-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 6Horas ECTS Criterios/Memorias
Traballo do Alumno/a ECTS: 99
Horas de Titorías: 3
Clase Expositiva: 24
Clase Interactiva: 24
Total: 150Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Filosofía e AntropoloxíaÁreas:
Lóxica e Filosofía da CienciaCentro
Facultade de FilosofíaConvocatoria:
Segundo semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable -
De xeito xeral, consonte ao previsto para o título de grao:
- Que os estudantes posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía da Ciencia, con referencia a aportacións investigadoras recentes.
- Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía da Ciencia.
- Que coñezan as concepcións, os métodos propios da Filosofía da Ciencia, seguindo a súa historia e as súas formulacións contemporáneas.
De maneira específica polo que concirne aos contidos da materia:
- Que os estudantes alcancen una comprensión de problemas epistémicos, semánticos, ontolóxicos e de estrutura dos produtos cognoscitivos da ciencia.1. Descritores da materia no Plano de Estudos
Estudo dos principais fitos na historia da Filosofía da Ciencia desde Kuhn (2ª fase da súa obra e ss.) ata os desenvolvementos máis próximos (incluindo a lo menos os teórico-modelistas de van Fraassen e da metateoría estructuralista, e as propostas da epistemoloxía naturalizada).
2. Estrutura dos bloques de contidos (continuación da Filosofía da Ciencia I)
NOTA: Os temas 9 a 14 non se traballarán nas aulas. Son propostos aquí para coñecemento do alumnado dos contidos que dan continuidade á materia
BLOQUE IV: Enfoques historicistas..
Tema 6: A concepción kuhniana da ciencia.
6.1. Introducción ao historicismo: Filosofía da ciencia e historia da ciencia
6.2. A estrutura das revolucións científicas.
6.2.1. Paradigmas, ciencia normal, crisis e revoluciónscientíficas.
6.2.2. Tipos de inconmensurabiliadade na “Estructura ...”.
6.3. As matrices disciplinares.
6.4. Inconmensurabilidade local e holismo local.
6.5. Taxonomía e xéneros [kinds] constituidos
Tema 7: Feyerabend e o anarquismo metodolóxico.
7.1. Anarquismo metodolóxico.
7.2. Desenvolvemento científico e variación de significado e de referencia. Inconmensurabilidade.
7.3. A noción de interpretación natural.
7.4. Contrainducción: teorías e feitos.
7.5. Relativismo epistémico.
Tema 8: Lakatos e os programas de investigación científica.
8.1. O problema da racionalidade na ciencia.
8.2. Falsacionismos: dogmático, metodolóxico inxenuo e metodolóxico sofisticado.
8.3. Programas de investigación, progreso científico e racionalidade.
8.4. A historia da ciencia e as súas reconstruccións racionais.
Os seguintes temas non se traballarán nas aulas.
Tema 9. Laudan: das tradicións de investigación ao naturalismo normativo.
9.1. O progreso científico como resolución de problemas.
9.2. O modelo reticular.
9.3. O naturalismo normativo como alternativa ao relativismo epistemolóxico.
9.4. O argumento antirrealista da meta-inducción pesimista.
BLOQUE V: Enfoques modelo-teóricos.
Tema 10. Os inicios modelo-teóricos: A proposta da Escola de Stanford.
10.1. Dos enfoques enunciativistas das teorías empíricas a os modelistas.
10.2. A Escola de Stanford: caracterización das teorías de P. Suppes e E.W. Adams.
Tema 11: As concepcións semanticistas.
11.1. A concepción de espazos de estado de B.C. van Fraassen. O seu empirismo constructivo. Adecuación empírica. Observación e observabilidade.
11.2. O cuasi-realismo de F. Suppe.
11.3. O realismo constructivo de R. Giere.
Tema 12. A metateoría estructuralista.
12.1. Elemento teórico e os seus componentes.
12.2. Aserción empírica dunha teoría.
12.3. Nocións intuitivas de “rede teórica”, “arbore teórico” e “evolución teórica”.
BLOQUE VI: Outros enfoques.
Tema 13. As propostas de Hacking e de Cartwright.
13.1. O problema do realismo científico consonte a I. Hacking
13.2. Experimento e observación. A súa relación coas teorías.
13.3. Representación científica vs. intervención. O experimentalismo de Hacking.
13.4. “Cómo minten as leis da física”: N. Cartwright.
Tema 14: A epistemoloxía evolucionista.
