Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Italiano
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Italiana
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Obxectivos xerais relativos aos novos coñecementos e habilidades:
- Afondar no estudo da morfoloxía italiana.
- Consolidar e desenvolver o uso das principais estruturas e funcións lingüísticas, útiles para a comprensión e a produción de textos en lingua italiana.
Obxectivos xerais relativos ás ferramentas de aprendizaxe e formación:
- Conseguir que o alumno participe activamente na clase.
- Incentivar o traballo en grupo.
- Realizar un seguimento semanal da evolución das habilidades escritas, a través da revisión de diversas tarefas das que o alumno deberá dar conta.
- Explicitar as estratexias e as ferramentas necesarias no ensino da lingua.
- Fomentar a capacidade reflexiva e crítica do alumno con respecto ao seu propio proceso de aprendizaxe (de tal xeito que saiba valorar o nivel alcanzado nos obxectivos prefixados).
A materia Gramática italiana 1 está organizada en dúas partes: unha teórica, continuación de Lingua italiana 1 e complemento de Lingua italiana 2 (ampliando e afondando os contidos morfolóxicos vistos anteriormente), e unha práctica, orientada principalmente ao reforzo dos contidos teóricos (mediante exercicios gramaticais) e ao desenvolvemento da expresión escrita.
Parte teórica:
1.- Fonoloxía e ortografía
2.- O artigo: usos e valores específicos do artigo determinado, indeterminado e partitivo; omisións do artigo.
3.- O substantivo. Aspecto morfolóxico e semántico.
3.1.- Formación do feminino.
3.1.1.- Formas irregulares.
3.2.- Formación do plural.
3.2.1.- Plurais irregulares e dobres.
3.3. – Substantivos comúns e propios; concretos e abstractos; colectivos e individuais.
4.- O adxectivo cualificativo: clasificación, xénero e número.
4.1 - Os graos do adxectivo: comparativo e superlativo.
5. - O adxectivo e o pronome demostrativo.
6.- O adxectivo e o pronome posesivo.
7.- O numeral. Definición e clasificación.
7.1.- Cardinal; ordinal; multiplicativo, fraccionario, distributivo e colectivo.
8.- O pronome.
8.1.- Pronome persoal suxeito.
8.2.- Pronome persoal complemento átono e tónico.
8.3.- Pronome persoal directo e indirecto.
8.4.- Pronome reflexivo.
8.5.- Uso das formas de cortesía. Concordancia de xénero.
Parte práctica:
1.- Exercicios gramaticais
1.1.- Verificación dos contidos vistos na aula.
1.2.- Consolidación dos coñecementos de morfoloxía italiana adquiridos ao longo do curso.
(Nota: enténdese en todos os casos a última edición dispoñible)
1.- Bibliografía básica
Sensini, M., Le forme della lingua, Milano, Mondadori.
2.- Bibliografía complementaria
Patota, G., Grammatica di riferimento della lingua italiana per stranieri, Milano, Garzanti, 2006.
Canepari, L., Dizionario di pronuncia italiana, Bologna, Zanichelli.
Carrara, E., UniversItalia. Corso di italiano. Livello A1-B1. Esercizi, Firenze, Alma Edizioni.
Díaz Padilla, F. - Martín Clavijo, M., Lingua Italiana II, Oviedo, Universidade de Oviedo.
Sanmarco Bande, M. T., Gramática italiana I, Lugo, Citania.
Mazzetti, A. et alii, Qui Italia più. Quaderno di esercitazioni pratiche, Firenze, Le Monnier.
Mazzetti, A. et alii, Qui Italia più. Viaggio nell’italiano contemporaneo attraverso l’analisi del testo, Firenze, Le Monnier.
Piotti, D. - De Savorgnani, G., UniversItalia. Corso di italiano. Livello A1-B1, Firenze, Alma Edizioni.
Sensini, M., La grammatica della lingua italiana, Miano, Mondadeori.
Serianni, L., Grammatica italiana, Torino, UTET.
Svoacchia, M - Kaunzner, U., Suoni, accento e intonazione. Corso di ascolto e pronuncia, Roma, Bonacci.
3.- Diccionarios
3.1.- Monolingües
De Mauro, T. (dir.), Grande dizionario italiano dell’uso, Torino, UTET, 6 vols.
Il Nuovo De Mauro https://dizionario.internazionale.it/
Dizionario Sabatini Coletti http://dizionari.corriere.it/dizionario_italiano/
Vincenzo Lo Cascio, Dizionario Combinatorio Italiano, Amsterdam: John Benjamins, 2 vols., 2014.
