Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Lingüística Indoeuropea
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Coñecemento dos principios metodolóxicos que rexen a comparación sistemática das diversas linguas indoeuropeas (IE) entre unhas e outras, especialmente nos seus estadios con máis antigos testemuños escritos.
2. Coñecemento do estado da documentación das principais tradicións históricas das linguas indoeuropeas nas que se basea a reconstrución.
3. Comprensión das liñas principais de reconstrución do sistema fonolóxico da lingua indoeuropea orixinaria, para poder aplicalas ao coñecemento da evolución das linguas históricas, en especial do grego e do latín.
A) Parte teórica:
Bloque I. Temas introdutorios:
Tema 1. Concepto, orixe e desenvolvemento da Lingüística Indoeuropea (LI). Tarefas da LI: comparación, correspondencias lingüísticas, reconstrución. Metodoloxía.
Tema 2. A familia lingüística indoeuropea (IE): unidades e grupos dialectais. Distribución espacial, cronoloxía e documentación. Relacións xenéticas e espaciais con outras familias de linguas.
Tema 3. A comunidade IE: fragmentación, diferenciación, expansión. Problemas e límites na reconstrución da lingua común prehistórica. Tipoloxía. Glotocronoloxía.
Tema 4. Os IE na Península Ibérica. Linguas non IE e linguas IE na Hispania prerromana e romana. Gallaecia. A indoeuropeización: Celtiberia; Lusitania; o "antigo europeo".
Bloque II. Fonética e fonoloxía:
Tema 5. Vocalismo: reconstrución do sistema vocálico. Evolución. Ditongos.
Tema 6. Consonantismo (I): oclusivas. Labiais, dentais, palatalizadas, velares puras e labiovelares. Linguas centum e linguas satem. Mutacións consonánticas. A hipótese glotálica.
Tema 7. Consonantismo (II): fricativas: a sibilante *s.
Tema 8. Consonantismo (III): sonantes: líquidas e nasais; as semiconsonantes *y (yod) e *w (wau).
Tema 9. Consonantismo (IV): laringais. A teoría laringal e as súas diversas formulacións.
Tema 10. Consonantismo (V): grupos de consonantes: leis de Grassmann e Bartholomae.
Bloque III. Morfonoloxía:
Tema 11. A alternancia vocálica ou apofonía (Ablaut); función e orixe.
Tema 12. O acento: natureza, función e evolución.
B) Parte práctica, que inclúe as actividades dirixidas non presenciais:
A parte práctica desta asignatura consiste na realización por parte dos estudantes dos exercicios ou cuestións propostas polo profesor, como complemento ao contido de cada un dos temas enumerados na parte teórico-práctica.
1. Bibliografía básica:
-- Beekes, R.S.P. (2011), 'Comparative Indo-European Linguistics. An Introduction', Second edition, Amsterdam / Philadelphia, John Benjamins.
-- Clackson, J. (2007), Indo-European Linguistics. An Introduction, Cambridge.
-- Fortson IV, B.W. (2010), 'Indo-European Language and Culture. An Introduction', Second Edition, Malden, MA / Oxford / Carlton, Wiley-Blackwell.
-- Fritz, M. & Meier-Brügger, M. (2021): 'Indogermanische Sprachwissenschaft', 10., völlig neu bearbeitete Auflage. Berlin / Boston, Walter de Gruyter [Traducción inglesa da 8ª ed. 2002, a cargo de Ch. Gertmenian [2003]: Indo-European Linguistics, Berlin etc., de Gruyter].
-- Gamkrelidze, T.V. & Ivanov, V.V. (1995), 'Indo-European and the Indo-Europeans', Berlín / New York, de Gruyter, 1995.
-- Klein, J., Joseph, B. & Fritz, M. (in coop. with M. Wenthe), eds. (2017-2018): Handbook of Comparative and Historical Indo-European Linguistics (3 vols.), Berlin/Boston: De Gruyter Mouton.
-- Sihler, A.L. (1995), 'New Comparative Grammar of Greek and Latin', New York / Oxford, 1995.
-- Szemerényi, O. (1996), 'Introduction to Indo-European Linguistics', Oxford, Clarendon Press [Traducción española da ed. de 1970: 'Introducción a la lingüística comparativa', Madrid, Gredos, 1978].
-- Villar, F. (1996), 'Los indoeuropeos y los orígenes de Europa. Lenguaje e historia', Madrid, Gredos.
2. Bibliografía complementaria:
-- Brugmann, K. & Delbrück, B. (1967), 'Grundriss der vergleichenden Grammatik der indogermanischen Sprachen', reimpr. Berlin / New York (= 2ª ed. Strassburg, 1897-1916).
-- Cowgill, W. & Mayrhofer, M. (1986), 'Indogermanische Grammatik I: Einleitung. Lautlehre', Heidelberg, Winter, 1986.
-- Giacalone Ramat, A. & Ramat, P., eds. (1993), 'Le lingue indoeuropee', Bologna, il Mulino.
