Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Latina
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Coñecemento da lingua dos textos latinos do período arcaico, comprendidos entre o inicio dos textos escritos e os comezos do século I a. C.
2. Comprensión e interpretación dos textos máis salientables dese período, atendendo aos seus diferentes aspectos: lingüístico, literario e cultural.
3. Adquisición dun léxico latino que outorgue ao estudante soltura e autonomía na lectura destes textos e doutros similares.
4. Introdución elemental á métrica e aos recursos específicos dos textos latinos do período arcaico.
A. Parte teórica:
1. Características lingüísticas máis salientables da lingua latina no período arcaico.
2. Características literarias principais da lingua latina no período arcaico.
3. Os textos epigráficos latinos do período arcaico.
4. O teatro romano do período arcaico.
B. Parte práctica:
1. Lectura, tradución e comentario dunha selección de textos epigráficos arcaicos.
2. Lectura, tradución e comentario da “Aulularia” de Plauto.
3. Lectura do “Eunuchus” de Terencio.
4. Esporadicamente poderase propoñer a lectura, tradución e comentario dalgún outro texto do período arcaico que se considere oportuno.
A. Bibliografía básica. Edicións:
1. Plauto:
- Ed. A. Ernout, Les Belles Lettres, Paris, 1952-1972/2002
- Ed. G. Goetz-F. Schoell, Teubner, Leipzig, 1921-1924.
- Ed. W. M. Lindsay, Oxford Clarendon Press, Oxford, 1904-1905/1989.
- Ed. P. Nixon, Harvard University Press, Cambridge-Massachusetts, 1980-1992.
2. Terencio:
- Ed. A. Fleckeisen, Teubner, Leipzig, 1921-1924.
- Ed. W. M. Lindsay, Oxford Clarendon Press, Oxford, 1963.
- Ed. J. Marouzeau, Les Belles Lettres, Paris, 1947-1961/1984
- Ed. L. Rubio, CSIC, Madrid, 1991-1992
- Ed. J. Sargeaunt, Harvard University Press, Cambridge-Massachusetts, 1983-1986.
3. Textos epigráficos:
- A. Ernout, Recueil des textes latins archaïques, Klincksieck, Paris, 1957/1973.
- W. M. Lindsay, W. M., Handbook of Latin Inscriptions, Gieben, Amsterdam, 1970.
- V. Pisani, Testi latini arcaici e volgari, Rosenberg, Torino, 1975.
- E. H. Warmington, Remains of Old Latin, vol. 4: Archaic Inscriptions, Harvard University Press, Cambridge-Massachusetts, 1940/1967.
B. Bibliografía complementaria. Estudos:
- A. Augoustakis-A. Traill (eds.), A Companion to Terence, Wiley-Blackwel, Chichester, 2013.
- W. Beare, La Escena romana: una breve historia del drama latino en los tiempos de la República, Eudeba, Buenos Aires, 1972.
- G. F. Franko-D. Dutsch (eds.), A Companion to Plautus, Wiley-Blackwel, Hoboken, 2020.
- P. Monteil, Elementos de fonética y de morfología del latín, Univ. de Sevilla, Sevilla, 1992.
- L. R. Palmer, Introducción al latín, Ariel, Barcelona, 1984.
- C. Questa, La metrica di Plauto e di Terenzio, Quattro Venti, Urbino, 2007.
- M. Weiss, Outline of the Historical and Comparative Grammar of Latin, Beech Stave Press, Ann Arbor/New York, 2009.
1. Destreza na tradución, na análise e no comentario filolóxico de textos latinos representativos da época arcaica.
2. Capacidade de elaborar o comentario filolóxico de textos latinos arcaicos, atendendo aos aspectos lingüísticos, literarios e culturais máis característicos da lingua latina do período preclásico.
3. Dominio instrumental do léxico peculiar dos textos latinos da época arcaica.
1. O curso desenvolverase nas sesións expositivas mediante as explicacións por parte do profesor dos contidos teóricos e dos fundamentos prácticos básicos.
2. Nas sesións de seminario os estudantes terán que participar activamente na lectura, interpretación e comentario dos textos estudados, ata lograr unha comprensión completa deses textos.
3. Cada alumno/-a, de forma individual ou en grupo, deberá preparar de modo especial a tradución e o comentario exhaustivo dalgún texto obxecto do programa. Os resultados serán presentados e debatidos en sesións de seminario.