Portale Treccani: dizionario monolingue, dizionario di sinonimi e contrari, enciclopedia, dizionario biografico ed altri contenuti grammaticali e culturali: http://www.treccani.it/
Dizionario Garzanti della lingua italiana: https://www.garzantilinguistica.it/
Luciano Canepari, Il DIPI. Dizionario di pronuncia italiana, Bologna: Zanichelli, 2009. www.dipionline.it/
3.2.- Bilingües
Dizionario Hoepli italiano-spagnolo: https://www.grandidizionari.it/dizionario_italiano-spagnolo.aspx?idD=4
Rossend Arqués Corominas & Adriana Padoan, Il Grande dizionario di spagnolo. Dizionario spagnolo-italiano, italiano-spagnolo, Bologna: Zanichelli, 2012.
Elena Baiotto (dir.), Espasa Paravia. Il dizionario spagnolo-italiano, italiano-spagnolo, Torino: Paravia, 2005.
Cesáreo Calvo Rigual & Anna Giordano Gramegna, Diccionario avanzado italiano-español, Barcelona: Herder, 2011.
Paola di Cataldo (dir.), Il Grande dizionario spagnolo: spagnolo-italiano, italiano-spagnolo, Milán: Garzanti Linguistica, 2009.
Lorna Knight & Michela Clari, Collins Compact plus. Español-Italiano, Barcelona: Random House Mondadori, 2005.
4.- Material en rede
Accademia della Crusca: https://accademiadellacrusca.it/
Coniugazione dei verbi: https://www.coniugazione.it/
https://coniugazione.reverso.net/coniugazione-italiano.html
Correttore ortografico: https://www.corrector.co/it/
Dizionario Garzanti della lingua italiana: http://www.garzantilinguistica.it/
Sinonimi e contrari: https://dizionari.corriere.it/dizionario_sinonimi_contrari/
https://www.treccani.it/sinonimi/
Outras indicacións bibliográficas e materiais (artigos, textos narrativos, exercicios, etc.) serán proporcionadas polo profesor ao longo do curso en función das necesidades do alumnado.
1.- Competencias específicas
- Consolidación e ampliación do estudo da morfoloxía italiana.
- Consolidación e ampliación do coñecemento das principais estruturas e funcións lingüísticas.
2.- Competencias xerais, no conxunto da titulación.
- Adquisición das nocións teóricas expostas no aula.
- Adquisición dunha maior competencia escrita en lingua italiana.
- Adquisición dun grao de madurez que permita ao alumno ser consciente das ferramentas imprescindibles no estudo lingüístico e avaliar o nivel alcanzado nas competencias e habilidades esixidas.
Esta materia prevé tres horas de clase presencial á semana: dúas de carácter teórico e unha dedicada á práctica.
A teoría, que tratará os aspectos morfolóxicos indicados no apartado correspondente aos contidos, non se limitará ás exposicións do profesor, senón que se procurará propiciar o diálogo na aula mediante a proposición de cuestións lingüísticas que os alumnos deberán resolver.
As clases prácticas reforzarán a parte teórica coa realización semanal de exercicios gramaticais, distribuídos entre o tempo de presenza na aula e o de traballo persoal.
As clases desenvolveranse preferentemente en italiano.
A avaliación realizarase valorando os seguintes parámetros:
- Exame escrito: 100%
O sistema de avaliación será o mesmo para todos os estudantes independentemente do seu nivel de asistencia regular, ou non, ás clases.
Importante:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na «Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións».
Os criterios de avaliación serán os mesmos tanto na primeira como na segunda oportunidade.
Con esta materia obtéñense 6 créditos. Catro horas semanais de estudo persoal e lectura crítica deberían ser dabondo para superar a materia.
A asistencia e participación nas clases son fundamentais, xunto coa realización por parte do alumno das tarefas encomendadas semanalmente polo profesor.
Aconséllase o uso dos materiais audiovisuais italianos (TV, DVD, vídeo, CD) co obxecto de reforzar as habilidades lingüísticas do alumno.
Lémbrase aos alumnos que o profesor poderá porse en contacto con eles a través do enderezo de correo electrónico que figure na súa ficha electrónica da USC.
Marilena Ceccarelli
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Italiana
- Correo electrónico
- marilena.ceccarelli [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Italiano | D08 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 | Italiano | D08 |
22.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C07 |
22.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C07 |
27.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C07 |
27.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C07 |