Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Obxetivos da materia:
Ao tratarse a Historia da arte II dunha materia do bloque de Formación Humanística, o seu principal obxectivo é aproximar ao alumno ao ámbito da arte, introducíndoo no estudo das principais manifestacións artísticas que se produciron desde o Renacemento ata a actualidade, como resposta da sociedade a unhas procuras e inquietudes concretas que influíron no seu desenvolvemento. Do mesmo xeito, pretendemos que o alumno coñeza os conceptos teóricos básicos da disciplina e descubra os distintos enfoques e metodoloxías de análises que nos permiten comprende calquera obra de arte no seu contexto orixinal. Así mesmo propoñémonos que o alumno aprenda a manexar as fontes bibliográficas, documentais e literarias que son as pedras angulares sobre as que se asenta calquera investigación neste ámbito, e que poida aplicar os coñecementos adquiridos noutras materias, tanto do módulo de Formación Básica, como de Formación Humanística, á análise tanto das obras de arte, como dos seus contextos.
Tema 1: O Renacemento.
1.1. O Quattrocento en Italia: Arquitectura, escultura e pintura. 1.2. O Cinquento en Italia: Arquitectura, escultura e pintura. 1.3.- O Renacemento en España. 1.4. O manierismo.
Tema 2. - O Barroco e o Rococcó.
2.1.- Arquitectura en Italia, Francia e España. 2.2.- Escultura en Italia, Francia e España. 2.3.- Pintura en Italia, Francia, Holanda, Flandes e España.
Tema 3: A arte dende o Neoclasicismo ao Postimpresionismo.
3.1.- A arquitectura en Europa e América. 3.2.- A escultura. 3.3.- A pintura.
Tema 4: A arte do século XX. Das Vangardas Históricas á arte Actual.
4.1.- As Vangardas Históricas. 4.2.- A arte de entreguerras. 4.3.- A arte a partir de 1945.
Entendemos cun alumno do grado de Ciencias da Cultura e Difusión Cultura debe coñecer e manexar con soltura a bibliografía porque esta é unha parte fundamental do aprendizaxe universitario, por eso, fixemos una selección de títulos que consideramos que poder ser de grande utilidade. Entre eles atópanse manuais e estudos xerais nos que o alumnado pode alumnado puede localizar fácilmente aquela información que complemente os temas explicados na aula, así como unha bibliografía complementaria, que deberá resultar de axuda aos alumnos para documentarse e realizar a meirande parte das actividades prácticas que deberá desarrollar o longo do curso.
Non fai falta decir, que como sabiamente recolle o refrán popular, “son todos os que están pero no están todos os que son, por eso o alumno podrá ampliar esta bibliografía mediante os buscadores convencionais, cando os necesite para a realización dun trabajo sobre un tema concreto que lle interesa de forma espacial. Asemade o profesorado encargad da materia sempre estarán a disposición do alumnado para orientarlles sobre la bibliografía máis recomendable o que mellor responda a súas necesidades.
MANUAL:
RAMÍREZ, J.A. (coord.), Historia del Arte, vol. 3 y 4 Madrid, 1997.
BIBLIOTECA BÁSICA Y COMPLEMENTARIA:
ANTAL, F., El mundo florentino y su ambiente social. La república burguesa anterior a Cosme de Médicis: siglos XIV-XV, Madrid, 1987.
ANTAL, F.: Clasicismo y romanticismo. Madrid, 1978.
ARGAN, G. C.: El arte moderno. Del Iluminismo a los movimientos contemporáneos. Madrid, 1991.
ARGAN, G.C.: Renacimiento y Barroco, Vol. II, Akal, Madrid, 1987
BAZIN, G.: Barroco y Rococó, Ed. Destino, Barcelona, 1992
BELDA NAVARRO, C.: Los siglos del barroco, Akal, Madrid, 1997
BÉRCHEZ, J. Y GÓMEZ FERRER, M.: Arte del Barroco, Historia 16, Madrid, 1998
BOTTINEAU, Y.: El arte Barroco, Akal, Madrid, 1990
BATTISTI, E., Renacimiento y Barroco, Madrid, 1990.
BLUNT, A., Arte y arquitectura en Francia, 1500-1700, Madrid, 1977.
BLUNT, A.: Borromini, Alianza Editorial, Madrid, 1982
BOUCHER, B.: La escultura barroca en Italia, Barcelona, Ediciones Destino, 1999
CANTERA MONTENEGRO, J.: El clasicismo francés, Madrid, Historia 16, 1989
CARMONA MATO, E.: Caravaggio, Historia 16, Madrid, 1993
FRIEDLÄNDER, W.: Estudios sobre Caravaggio, Alianza Editorial, Madrid, 1982
BURKE, P., El renacimiento italiano. Cultura y sociedad en Italia, 1450-1600, Madrid, 1993.
