Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Lingüística Indoeuropea
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Seminario Indoeuropeo: Introdución ao Sánscrito
1. Coñecemento básico da gramática do indio antigo (védico e sánscrito clásico).
2. Coñecemento básico da lingüística histórica das linguas indoarias e da súa posición dialectal no conxunto das linguas indoeuropeas.
3. Comprensión, tradución e comentario de textos sánscritos.
1. Introdución
-- O grupo lingüístico indoario no marco das linguas indoeuropeas: indoeuropeo; rama indoirania; indoario: védico, sánscrito clásico; indio medio (prácrito, pali); linguas indoarias modernas. Esquema de cultura, historia e arqueoloxía dos pobos indoarios, con referencia ás súas orixes indoeuropeas e indoiranias.
2. Fonética e fonoloxía
-- As escrituras antigas do subcontinente Indio (brahmi, kharosthi, devanagari) e os seus problemas de interpretación.
-- Fonoloxía histórica do indio antigo: vocalismo, consonantismo, problemas de interpretación fonolóxica.
3. Morfoloxía e sintaxe
-- Morfoloxía histórica do indio antigo: morfoloxía nominal e pronominal, morfoloxía verbal, formas non flexivas.
-- Esquema de sintaxe.
4. Parte práctica
-- Lectura, transcrición, tradución e comentario lingüístico comparativo de textos do indoario antigo (principalmente do sánscrito clásico).
1. Bibliografía básica:
-- COULSON, M., revised by R. GOMBRICH and J. BENSON. 2003 (3ª ed.), 'Sanskrit', Oxford: Hodder and Stoughton (1ª ed. 1976, 2ª ed. 1992).
-- FORTSON IV, B.W. 2010 (2ª ed.). “10. Indo-Iranian I: Indic”, en: Indo-European Language and Culture: An Introduction. Second Edition, Malden MA etc.: Wiley-Blackwell, pp. 202-226, 482.
-- KLEIN, J., JOSEPH, B. & FRITZ, M. in cooperation with M. WENTHE (eds.) 2017. "V. Indic", en: Handbook of Comparative and Historical Indo-European Linguistics (3 vols., 2017-2018), Berlin / Boston: De Gruyter Mouton, pp. 309-470.
-- MACDONELL, A.A. 1986 (3ª ed.). 'A Sanskrit Grammar for Students', Oxford: Oxford University Press, (1ª ed. 1927).
-- MAURER, W.H. 1995. 'The Sanskrit Language. An Introductory Grammar and Reader', London / New York: Routledge.
-- MAYRHOFER, M. 1978 (3ª ed.). 'Sanskrit-Grammatik mit sprachvergleichenden Erläuterungen', Berlin / New York: De Gruyter.
-- MONIER-WILLIAMS, M. 1899. 'A Sanskrit-English Dictionary', Oxford: University Press (reimpr. 1970 etc.).
-- PUJOL, Ò. 2019. 'Diccionario sánscrito-español: Mitología, filosofía y yoga', Barcelona: Herder.
2. Bibliografía complementaria:
-- BECHERT, H. & SIMSON, G. VON (Hrsg.) 1993. 'Einführung in die Indologie. Stand, Methoden, Aufgaben', 2ª ed., Darmstadt: Wissenschaftliche Buchgesellschaft.
-- BÖHTLINGK, O. VON & ROTH, R. 1855-1875. 'Sanskrit-Wörterbuch', 7 Bände, St. Petersburg (reimpr. Delhi: Motilal Banarsidass, 1990).
-- GOTO, T. 2013. 'Old Indo-Aryan Morphology and its Indo-Iranian Background'. In cooperation with J.S. Klein and V. Sadovski, Wien: Österreichische Akademie der Wissenschaften.
-- JAMISON, S.W. 2004. “Sanskrit”, en: 'The Cambridge Encyclopedia of the World’s Ancient Languages', ed. by R.D. Woodard, Cambridge: University Press, pp. 673-699.
