Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Latina
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Acadar o coñecemento dos problemas históricos e conceptuais que presentan as "latinidades" vulgar, tardía e medieval.
2. Adquirir un dominio fluído dos mecanismos lingüísticos característicos dos textos do latín vulgar, tardío e medieval.
3. Familiarizarse coas peculiaridades lexicográficas dos textos do latín vulgar, tardío e medieval, especialmente no que atinxe ás diferenzas cos estadios anteriores do latín.
A. Contidos teóricos:
Discusión dos problemas de tipo conceptual das tres “latinidades” que, con criterios diastráticos e diacrónicos, abarca a materia, segundo o seguinte esquema:
1. O concepto de «latín vulgar» e a súa historia. Tipos de fontes.
2. Grandes liñas dos cambios fonéticos e morfolóxicos. Orde de palabras. O léxico. Diferenciacións locais do latín.
3. Movementos históricos que marcan o desenvolvemento do latín tardío e medieval: as vagas de invasións bárbaras, os chamados renacemento carolinxio e renacemento do século XII.
4. Latín tardío e latín medieval como conceptos cronolóxicos e/ou lingüísticos. Elementos que interveñen na súa configuración: latín vulgar, latín dos cristiáns, elementos gregos e románicos.
5. Escolas e erudición. Lingua formular e lingua viva. Diversidade no latín medieval.
6. O latín da Península Ibérica. Elementos peculiares. Momentos cronolóxicos.
B. Traballo práctico:
Lectura e comentario de fragmentos escollidos proporcionados polo profesor.
A. Bibliografía básica:
1. Edicións e traducións dos textos propostos para o traballo na clase:
A. Arce, Itinerario de la Virgen Egeria (381-384), Madrid, 1996.
P. F. Bradshaw, Egeria, Journey to the Holy Land, Turnhout, 2020.
X. E. López Pereira, Exeria, Viaxe a Terra Santa, Vigo, 1991.
P. Maraval, Égérie, Journal de voyage, Paris, 1997.
C. W. Barlow, Martini episcopi Bracarensis opera omnia, New Haven, 1950.
J. F. Berthet-G. Sabbah, Martin de Braga, Oeuvres morales et pastorales, Paris, 2018.
G. López, Martini Bracarensis Pro castigatione rusticorum, Roma, 1996.
J. E. López Pereira, Cultura, relixión e supersticións na Galicia sueva: Martiño de Braga «De correctione rusticorum», A Coruña, 1996.
A. H. Maestre Yenes, Ars Iuliani Toletani episcopi. Una gramática latina de la España visigoda, Toledo, 1973.
J. Carracedo Fraga, El tratado "De vitiis et virtutibus orationis" de Julián de Toledo, Santiago de Compsotela, 2015.
E. Falque, Historia Compostellana, Turnhout, 1988 (CCCM 70).
E. Falque, Historia Compostelana. Introducción, traducción, notas e índices, Madrid, 1994.
2. Antoloxías de textos:
M. C. Díaz y Díaz, Antología del latín vulgar, Madrid, 1962.
A. Fontán-A. Moure Casas, Antología del latín medieval, Madrid, 1987.
En todo caso, o profesor proporcionará unha selección de textos que estará dispoñible no Campus Virtual.
B. Bibliografía complementaria. Estudos:
J. N. Adams, The Regional Diversification of Latin 200 BC-AD 600, Cambridge, 2007.
J. Bastardas Parera, “El latín de la península ibérica, 4: El latín medieval”, Enciclopedia lingüística hispánica, I, Madrid, 1959, pp. 251-290.
M. Banniard, Viva voce. Communication écrite et communication orale du IVe au IXe siècle en Occident latin, Paris, 1992.
M. C. Díaz y Díaz, “El latín de la península ibérica, 1: Rasgos lingüísticos; 3: Dialectalismos”, Enciclopedia lingüística hispánica, I, Madrid, 1959, p. 153- 197; 237-250.
J. Gil, “El latín tardío y medieval (siglos VI-XIII)”, R. Cano (coord.), Historia de la lengua española, Barcelona, 2004, pp. 149-182.
F. González Muñoz, Latinidad mozárabe, A Coruña, 1996.
J. Herman, El latín vulgar. Edición española reelaborada y ampliada por C. Arias Abellán, Barcelona, 1997.
E. Löfstedt, Late Latin, Oslo, 1959 (trad. italiana: Il latino tardo, Brescia, 1980).
E. A. C. Mantello-A. G. Rigg (eds.), Medieval Latin. An Introduction and Bibliographical Guide, Washington, 1996.
Ch. Mohrmann, Études sur le latin des chrétiens, 4 vols., Roma, 1961-1977.
