Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxía Románica
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos específicos da asignatura son os seguintes:
- Definición de mito e matización deste concepto na súa aplicación ao imaxinario da Idade Media.
- Estudiar os principais mitos medievais nas tradicións culturais occidentais en función da evolución histórica.
- Contextualización histórica, actualización e funcionalidade cultural dos mitos creados na Idade Media.
1. O concepto de mito na Idade Media. Mitos históricos, políticos e literarios medievais. Aspectos xerais da súa proxección en épocas posteriores e na actualidade.
2. O mito clásico: a guerra de Troia, Eneas.
3. O mito do Grial.
4. Dous mitos nacionais en Europa: o Cid e Xoana de Arco.
5. Os mitos do Mal:
a) O demo, mito ou crenza?
b) Melusina e as sereas.
c) Un falso mito medieval: Vlad Tepes e o mito de Drácula.
6. Os mitos dos namorados: Tristán e Isolda; Inês de Castro.
A presente bibliografía é meramente orientativa. O profesor proporcionará outros títulos máis precisos nas horas de clase.
Alphandéry, P. - Dupront, A., La Cristiandad y la idea de Cruzada, México, F.C.E., 1959-62.
Alvar, C., El rey Arturo y su mundo. Diccionario de mitología artúrica, Madrid, Alianza Tres, 1991.
__ , De los caballeros del Temple al Santo Grial, Madrid, Sial/Trivium, 2010.
Aragón Fernández, Mª A., Literatura del Grial: siglos XII y XIII, Madrid, Síntesis, 2003.
Auerbach, E., Mímesis. La representación de la realidad en la literatura occidental, Mexico, 1975.
Avalle, D’A. S., Dal mito alla letteratura e ritorno, Firenze, Sansoni, 1990.
Ayala Martínez, C. de, Las Cruzadas, Madrid, Silex, 2004.
Baumgartner, E. - Harf-Lancner, L. (eds.), Entre fiction et histoire: Troie et Rome au Moyen Âge, Presses de la Sorbonne Nouvelle, Paris, 1997.
Goy-Blanquet, D. (ed.), Joan of Arc, a saint for all reasons: studies in myth and politics, Aldershot, Ashgate, 2003.
Berthelot, A., Arthur et la Table Ronde. La force d’une legende, Paris, Gallimard, 1996.
Bettini, M., Il mito di Enea: immagini e racconti dalla Grecia a oggi, Torino, Einaudi, 2013.
Boutet, D., Charlemagne et Arthur ou le roi imaginaire, Paris, Champion, 1992.
Brugnolo, F. – Capelli, R., Profilo delle letterature romanze medievali, Roma, 2011.
Casas Rigall, J., La materia de Troya en las letras romances del siglo XIII hispano, Santiago de Compostela, Universidade, 1999.
Cazacu, M., Vlad III Drácula, Buenos Aires, El Ateneo, 2003.
Chevalier, J. - Gheerbrant, A., Dictionnaire des symboles. Mythes, rêves, coutumes, gestes, figures, couleurs, nombres, Paris, Laffont, 1969.
Cirlot, V., Figuras del destino. Mitos y símbolos de la Europa medieval, Madrid, Siruela, 1995.
Clier-Colombani, Fr., La fée Mélusine au Moyen Age : images, mythes et symboles, Paris, Le léopard d’or, 1991.
Cotterell, A., Mitos: diccionario de mitología universal, Barcelona, Ariel, 2008.
Curtius, E. R., Literatura Europea y Edad Media Latina, 2 vols., trad. española México, Fondo de Cultura Económica, 1954.
Di Girolamo, C. di, La letteratura romanza medievale, Bologna, il Mulino, 1994.
Dallapiazza, M., Tristano e Isotta: la fortuna di un mito europeo, Trieste, Parnaso, 2003.
Duby, G., Los procesos de Juana de Arco, Granada-Valencia, Universidad de Granada-Universidad de Valencia, 2005.
Eliade, M., Mito y realidad, Madrid, Guadarrama, 1973.
Flori, J., Caballeros y Caballería en la Edad Media, Barcelona, Paidos, 2001.
García Gual, C., Historia del rey Arturo y de los nobles y errantes caballeros de la Tabla Redonda: análisis de un mito literario. Madrid, Alianza Editorial, 1983.