14.1. Os modelos evolucionistas de Popper e Toulmin.
14.2. La epistemoloxía evolucionista de D. Campbell.
14.3. A noción de evolución e os modelos historiográficos da ciencia.
14.4. Críticas ás propostas evolucionistas.BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- DÍEZ, J. e MOULINES, C.U. (1997): Fundamentos de Filosofía de la Ciencia, Barcelona, Ariel.
- FEYERABEND, P. (1974): Contra el método, Barcelona, Ariel.
- KUHN, T.S. (2004): La estructura de las revoluciones científicas, trad. Carlos Solís, Ciudad de México, Fondo de Cultura Económica, 2ª ed.
- KUHN, T. S. (2002): “Conmensurabilidad, comparabilidad y comunicabilidad”, en El camino desde la estructura, Barcelona, Paidós, cap. 2, pp. 47-75.
- LAKATOS, I. (1978): “La falsación y la metodología de los programas de investigación científica”, en Lakatos, I.: La metodología de los programas de invetigación científica, Madrid, Alianza.
- LAUDAN, L. (1986): El progreso y sus problemas, Madrid, Encuentro (partes).
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
- BIRD, A. (1998): Philosophy of Science. Londres, UCL Press.
- ECHEVERRIA, J. (1999): Introducción a la metodología de la ciencia. La filosofía de la ciencia del siglo XX, Madrid, Cátedra.
- ESTANY, A. (1993): Introducción a la filosofía de la ciencia, Barcelona, Crítica.
- GODFREY-SMITH, P. (2003): Theory and Reality: An Introduction to the Philosophy of Science, Chicago, The University of Chicago Press.
- HEMPEL, C. G. (1966): Philosophy of Natural Science, Englewood Cliffs, Prentice Hall (vers. cast.: Filosofía de la ciencia natural, Madrid, Alianza, 1973).
- LOSEE, J. (1972): A Historical Introduction to the Philosophy of Science, Oxford, Oxford University Press (vers. cast.: Introducción histórica a la filosofía de la ciencia, Madrid, Alianza, 1976).
- MOULINES, C.U. (2011): El desarrollo moderno de la Filosofía de la Ciencia, Ciudad de México, UNAM.
- RIVADULLA, A.: (1984): Filosofía actual de la ciencia, Madrid, Ed. Nacional (2a. ed., Madrid, Tecnos, 1986).BÁSICAS E XERAIS
CG1 - Que os/as graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doctrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a aportacións investigadoras recentes.
CG2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CG3 - Que sexan quen de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestión e solución propostas e ofrecidas pola Filosofía, tanto a un público xeral coma interesado e/o entendido en temáticas filosóficas.
CG4 - Que estean capacitados para continuar a súa formación, en Filosofía e/o noutros eidos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CG5 - Que teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de ser abordados e resoltos desde a Filosofía.
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algún aspectos que implican coñecementos procedentes da vanguardia do seu eido de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
TRANSVERSAIS
CT01 - De tipo Instrumental:
Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análise e síntese, traballo conceptual.
Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita.
Capacidade de xestión da información.
Resolución de problemas.
Toma de decisións.
CT02 - Personais:
Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía.
Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos.
Boa disposición para as relacións interpersonais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo.
Razonamento crítico e compromiso democrático.
CT03 - Sistémicas:
Capacidade para a aprendizaxe autónoma.
Receptividade e capacidade de resposta ante novas situacións.
Creatividade.
Coñecemento de outras culturas e costumbres.
Iniciativa e espíritu emprendedor.
Motivación pola calidade.
Especial sensibilidade cara a problemas de igualdade e medioambientais.
ESPECÍFICAS
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicación e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulación contemporáneas.
CE2 - Saber explicar eses coñecementos e estar en condicións de aprender a ensinalos.
CE3 - Saber ampliar e poder desenvolver ulteriormente eses coñecementos por medio da investigación.
CE4 - Saber aplicar eses coñecementos dentro e fóra do ámbito filosófico.
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debatir e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, propoñer e resolver problemas.O profesor responsable da materia fará unha presentación xeral inicial de cada tema. Nas clases expositivas expoñerá as distintas temáticas, mentras nas clases interactivas se analizarán e discutirán os textos de lectura obrigatoria propiciando o debate argumentado con e entre os/as estudantes. Ademais, o profesor vai poñer a disposición dos/as estudantes información sobre a materia e sobre cada un dos temas, así como cuestionarios para facilitar o traballo sobre os textos de lectura obrigatoria. Para iso fará uso da plataforma do Campus Virtual da USC. Os/as estudantes deberán complementar os comentarios do profesor co traballo persoalizado dos textos de lectura obrigatoria e a contestación nos prazos establecidos dos cuestionarios correspondentes aos diferentes temas. Nas clases interactivas se comentarán conxuntamente os textos, analizando críticamente os argumentos e as teses defendidas neles. Se dedicarán as titorías en grupo a aclarar dúbidas e a analizar algunhas das preguntas dos cuestionarios dispoñibles no Campus Virtual da USC.