-- MAYRHOFER, M. 1986-1996. 'Etymologisches Wörterbuch des Altindoarischen', 3 Bände, Heidelberg: Winter.
-- MYLIUS, K. 2003 (2ª ed.). 'Geschichte der altindischen Literatur', Wiesbaden: Harrassowitz Verlag (1ª ed. 1988). Tradución española de D. PASCUAL COELLO 2015: 'Historia de la literatura india antigua', Madrid: Trotta.
-- RENOU, L. 1961 (2ª ed.). 'Grammaire sanscrite' (2 tomos), Paris: Maisonneuve (1ª ed. 1930).
-- RUPPEL, A.M. 2017. 'The Cambridge Introduction to Sanskrit', Cambridge: University Press.
-- STCHOUPAK, N., NITTI, L. & RENOU, L. 1987. 'Dictionnaire sanskrit-français', Paris: Maisonneuve.
-- WACKERNAGEL, J. & DEBRUNNER, A. 1896-1957. 'Altindische Grammatik', 3 Bände, Göttingen: Vandenhoeck and Ruprecht.
3. Recursos online:
The University of Texas at Austin. Linguistics Research Center: Ancient Sanskrit Online:
https://lrc.la.utexas.edu/eieol/vedol
Cologne Digital Sanskrit Ditionaries (Universität zu Köln):
https://www.sanskrit-lexicon.uni-koeln.de/
Portal to Sanskrit Resources:
https://sanskrit.inria.fr/portal.html
Thesaurus Indogermanischer Text- und Sprachmaterialien (TITUS) [ir a: Banco de Textos, 'Indic']:
https://titus.uni-frankfurt.de/indexs.htm
-- Capacidade para ler, transcribir, analizar, traducir e comentar textos sánscritos.
-- Aplicación dos coñecementos da gramática histórica das lenguas indoarias á comparación con outras linguas indoeuropeas antigas, en especial o grego e o latín.
-- Coñecemento dos recursos dispoñibles para a profundización no estudo lingüístico e filolóxico das linguas indoarias.
O cuadrimestre concébese como presencial. Das tres horas semanais de aulas adicarase unha á parte teórica e dúas á parte práctica. Esta parte práctica --concebida como o verdadeiro miolo do curso-- consistirá principalmente na lectura, tradución e comentario lingüístico de textos sánscritos, tanto na súa escritura orixinal como en transcrición normalizada. Os textos facilitaranse aos estudantes a través da Aula Virtual.
Válido para ambas as dúas oportunidades: realizarase un exame final (75% de ponderación da nota global) que consistirá na tradución dun texto sánscrito e mais o seu correspondente comentario lingüístico, baseado nos temas explicados na aula ou na bibliografía recomendada. Valorarase tamén na nota final (25%) a participación activa dos estudantes nas aulas prácticas. Os estudantes con dispensa oficial de asistencia ás aulas serán avaliados exclusivamente consonte ao exame final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o reflectido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Materia de 6 créditos ECTS (6x25 = 150 h de carga de traballo para o estudante).
Estes créditos divídense en 3 teóricos e 3 prácticos.
Traballo dirixido polo profesor: 75 h (50%) [: 42 h (56%) de actividade presencial (tres horas por semana durante o primeiro cuadrimestre) e 33 h (44%) de actividade non presencial dirixida].
Traballo autónomo do estudante: 75 h (50%).
Recoméndase a asistencia regular e continuada ás aulas. Para a adquisición de práctica na tarefa de tradución considérase imprescindible axustarse a un hábito de traballo regular. A adquisición de destreza no uso dos diversos materiais dispoñibles (gramáticas, diccionarios, recursos informáticos) combinarase coa paulatina introdución aos estudantes na lectura de textos orixinais sánscritos.
Jose Virgilio Garcia Trabazo
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Lingüística Indoeuropea
- Teléfono
- 881811888
- Correo electrónico
- josevirgilio.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | B06 |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | D12 |
21.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D07 |
21.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D07 |
26.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D07 |
26.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D07 |