-- Kurylowicz, J. (1968), 'Indogermanische Grammatik II: Akzent. Ablaut', Heidelberg, Winter.
-- Mallory, J.P. (1989), 'In Search of the Indo-Europeans. Language, Archaeology and Myth', London, Thames & Hudson.
-- Mallory, J.P. & Adams, D.Q., eds. (1997), 'Encyclopedia of Indo-European Culture', London / Chicago, Fitzroy Dearborn.
-- Martinet, A. (1989), 'Des steppes aux océans. L'indo-européen et les "Indo-européens"', Paris, Payot.
-- Meillet, A. (1964), 'Introduction à l'étude comparative des langues indo-européennes', reimpr. University of Alabama Press.
-- Pokorny, J. (1959, 1969), 'Indogermanisches etymologisches Wörterbuch', Bern / München, Francke.
-- Coñecemento do estado da documentación das linguas indoeuropeas antigas, a súa localización xeográfica, a súa cronoloxía e o seu contexto histórico e cultural.
-- Coñecemento dos diversos sistemas de escritura nos que se nos transmitiu a documentación, así como dos sistemas de transcrición e a súa interpretación fonética e fonolóxica.
-- Coñecemento e valoración crítica das diversas metodoloxías e concepcións teóricas da reconstrución lingüística.
-- Aplicación do método histórico-comparativo à reconstrución de estadios de lingua non documentados.
-- Capacidade para aplicar os coñecementos comparativos ao estudo diacrónico e á investigación etimolóxica nas linguas clásicas e outras linguas indoeuropeas antigas e modernas.
-- Resolución de problemas prácticos de reconstrución no nível fonolóxico.
-- Discernimento dos diversos graos de parentesco das linguas indoeuropeas entre elas e das posibles relacións do grupo indoeuropeo con outros do seu contorno.
-- Aplicación dos coñecementos tirados da lingüística histórico-comparativa ás diversas disciplinas humanísticas en contacto (antropoloxía, prehistoria e historia antiga, relixión, pensamento antigo, etc.).
O curso concíbese, en principio, como presencial. Das tres horas semanais de clase, dedicarase entre media e unha hora á resolución de problemas de tipo práctico (reconstrución dende correspondencias lingüísticas e explicación evolutiva das formas históricas dende as formas reconstruídas).
O profesor poderá propoñer lecturas obrigatorias e recomendadas. Os estudantes poderán propoñer o afondamento en aspectos concretos do temario que sexan do seu especial interese, tanto se se trata das linguas clásicas como doutras linguas indoeuropeas.
Os principais materiais de traballo e os exercicios estarán dispoñibles na Aula Virtual.
Os criterios de avaliación serán os seguintes (válidos para ambas oportunidades):
1º) Participación activa nas aulas e realización de exercicios propostos (avaliación continua): 30% da calificación.
2º) O exame final suporá o 70% da calificación total. Constará de dúas partes: unha teórica, con desenvolvemento de temas ou conceptos, así como dos contidos das lecturas obrigatorias, e outra práctica, na que se resolverán exercicios de correspondencias e comparación.
3º) Os alumnos que teñan dispensa de asistencia ás aulas serán únicamente avaliados a través dun examen final, das mesmas caracteristicas descritas no punto anterior (100% da calificación).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Materia de 6 créditos ECTS (6x25 = 150 h de carga de traballo para o estudante).
Estos créditos divídense en 3 teóricos e 3 prácticos.
Traballo dirixido polo profesor: 75 h (50%) [: 42 h (56%) de actividade presencial (tres horas por semana durante o primeiro cuadrimestre) e 33 h (44%) de actividade non presencial dirixida].
Traballo autónomo do estudante: 75 h (50%).
A asistencia á clase considérase especialmente necesaria, dada a natureza da materia, na que se expoñen conceptos e se plantexan problemas fundamentalmente novos para o estudante. A revisión e o control diario por parte dos alumnos fanse tamén necesarios para poder ir consolidando de xeito acumulativo os diversos bloques de coñecemento; un coñecemento deficiente da parte dedicada á fonoloxía imposibilita o avance en morfonoloxía, e así sucesivamente. Aconséllase vivamente a participación dos estudantes nas aulas coa exposición de todas as dificultades ou puntos escuros que lles suxiran tanto as explicacións teóricas do profesor como a consulta da bibliografía recomendada.
Máis alá da indubidable aplicabilidade da materia á Filoloxía Clásica, recoméndase encarecidamente o seu estudo aos estudantes de todas as especialidades de Filoloxía, sobre todo se orientan a súa formación á lingüística diacrónica (gramática histórica, etimoloxía) e á literatura comparada.
Jose Virgilio Garcia Trabazo
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Lingüística Indoeuropea
- Teléfono
- 881811888
- Correo electrónico
- josevirgilio.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | D04 |
Martes | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C05 |
Mércores | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | C05 |
22.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D08 |
22.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D08 |
20.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D08 |
20.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D08 |