__ , Mitos, viajes, héroes, Madrid, Taurus, 1981.
Graf, A., Miti, leggende e superstizioni del Medioevo, Milano, Mondadori, 1984.
Grimal, P., Diccionario de la mitología griega y romana, Barcelona, Labor, 1966 (trad. da 3a ed. francesa).
Le Goff, J., L’imaginaire médiéval, Paris, Gallimard, 1985.
Lévi-Strauss, C., Mito y significado, Madrid, Alianza, 1990.
Loomis, R. S., Arthurian Literature in the Middle Ages, Oxford, 1959.
Mancini, M., La letteratura francese medievale, Bologna, Il Mulino, 1997.
Märtin, R. P., Los Drácula: Vlad Tepes, el Empalador y sus antepasados, Barcelona, Tusquets, 2000.
Russell, J. B., Lucifer: el diablo en la Edad Media, Barcelona, Laertes, 1995.
Sousa, M. L. Machado de, Inês de Castro na literatura portuguesa, Lisboa, Instituto de lingua e cultura portugués, 1984.
- Distinción teórica do concepto de mito na Idade Media e na época actual, cos seus correspondientes matices, e destreza metodolóxica para a súa correcta aplicación ás diversas tradicións culturais.
- Adquisición de coñecementos sobre a constitución e evolución dos mitos na cultura e a literatura medievais a través da distinción dos conceptos de 'continuidade' e 'innovación'.
- Adquisición de capacidade crítica sobre a pervivencia na actualidade dos mitos literarios en lingua romance xerados e/ou desenvoltos na etapa medieval.
- Capacidade para establecer relacións sincrónicas e diacrónicas, literarias e históricas, entre os diversos aspectos tratados na programación.
O curso terá como eixo a serie de sesións expositivas e presenciais nas que o profesor impartirá clases con contidos que os alumnos deberán asimilar e demostrar a súa comprensión coa participación activa na clase. A parte interactiva, presencial tamén, basearase en lecturas a partir de textos seleccionados polo profesor, que poderán consistir en documentos enteiros, fragmentos escollidos ou ensaios sobre cuestións teóricas ou teórico-prácticas relacionadas coa materia.
Como alternativa ou complemento, tamén está prevista para esta parte interactiva a realización de exposicións ou traballos sobre algún dos puntos do programa. O carácter oral ou escrito, individual ou en grupo, de todas estas tarefas poderá cambiar en función do número dos estudantes e das incidencias na marcha do curso, e poderán realizarse probas orais ou escritas como método de control desta parte. Corresponde ao profesor determinar en cada momento o seu número e natureza exactos.
Existe un horario de titorías personalizadas, destinadas fundamentalmente a resolver as dúbidas suscitadas polas explicacións dadas polo profesor ou a preparación dos comentarios, aínda que tamén se poden utilizar para consultar calquera aspecto de interese para o alumno. Todos os estudantes deberán acudir a estas titorías.
A nota da materia procederá nun 90% dos traballos, orais e/ou escritos, que teña que realizar o alumno de xeito individual ou en grupo, e que se controlarán de forma regular na medida en que a marcha do curso o permita.
As intervencións voluntarias de tipo persoal que teñan interese para o desenvolvemento da asignatura se valoraranse co 10% restante da cualificación final.
O criterio de avaliación para os alumnos non presenciais consistirá na realización dun único exame final presencial. O seu valor será do 100% da nota da materia. Este será tamén o único criterio de avaliación para os alumnos presenciais que tiveran faltado a un 20% ou máis das clases e para os que non acadaran unha media de 5 na realización dos diferentes traballos.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A avaliación efectuaráse sempre sobre o programa.
Sesións presenciais (expositivas e interactivas): 45 horas.
Sesións de titorías personalizadas: 15 horas.
Total sesións: 60 horas.
Horas de traballo non presenciais do alumno (estimativo): 90 horas.
Total: 150 horas.
As horas non presenciais corresponden ao traballo autónomo do alumno. A organización desta parte é da enteira responsabilidade do estudante.
Seguir puntualmente o itinerario da materia, asistir ás titorías cando sexa necesario, realizar os traballos ordenados polo profesor e asistir a clase.
Santiago Lopez Martinez-Moras
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Románica
- Teléfono
- 881811790
- Correo electrónico
- santiago.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | B05 |
03.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D04 |
03.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D04 |
07.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C10 |
07.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C10 |