara e precisa, de forma oral e escrita.
6 Capacidade para planificar e levar a término proxectos de aprendizaxe individuais ou en grupo.
7 Capacidade para consolidar hábitos de traballo individuais e en equipo, que fomenten o autoaprendizaxe e a crítica.
8 Conciencia e capacidade para reflexionar sobre novas corrientes de pensamento, avances disciplinares e procesos de innovación.
Competencias específicas:
O alumno será capaz de:
1. Analizar e catalogar distintas obras de arte clásicas.
2. Valorar a importancia das obras de arte gregas e romanas e o seu legado, no contexto do patrimonio europeo.
3. Comprender a evolución da arte clásica e a súa importancia no ámbito da civilización occidental.
4. Empregar e analizar adecuadamente as fontes literarias para o estudo da arte grecorromana.
5. Utilizar técnicas de estudo para o análise da arte clásica con criterios científicos (observación do contexto histórico, revisión dos textos literarios e fontes epigráficas, construcción historiográfica da arte, etc).
Impartición de sesións académicas con carácter teórico-práctico, orientadas ao logro dun aprendizaxe significativo sobre os contidos da materia nas que se propoñerá o desenvolvemento cronolóxico das manifestacións artisticas, de forma xeral e atendendo as liñas esenciais do coñécemento da arte do mundo antigo.
A exposición destes contidos complementarase coa realización de sesións prácticas e interactivas relacionadas coa lectura da imaxe e a realización de traballos individuais e/o en grupo sobre monumentos, obxectos e manifestacións artísticas concretas, que se expondrán oralmente na aula para ser evaluados. Empregarase ó aula virtual para incluir diferentes recursos e materiais, así como a elaboración de actividades.
Eventualmente, e sempre que sexa posible a subvención da actividade, se realizarán actividades de seminario (coa colaboración de especialistas sobre Armas, armamento e a súa biomecánica) e a partir deste, se propondrá a realización de pequenos proxectos individuais de traballo no presencial.
Así mesmo prevése unha saída para prácticas de campo que axudará a coñecer os repertorios iconográficos grecorromanos e a súa relectura na colección existente no Museo do grabado en Ribeira, e a arquitectura de Galicia na Antigüidade coa visita ao castro de Baroña, en uso na etapa da ocupación romana da Península. Duración dun día e data a determinar dacordo coa concesión da axuda para o desprazamento.
O tipo de avaliación é continua e sumativa:
1. AVALIACIÓN SOBRE OS CONTIDOS DAS CLASES EXPOSITIVAS (TEÓRICAS):
Exame que suporá o 70% da nota total (7 puntos). Será obrigatorio ter conseguido unha nota mínima de 3,5 neste exame para poder sumar a nota das clases interactivas. Quen non consiga esta nota mínima de 3,5 terá que presentarse ao exame da segunda oportunidade da convocatoria (xullo).
2. AVALIACIÓN DAS CLASES INTERACTIVAS:
Asistencia e participación nos debates, seminarios, prácticas propostas polos profesores e entregados por escrito dentro dos prazos fixados, e prácticas de campo. Esta parte suporá o 30% da nota total (3 puntos). Será obrigatorio ter conseguido unha nota mínima de 1,5 nesta parte para poder facer media coa nota do exame.
Quen non consiga esta nota mínima de 1,5 terá que responder a unhas preguntas das devanditas prácticas nun exame da segunda oportunidade da convocatoria (xullo).
3. AVALIACIÓN DA LECTURA OBLIGATORIA: o profesor indicará na aula o método para avaliar esta lectura
Este sistema de avaliación será empregado tanto para a convocatoria de maio como para a segunda oportunidade da convocatoria (xullo).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
4. ALUMNOS CON DISPENSA OFICIAL DE ASISTENCIA:
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (segundo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cun examen final específico que suporá o 100% da cualificación.
Sempre que o exame se supere, poderase engadir 0,5 puntos na cualificación final da materia ao alumnado que acredite a realización, durante o semestre, do curso básico de formación en competencias da información ofertado pola Biblioteca:
https://www.usc.gal/gl/servizos/biblioteca/servizos/competencias.html
TRABALLO PRESENCIAL DO/A ALUMNO/A: 51 h.
32 h. docencia expositiva, 16 h. docencia interactiva, 3 h. titorías en grupo reducido
TRABALLO PERSONAL DO/A ALUMNO/A: 99 h.
- Estudo autónomo individual o en grupo: 60 h.
- lecturas recomendadas, actividades de biblioteca, e similar: 24 h.
- Preparación de presentacións orais, debates e similares: 8 h.
- Outras tarefas propostas polos profesores: 7 h.
O alumnado está obrigado, a partir da segunda semana, a ter ao día a materia impartida polo profesor nas exposicións teóricas e aquelas partes que, de xeito dosificado, sexan obxecto de discusión nas interactivas, pois, do contrario, anúlase a operatividade das mesmas. Sen esquecer que a correcta aprendizaxe visual require un esforzo continuado.
Diálogo continuado coa profesora para solicitar a resolución de dúbidas cando surxan no transcurso da exposición teórica ou nas clases interactivas así como abrir debate sobre os diferentes aspectos analizados na materia.
Implicarse plenamente nas clases interactivas por medio da participación.
Facer uso das titorías para resolver calquera problema que lle xurda en relación coa materia.
Maria Dolores Fraga Sampedro
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812598
- Correo electrónico
- mdolores.fraga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Celia Vila Fernandez
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Correo electrónico
- celiavila.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Maria Carrion Longarela
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Correo electrónico
- maria.carrion.longarela [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
15:00-17:00 | G5012105/CLE_02 | Castelán | Aula 13 |
Martes | |||
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 05 |
Xoves | |||
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 05 |
Venres | |||
17:00-19:00 | G5012105/CLE_02 | Castelán | Aula 13 |
13.01.2025 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
13.01.2025 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |
20.06.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |