Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Alemán
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Alemá
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Coa materia Lingua Alemá I empeza a formación práctica en lingua alemá da titulación de Linguas e Literturas Modernas. Aprenderanse o vocabulario de diferentes campos temáticos, as estruturas elementais da gramática alemá e as bases da fonética do alemán. O curso centrarase na formación das destrezas da pronunciación, da expresión oral e escrita, e da comprensión lectora e auditiva. Os obxectivos do curso consisten en desenvolver unha competencia comunicativa ampla a un nivel básico, coñecer e aplicar determinadas técnicas de aprendizaxe e coñecer algúns aspectos socio-culturais dos países de fala alemá.
Non se presupoñen coñecementos previos do alemán; ao final do curso acadarase o nivel A1 do marco de referencia europeo.
Actos comunicativos:
Orais: saudar e presentarse, preguntar e pedir explicacións, concertar citas, describir obxectos, persoas e procesos; intercambiar información e manter unha conversa sobre asuntos cotiáns, etc.
Escritos: redactar textos sinxelos descritivos e narrativos, escribir cartas persoais.
De lectura: orientarse en textos sinxelos e entender os contidos principais; entender en detalle textos sinxelos; ler en voz alta con fluidez e coa entoación correcta.
Auditivos: entender globalmente textos auditivos sinxelos; extraer de maneira selectiva informacións de textos auditivos.
Léxico
Vocabulario de diversos campos temáticos como por exemplo: acenos persoais, familia, países e cidades, traballo e ocio, etc.
Gramática
Estruturas oracionais e frasais: tipos de oracións; posición do verbo e paréntese oracional; frases nominais sinxelas.
Morfoloxía e sintaxes do verbo: conxugación de indicativo; verbos prefixados; verbos auxiliares e verbos modais; o pretérito perfecto; o imperativo.
Morfoloxía e sintaxes do nome: artigo definido e indefinido, posesivos; xéneros; formación do plural; casos; preposicións temporais e locais; pronomes persoais; compostos nominais.
Fonética
Acentuación da palabra e da oración; vocais, "Umlaute" e ditongos; consoantes e combinacións de consoantes.
Técnicas de aprendizaxe
Estratexias de comprensión lectora e auditiva, técnicas de adquisición de vocabulario, uso do dicionario, uso de ferramentas on-line para a aprendizaxe do alemán.
Libros de texto:
Stefanie Dengler, Tanja Mayr-Sieber, Paul Rusch, Helen Schmitz (2020): Netzwerk neu A1.1. Libro del alumno y libro de ejercicios con audios y vídeos. Editorial Klett. (ISBN 978-3-12-607154-3)
Stefanie Dengler, Tanja Mayr-Sieber, Paul Rusch, Helen Schmitz (2020): Netzwerk neu A1.2. Libro del alumno y libro de ejercicios con audios y vídeos. Editorial Klett. (ISBN 978-3-12-607155-0)
Gramáticas e exercicios:
Castell, Andreu (1997): Gramática de la lengua alemana. Madrid, Editorial Idiomas.
Castell, Andreu / Braucek, Brigitte (2000): Ejercicios. Gramática de la lengua alemana. Madrid, Editorial Idiomas.
Dreyer, Hilke / Schmitt Richard (2001): Lehr- und Übungsbuch der deutschen Grammatik, Neubearbeitung, Deutsch-Spanisch, Practicas de gramatica alemana. Ismaning: Hueber.
Fandrych, Christian / Tallowitz, Ulrike (2012): Klipp und Klar. Gramática práctica de alemán. Barcelona: Difusion.
Hoberg, Rudolf und Ursula Hoberg (2004): Der kleine Duden. Gramática del alemán. Madrid: Editorial Idiomas.
Os estudantes saberán
- desenvolverse en situacións comunicativas básicas en lingua alemá;
- escribir correctamente;
- pronunciar e entonar o alemán correctamente;
- recoñecer e usar estruturas elementais da gramática alemá;
- ler e entender textos escritos sinxelos;
- comprender globalmente e extraer información específica de textos auditivos sinxelos;
- recoñecer algúns aspectos característicos da cultura dos países de fala alemá;
- usar determinadas técnicas de aprendizaxe.
As unidades didácticas desta materia teñen carácter teórico-práctico. Os distintos contidos introduciranse en situacións comunicativas e mediante textos ou materiais audio-visuais. Nunha segunda fase, as estruturas introducidas explicaranse de maneira teórica, para pasar a seguir coa consolidación e aprofundamento das mesmas en exercicios de diferentes tipos. Esta terceira fase práctica, que constitúe a parte central da materia, consiste na aplicación das estruturas aprendidas en actividades didácticas enfocadas ao desenvolvemento das distintas habilidades e destrezas lingüísticas. Para garantir un proceso de traballo homoxéneo e continuado nas clases prensenciais e para acadar os obxectivos da materia, será de gran importancia a participación regular e activa nestas actividades por parte do alumnado.
O traballo na clase apoiarase e complementarase coas actividades na aula virtual.
1. Avaliación continua (asistencia regular e participación activa na clase, realización dunha serie de tarefas): 25% da nota final.
2. Exame final escrito: 50% da nota final.
3. Exame final oral: 25% da nota final.
Ao exame oral só se poderan presentar aqueles estudantes que aproben o exame escrito.
Na segunda oportunidade mantéñense os mesmos criterios de avaliación coas mesmas porcentaxes. Os estudantes deberán repetir aquela(s) parte(s) (2 ou 3) da avaliación que non superen na primeira convocatoria.
Os alumnos con dispensa oficial de asistencia ás clases serán avaliados sobre a base dos seguintes criterios, tanto na primeira como na segunda convocatoria:
1. Exame final escrito: 70% da nota final
2. Exame final oral: 30% da nota final.
En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recolleito no art. 16 da Normativa de avaliación do rendemento académico dous estudantes e de revisión de cualificacións.
Por cada hora presencial o alumnado debería dedicar 2 horas de traballo autónomo fóra da aula.
Os estudantes deberían buscar o contacto directo coa lingua alemá tamén fóra da aula (prensa, televisión, cine, internet, etc.).
Recoméndase, así mesmo, buscar intercambios con estudantes Erasmus dos países de lingua alemá.
No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido no art. 16 da "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Barbara Lubke
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Alemá
- Teléfono
- 881811835
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Ivan Arias Arias
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Alemá
- Correo electrónico
- ivanarias.arias [at] usc.gal
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Katharina Heiber
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Alemá
- Correo electrónico
- katharina.heiber [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Lector/a
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLIL_03 (P-Z) | Alemán | D06 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 (A-F) | Alemán | D06 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIL_02 (G-O) | Alemán | D06 |
Martes | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLIL_03 (P-Z) | Alemán | C05 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 (A-F) | Alemán | C05 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIL_02 (G-O) | Alemán | C05 |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (A-L) | Alemán | C03 |
14:00-15:00 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | Alemán | C03 |
16.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 (A-L) | D07 |
16.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | D07 |
16.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-F) | D07 |
16.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (G-O) | D07 |
16.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_03 (P-Z) | D07 |
16.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 (A-L) | D08 |
16.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | D08 |
16.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-F) | D08 |
16.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (G-O) | D08 |
16.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_03 (P-Z) | D08 |
16.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 (A-L) | D08 |
16.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | D08 |
16.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-F) | D08 |
16.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (G-O) | D08 |
16.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_03 (P-Z) | D08 |