D. Norberg, Manuel pratique de latin médiéval, Paris, 1968.
P. Stotz, Handbuch zur lateinischen Sprache des Mittelalters, München, 1996-1998.
V. Väänänen, Introducción al latín vulgar, Madrid, 1975.
V. Väänänen, Le journal-épître d'Égérie (Itinerarium Egeriae). Étude linguistique, Helsinki, 1987.
I. Velázquez Soriano, Las pizarras visigodas (Entre el latín y su disgregación. La lengua hablada en Hispania, siglos VI-VIII), Real Academia Española, Instituto de la Lengua castellano y leonés, 2004.
R. Wright, Latín tardío y romance temprano en España y la Francia carolingia, Madrid, 1989.
1. Capacidade metodolóxica para a comprensión directa de textos do latín vulgar, tardío e medieval.
2. Capacidade para o manexo da gramática e do léxico dos textos das variantes do latín abordadas na materia, así como das peculiaridades da súa descrición.
3. Capacidade de caracterización dos textos tardíos e medievais en función da súa diversidade cronolóxica e xeográfica.
4. Habilidade na utilización dos instrumentos filolóxicos: léxicos e dicionarios, bases de datos, estudos históricos e gramaticais.
A actividade presencial incluirá os seguintes elementos:
1. Explicación por parte do profesor dos temas propostos no apartado A dos contidos.
2. Lectura e comentario dos textos escollidos para ilustrar as peculiaridades de cada variante do latín. No traballo sobre os textos, prestarase atención aos procedementos da súa configuración sobre a base da gramática, das fórmulas, da erudición e dos aspectos literarios e culturais. Nestes exercicios prácticos requerirase a participación activa dos estudantes.
3. Nas horas de titoría, que se planificarán ao longo do semestre, os alumnos traballarán na técnica de preparación e codificación de traballos. Tamén se prestará atención á utilización de instrumentos lexicográficos e de recursos informáticos.
Na actividade dirixida non presencial o profesor tutelará a elaboración dun traballo escrito individual de aplicación práctica dos coñecementos adquiridos a un texto libremente elixido por cada estudante. Os resultados dos traballos poderán ser presentados en sesións de seminario.
Utilizarase o Campus Virtual da USC para a presentación de materiais e contidos, e para a realización dalgunhas actividades prácticas.
Nas dúas oportunidades oficiais os elementos utilizados para unha avaliación continua serán os seguintes:
1. O 40% da cualificación total corresponderá á asistencia e á participación activa nas clases presenciais e nas actividades delas derivadas. Tomaranse en consideración a regularidade da asistencia e as intervencións pertinentes mediante preguntas e comentarios, así como os resultados da preparación dos textos traballados na aula.
2. O traballo escrito mencionado no apartado "metodoloxía da ensinanza" permitirá acadar o outro 60% da cualificación total. Valorarase a calidade da presentación escrita, dos contidos e da exposición pública no correspondente seminario.
Os estudantes que teñan dispensa oficial de asistencia ás clases serán avaliados mediante un exame escrito final, que permitirá acadar o 100% da cualificación e que terá dúas partes: a primeira consistirá nalgunha pregunta de desenvolvemento sobre os contidos teóricos; a segunda consistirá no comentario das características peculiares dun fragmento dalgún dos textos do programa. O exame será cualificado con ata 10 puntos, correspondendo ata 4 puntos á primeira parte e ata 6 puntos á segunda. Valorarase a exactitude, claridade e calidade das respostas.
Este último sistema de avaliación tamén poderá ser acordado ao inicio do semestre cos estudantes que xustifiquen ante o profesor algunha causa que lles impida asistir regularmente ás clases.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na normativa da USC sobre avaliación do rendemento académico dos estudantes e revisión de cualificacións.
A materia consta de 6 créditos ECTS equivalentes a 150 horas de traballo do estudante: 75 horas (50%) serán de traballo obrigatorio dirixido polo profesor e 75 horas (50%) serán de traballo autónomo do estudante.
As 75 horas de traballo dirixido obrigatorio repartiranse en 50 horas (67%) de actividades presenciais e 25 horas (33%) de actividades non presenciais. A distribución de horas entre as distintas actividades dirixidas previstas será a seguinte:
1. Clases expositivas: 29 horas presenciais.
2. Clases de seminario: 14 horas presenciais e 7 horas non presenciais dedicadas á preparación dalgún exercicio práctico cos textos obxecto de estudo.
3. Titorías programadas: 3 horas presenciais.
4. Avaliación: 4 horas presenciais e 18 horas non presenciais dedicadas á preparación do traballo explicado no apartado "metodoloxía".
Véxanse os apartados "metodoloxía da ensinanza" e "tempo de estudos e de traballo".
Lémbrese que é necesario utilizar a conta oficial de correo da USC (@rai.usc.gal), as ferramentas tecnolóxicas institucionais da USC (Campus Virtual, Microsoft Office 365, MSTeams etc.), e que é obrigatorio cumprir a normativa de protección de datos (https://www.usc.gal/gl/politica-privacidade-proteccion-datos).
Joel Varela Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Latina
- Correo electrónico
- joel.varela.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | C04 |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | D12 |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | D12 |
08.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D05 |
08.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D05 |
06.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D12 |
06.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D12 |