4. Os estudantes deberán ler pola súa conta o texto de Terencio indicado no apartado “Contidos B.3”.
5. Utilizarase a Aula Virtual da USC para aloxar materiais e para a realización dalgunhas actividades prácticas.
Farase avaliación continua nas dúas oportunidades utilizando os seguintes elementos:
1. A asistencia e a participación activa nas diferentes actividades presenciais suporán o 30% da cualificación total. Valoraranse a asistencia regular ás clases e a participación activa e pertinente en todas as actividades desenvolvidas na aula que así o requiran, especialmente a actividade mencionada no punto 3 do apartado “Metodoloxía da ensinanza”. Para que esta parte da avaliación poida ser tida en conta non poderá faltarse ás clases sen xustificación máis do 5% das horas presenciais programadas. O control de asistencia realizarase mediante sinatura.
3. Un exercicio de control da lectura do texto de Terencio mencionado no apartado “Contidos.B.3” suporá outro 10% da cualificación total. Valorarase a calidade e a pertinencia das respostas, que deberán demostrar a lectura completa, atenta e analítica da obra de Terencio.
4. Un exame final escrito permitirá acadar o 60% da cualificación total. Ese exame terá dúas partes e corresponderalle o 30% da puntuación a cada unha desas partes. Nas dúas partes haberá que traducir e comentar un texto: na primeira correspondente aos textos propostos no apartado “Contidos B.1" e na segunda correspondente á obra de Plauto proposta no apartado “Contidos B.2”. Cada unha das dúas partes do exame puntuarase sobre 10 e o reparto entre os distintos elementos será o seguinte: a tradución permitirá acadar ata 3 puntos na primeira parte e ata 7 puntos na segunda, e valoraranse a exactitude e a calidade do texto resultante; o comentario permitirá acadar ata 7 puntos na primeira parte e 3 puntos na segunda, e valoraranse a cantidade, calidade e pertinencia dos aspectos do texto comentados. Para poder aprobar a materia será necesario acadar un mínimo de 5 sobre 10 en cada unha das dúas partes do exame.
Os estudantes con dispensa oficial de asistencia ás clases serán avaliados nas dúas oportunidades mediante o exercicio mencionado no punto 3, que suporá o 10% da cualificación total, e mediante o exame descrito no punto 4, que suporá o 90% da cualificación total (45% cada una das dúas partes do exame).
Este último sistema de avaliación tamén poderá ser acordado ao inicio do semestre cos estudantes que xustifiquen ante o profesor algunha causa que lles impida asistir regularmente ás clases.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” da USC.
A materia consta de 6 créditos ECTS equivalentes a 150 horas de traballo do estudante: 75 horas (50%) serán de traballo obrigatorio dirixido polo profesor e 75 horas (50%) serán de traballo autónomo do estudante.
As 75 horas de traballo dirixido obrigatorio repartiranse en 49 horas (65%) de actividades presenciais e 26 horas (35%) de actividades non presenciais. A distribución de horas entre as distintas actividades dirixidas previstas será a seguinte:
- Clases expositivas: 14 horas presenciais.
- Clases de seminario: 29 horas presenciais e 6 das horas non presenciais dedicadas á preparación especial dalgún fragmento das obras obxecto do programa de acordo co explicado no punto 3 do apartado “Metodoloxía da ensinanza”.
- Titorías programadas: 3 horas presenciais e 20 non presenciais dedicadas á lectura do texto de Terencio mencionado no apartado de ·"Contidos B.3".
- Avaliación: 3 horas presenciais.
- Recoméndase o manexo sistemático dun dicionario etimolóxico e dalgún manual de lingüística latina.
- É necesaria a aprendizaxe cotiá do léxico novo encontrado na lectura dos textos.
- É conveniente dedicar polo menos 1 hora á preparación do texto co que se vaia traballar en cada hora de clase de seminario presencial.
Lémbrese que é necesario utilizar a conta oficial de correo da USC (@rai.usc.gal), as ferramentas tecnolóxicas institucionais da USC (Campus Virtual, Microsoft Office 365, MSTeams etc.), e que é obrigatorio cumprir a normativa de protección de datos (https://www.usc.gal/gl/politica-privacidade-proteccion-datos).
José Carracedo Fraga
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Latina
- Teléfono
- 881811881
- Correo electrónico
- jose.carracedo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | B10 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | B10 |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | D03 |
27.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D03 |
27.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D03 |
02.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D03 |
02.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D03 |