Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Alemán
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Alemá
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia Lingua Alemá 5 dá continuación á de Lingua Alemá 4 levando o proceso de aprendizaxe da lingua estranxeira a un nivel básico avanzado. Prestarase igual atención ao desenvolvemento da expresión oral e escrita como á mellora da comprensión auditiva e lectora. As/os estudantes deben alcanzar un nivel de competencia comunicativa similar ao de B1.2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas. Os obxectivos do curso son a ampliación dos coñecementos do léxico e da gramática alemá, o desenvolvemento da competencia intercultural e o fomento das capacidades para reflectir sobre o propio proceso de aprendizaxe e para organizar o traballo autónomo, tanto individual como colectivo.
O estudo e o exercicio práctico centraranse en
- o vocabulario e as expresións relacionadas coa educación, a vida profesional e co debate sobre procesos culturais e sociais;
- as formas e estruturas gramaticais de complexidade intermedia;
- as pautas de interacción da comunicación oral, especialmente aquelas que se usan na exposición, o comentario e o debate de situacións da vida social;
- a lectura e produción de textos de diversa índole;
- a comprensión de documentos auditivos e audiovisuais;
- o debate sobre aspectos socioculturais dos países de fala alemá e o desenvolvemento das competencias interculturais;
- as técnicas de aprendizaxe necesarias para o perfeccionamento do dominio da lingua estranxeira.
A organización dos contidos específicos da materia seguirá a do libro de texto ”Menschen B1.2”. Ed. Hueber.
Como traballo autónomo complementario os / as estudantes lerán o texto literario " Berlin, Meyerbeer 26" de Tanja Nause.
Bibliografía básica:
DENGLER, Stefanie, Paul Rusch, Helen Schmitz, Tanja Sieber: Netzwerk neu B1.2. Kurs- und Übungsbuch. Stuttgart: Ernst Klett Sprachen.
NAUSE, Tanja (2011): Berlin, Meyerbeer 26. Madrid: Hueber / Editorial Idiomas
Obras de consulta e exercicios:
CASTELL, Andreu (1997): Gramática de la lengua alemana. Madrid, Editorial Idiomas.
CASTELL, Andreu / Braucek, Brigitte: Ejercicios. Gramática de la lengua alemana. Madrid: Editorial Idiomas.
DINSEL, Sabine / Monika Reimann: Großer Lernwortschatz Deutsch als Fremdsprache: Deutsch-Spanisch. München, Hueber.
DREYER, Hilke / Schmitt, Richard: Lehr- und Übungsbuch der deutschen Grammatik – aktuell. Neubearbeitung. München, Hueber.
FANDRYCH, Christian und Ulrike Tallowitz (2012): Klipp und Klar: gramática práctica de alemán Stuttgart, Klett.
FUNK, Hermann, Michael König und Lutz Rohrmann (2010): Lextra - Deutsch als Fremdsprache. Kompaktgrammatik: A1-B1. Berlin, Cornelsen.
HERING, Axel, Magdalena Matussek und Michaela Perlmann-Balme: em - Übungsgrammatik Deutsch als Fremdsprache. München: Hueber Verlag.
HOBERG, Rudolf und Ursula Hoberg (2004): Der kleine Duden. Gramática del alemán. Madrid: Editorial Idiomas.
TSCHIRNER, Ernst: Lextra - Deutsch als Fremdsprache. Grund- und Aufbauwortschatz nach Themen. Europäischer Referenzrahmen: A1-B2. Berlin, Cornelsen.
Competencias comunicativas en lingua alemá similares ao nivel B1.2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.
A organización dos contidos da materia seguirá a do libro de texto "Netzwerk neu B1.2". As unidades didácticas teñen carácter teórico-práctico. Os contidos específicos presentaranse en situacións comunicativas e mediante textos ou materiais audiovisuais.
A fase práctica, que constitúe a parte central da materia, consiste na aplicación das estruturas aprendidas en actividades didácticas enfocadas ao desenvolvemento das distintas habilidades e destrezas lingüísticas.
As actividades presenciais complementaranse con exercicios e tarefas presentados na plataforma Moodle no Campus Virtual. Como lectura obrigatoria as
/ os estudantes lerán a narración " Berlin, Meyerbeer 26" de Tanja Nause que se comenatrá no exame oral.
A estrutura e organización das clases segue os principios do ensino centrado no aspecto comunicativo e no estudante. A participación regular e activa dos estudantes e a preparación e revisión autónoma dos contidos así como a realización de tarefas fóra do horario de clase serán elementos esenciais para garantir un proceso de traballo homoxéneo e para alcanzar os obxectivos da materia.
1. Avaliación continua: 40% da nota final
Avaliaranse a asistencia regular e a participación activa nas actividades de aprendizaxe así como a entrega dunha serie de tarefas en prazo e forma.
2. Probas finais: examen escrito 40% da nota final, examen oral 20% da nota final
Ao exame oral só se poderán presentar aqueles estudantes que aproben o exame escrito. Para aprobar a materia é necesario obter unha avaliación positiva tanto no exame escrito como no oral.
Para o alumnado con dispensa oficial de asistencia ás clases a avaliación basearase no exame final: 100% da nota final (exame escrito: 70%, exame oral: 30%).Para aprobar a materia é necesario obter unha avaliación positiva tanto no exame escrito como no oral.
Para a primeira e segunda oportunidade rexen as mesmas condicións.
2/2
En casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido no artigo 16 da “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
3 horas presenciais por semana.
Aproximadamente 4 horas de traballo persoal por semana.
Recoméndase buscar o contacto directo coa lingua alemá ben en intercambios lingüísticos con falantes nativos ou ben a través da literatura e os medios (prensa, televisión, radio, internet. etc.) e invítase aos estudantes de facer uso das tutorías para comentar dúbidas e problemas de aprendizaxe individuais.
Dirk Herbert Koning
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Alemá
- Correo electrónico
- dirkherbert.koning [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Lector/a
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 (A-L) | Alemán | D05 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIL_02 (M-Z) | Alemán | D05 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 (A-L) | Alemán | D05 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIL_02 (M-Z) | Alemán | D05 |
26.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (M-Z) | C01 |
26.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C01 |
26.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-L) | C01 |
01.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D06 |
01.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (M-Z) | D06 |
01.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-L) | D06 |