BRYSON, N.: "Tradición y deseo. De David a Delacroix". Madrid, 2002.
CALVO SERRALLER, F.: El arte contemporáneo. Madrid, 2001.
CHASTEL, A., Arte y humanismo en Florencia en la época de Lorenzo el Magnífico, Madrid, 1982.
CHECA CREMADES, F, Pintura y escultura del Renacimiento en España, Madrid, 1983.
CHECA, F. Y MORÁN, J.M.: El Barroco, Istmo, Madrid, 1982
CLARK, K., El arte del humanismo, Madrid, 1981.
CLARK, K.: La rebelión romántica. Madrid, 1990.
DAIX, P.: Historia cultural del arte moderno. De David a Cézanne. Madrid, 2002.
DAIX, P.: Historia cultural del arte moderno. El siglo XX. Madrid, 2002.
DENVIR, Bernard.- Historia del Impresionismo. Madrid, 1992
DENVIR, Bernard.- El postimpresionismo. Barcelona, 2001
FREEDBERG, S. J., Pintura en Italia 1500-1600, Madrid, 1978.
FRIENDLAENDER, W.: De David a Delacroix. Madrid, 1989.
GARCÍA MELERO, JOSÉ ENRIQUE: El arte del siglo XVIII, vol. IV Historia del Arte Moderno, UNED, Madrid, 2008
GOLDING, J., El Cubismo: Una historia y un análisis, 1907-1914, Madrid, Alianza, 1999.
GOMBRICH, E. H., El legado de Apeles. Estudio
Competencias xenéricas:
Tal e como aparece recollido na memoria do grao de Ciencias da cultura e difusión cultural expómonos como competencias básicas ou xenéricas:
- Que os alumnos posúan os coñecementos básicos relativos á Historia da arte derivados da educación secundaria e que sexan capaces de amplialos e desenvolvelos ( CG1).
- Que os alumnos saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo dunha forma profesional e que adquiran competencias imprescindibles para a elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da Historia da arte ( CG2).
- Que os alumnos teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes relativos á Historia da arte, para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ético ( CG3).
- Que os alumnos poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non, preparándose cara a un perfil de técnico de difusión cultural ( CG4).
- Que os alumnos aprendan a desenvolver habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía ( CG5).
Competencias básicas instrumentais:
Ademais das competencias xenéricas traballaranse tamén as instrumentais que permitirán que o alumno:
- Mellore e potencie o seu rendemento grazas a unha boa organización do traballo e unha optimización dos tempos.
- Que aprenda a elaborar traballos nos que se requira un manexo da bibliografía e un bo tratamento da información.
- Que desenvolva a súa capacidade de análise e de síntese das diversas fontes para avanzar no coñecemento da Historia da arte
- Que mellore a súa expresión oral e escrita, así como a presentación dos contidos.
Competencias específicas:
- A adquisición de coñecementos profundos sobre calquera materia do ámbito humanístico.
- Desenvolver a capacidade de elaboración de comentarios razoados e críticos de obras e textos relacionados coa Historia da arte (CE1)
- Adquirir a habilidade necesaria para a elaboración, redacción e presentación dun traballo escrito de iniciación elemental á investigación (CE2)
Competencias transversais:
Tal e como se recolle na Memoria do grao, as competencias transversais a desenvolver por parte do alumnado serían as seguintes:
- Adquirir a capacidade do uso correcto e coherente dunha lingua estranxeira en situacións comunicativas diversas ( CT1).
- Ser capaz de facer unha redacción adecuada de textos, coa correspondente presentación formal, axustada aos parámetros imperantes nos procesadores informáticos ( CT2).
- Capacitar ao alumno para que adquira a habilidade no uso das novas tecnoloxías ( CT3).
Esta materia está afectada polo proceso de extinción da oferta do título. Por este motivo só pode matricularse nesta materia o alumnado que xa o fixese en cursos anteriores, tendo dereito a titorización e avaliación pero non a docencia lectiva.
A metodoloxía da ensinanza será, pois, de carácter titorial. Ao longo do curso o alumnado matriculado poderá e deberá concertar sesións de titoría co docente para clarexar calquera aspecto da materia e da súa avaliación.
1ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título, a avaliación se fará exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, no que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se realizará na data establecida pola Secretaría da Facultade.
2ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título, a avaliación se fará exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, no que que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se realizará na data establecida pola Secretaría da Facultade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións"
1. Preparación complementaria da materia impartida na aula a través da bibliografía.
2 Lectura detida dos textos recomendados.
3. Coñecemento doutras linguas
4. Utilización das horas de titorías.
21.05.2025 10:00-12:30 | Grupo de exame | Aula 12 |
30.06.2025 10:00-12:00 | Grupo de exame | Aula 12 |