A avaliación continua consistirá en probas presenciais no centro (eliminatorias de materia y substitutivas do exame final si son superadas). Completan a avaliación continua a realización dos cuestionarios, a asistencia a clase e a titorías e a participación en forma de preguntas, intervencións nas aulas. Para a avaliación continua requírese facer cada unha das tarefas nos prazos previstos e asistir regularmente ás clases (máis de tres asistencias sen xustificar supoñen a perda do dereito á avaliación continua).
Para aprobar a materia mediante avaliación continua os/as estudantes deberán obter un mínimo de 5 puntos nas probas. A nota final é o resultado da media ponderada das distintas probas, controles e tarefas, tendo ademais en conta a asistencia e o nivel de participación de cada estudante.
Dimensións da avaliación
VARIABLE 1: Asistencia e participación
CRITERIOS: (i) Participación activa en clase; (ii) Participación nos debates; (iii) Lectura dos materias (textos obrigatorios); (iv) Participación en titorías de grupo.
INSTRUMENTO: Observacións e notas do profesor
PESO: 10%
VARIABLE 2: Contestación e presentación nos prazos establecidos dos cuestionarios
CRITERIOS: A contestación e presentación nos prazos previstos dos cuestionarios sobre as lecturas. INSTRUMENTO: Cuestionarios periódicos sobre cada tema.
PESO: 5%
VARIABLE 3: Adquisición dos conceptos da materia
CRITERIOS: (i) Dominio dos conceptos, (ii) relación con outros conceptos vistos en outras materias; (iii) actitude crítica, (iv) aportacións persoais, reflexivas e creativas
INSTRUMENTO: Dúas probas presenciais e substitutivas do exame final (ou, no seu defecto, exame final presencial). Unha proba escrita para levar e entregar ao profesor nun prazo fixado previamente.
PESO: 85%
Plaxio e uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Avaliación de alumnos/as exentos de asistencia a clases presenciais:
Estes estudantes deberán superar a materia nas convocatorias previstas de exame final. A superación da materia requerirá obter no exame final unha cualificación mínima de 5 puntos.TRABALLO PRESENCIAL: Horas do/a estudante
Clases expositivas 24
Participación activa en clase (clases interactivas) 24
Titorías de grupo 3
TOTAL (parcial) 51
TRABALLO NON PRESENCIAL: Horas do/a estudante
Seguimento (Estudo persoal, lecturas, documentación, indagación, tarefas, probas, traballos, etc.) 99
TOTAL (parcial) 99
TRABALLO DO/A ESTUDANTE:
TOTAL GLOBAL 150E imprescindible unha asistencia regular e a entrega das tarefas nos prazos indicados para unha avaliación continua. Polo tanto, para superar a materia por esta vía resulta imprescindible un traballo constante da materia e, concretamente, das lecturas obrigatorias e das tarefas previstas ao longo do semestre. Os/as estudantes que non procedan a traballar dese xeito deberán superar a materia mediante un examen final.
- As tarefas realizadas polo alumnado deben entregarse preferentemente a través de Campus Virtual.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Recoméndase facer uso de linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá na aula como nos traballos académicos encomendados, segundo as recomendacións da USC.
-
Enrique Latorre Ruiz
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Lóxica e Filosofía da Ciencia
- Teléfono
- 881813822
- Correo electrónico
- enrique.latorre.ruiz@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Javier De Donato Rodriguez
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Lóxica e Filosofía da Ciencia
- Teléfono
- 881812537
- Correo electrónico
- xavier.dedonato@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
-
2º semestre - Do 27 de xaneiro ao 02 de febreiro Martes 09:30-11:00 Grupo /CLE_01 Galego Aula 5 Venres 12:30-14:00 Grupo /CLE_01 Galego Aula 5 Exames 19.05.2025 10:00-13:00 Grupo /CLE_01 Aula 1 19.05.2025 10:00-13:00 Grupo /CLIS_01 Aula 1 19.05.2025 10:00-13:00 Grupo /CLIS_02 Aula 1 10.07.2025 10:00-13:00 Grupo /CLIS_02 Aula 5 10.07.2025 10:00-13:00 Grupo /CLE_01 Aula 5 10.07.2025 10:00-13:00 Grupo /CLIS_01 Aula 5