Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 6 Clase Interactiva: 12 Total: 72
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Comercialización e Investigación de Mercados
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Especialización do alumnado nos aspectos máis relevantes da promoción do turismo urbano nos seus distintos niveis: produto urbano, paquete urbano e cidade.
Para alcanzar este obxectivo, a materia estrutúrase en catro temas:
Comunicación offline: ferramentas e casos de promoción no turismo urbano
Ecosistema dixital na promoción turística. Ferramentas e concurrencia tecnolóxica
Presenza Online: páxinas web e apps móviles. Casos e exemplos
Comunicación Online: estratexias de implantación de Redes Sociais e casos de uso
Bibliografía básica:
Dodson, I. (2016) The Art of Digital Marketing: The Definitive Guide to Creating Strategic, Targeted, and Measurable Online Campaigns. Wiley.
Maciá-Domene, F. (2018) Estrategias de marketing digital (Social Media).
Kotler, P.; Haider, D.H.; Rein I. (1993) Marketing places: Attracting investment, industry, and tourism to cities, states, and nations, Free Press, Nova York.
Bibliografía complementaria:
Beerly, A.; Martín, J. (1999) Técnicas de Medición da Eficacia Publicitaria, Ariel Economía, Barcelona.
Kotler, P. (2003) Mercadotecnia para turismo, Pearson, Madrid.
González, A.; Carrero, E. (2006) Manual de Planificación de Medios, Esic, Madrid.
Lanquar, R. (2001) Mercadotecnia turística: do global ao local, Ariel, Barcelona.
López, B. (2007) Publicidade Emocional: Estratexias Creativas, ESIC, Madrid.
Milio, I. (2000) Comercialización de produtos e servizos turísticos, Paraninfo, Madrid.
Ordozgoiti, R.; Rodríguez, D.; Olmos, A.; Miranda, J.A. Publicidad on line, ESIC, Madrid.
Pérez-Latre, F.J. (2000) Planificación e Xestión de Medios Publicitarios, Ariel, Barcelona.
Vich, G.A. (2003) Comercio electrónico e turismo: O caso balear, Universidade de les Illes Balears, Palma.
CG1 - Definir o turismo urbano e a xestión de empresas turísticas
CG2 - Aplicar os coñecementos adquiridos á realidade do sector turístico
CG4- Tomar decisións con información incompleta ou limitada
CG6 - Integrar coñecementos que proporcionen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e / ou aplicación das ideas
CT1 - Aplicar a ética á toma de decisións
CT2 - Demostrar razonamento crítico
CT3 - Analizar e sintetizar a información
CT4 - Traballar en equipos de composición diversa
CT5 - Formular propostas creativas e emprendedoras
CE10 - Explicar as políticas que afectan ao destino urbano
CE12 - Describir o marco legal que regula as actividades e destinos turísticos
Nas sesións expositivas explicaranse os contidos fundamentais dos temas que conforman o programa, enfatizando nos aspectos especialmente relevantes e nas relacións entreles, e se proporcionará ao alumnado a información adicional necesaria que permita un axeitado desenvolvemento do proceso de aprendizaxe autónomo. As sesións interactivas orientaranse á aplicación práctica dos coñecementos teóricos e ao desenvolvemento de habilidades directivas. Para elo realizaranse estudos de casos, comentaranse lecturas de textos e artigos, e se debatirán cuestións propostas polo profesorado. Adicionalmente, as alumnas e alumnos deberán realizar un plan de comunicación -para un producto ou paquete urbano, ou para una cidade na súa totalidade, preferiblemente en grupo, e expoñelo oralmente na clase. As titorías servirán para solventar dúbidas e solucionar os problemas aos que se enfronte o alumnado no proceso de aprendizaxe e como canle de retroalimentación sobre os resultados do mesmo.
Todas estas actividades complementaranse co traballo persoal que o/a alumno/a deberá dedicar a cada unha delas como busca de material bibliográfico, lectura do devandito material, redacción de conclusións e outras.
Para o desenvolvemento da docencia, as sesións realizaranse presencialmente na aula
O traballo autónomo do alumnado será guiado polo/a profesor/a nas horas destinadas a titorías. As titorías desenvolveranse presencial ou virtualmente.
As actividades de traballo persoal do alumnado inclúen, ademais do tempo dedicado ao estudo, a realización das aplicacións sinaladas polo profesorado.
Todas as presentacións serán realizadas con canón de proxección. Utilizarase o apoio virtual para a docencia en todos os escenarios.
A avaliación continua terá en conta a participación nas clases así como todas as actividades desenvolvidas polo alumnado. A avaliación dos coñecementos teóricos realizarase mediante un exame, que supón o 50% da cualificación. O resto de actividades supón o outro 50% da calificación.
Para poder sumar á puntuación do exame a relativa ás outras actividades, é necesario que o alumnado obteña como mínimo un 2 sobre 5 no exame teórico. A nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para poder superar a materia.
A puntuación relativa ás actividades (non a de o exame teórico), gardarase para a convocatoria de xullo pero en ningún caso para os cursos posteriores.
É obrigatoria a asistencia, como mínimo, ao 70% das horas da materia sexa presencial.
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrucción No 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cun exame final específico que suporá o 100% da cualificación.
O sistema de avaliación será o mesmo tanto para o alumnado de primeira matrícula como para o alumnado repetidor. A avaliación consistirá en actividades presenciais.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”
A materia consta de 3 ECTS, o que supón unha carga de 75 horas de tabajo total. Delas, 27 son horas presenciais o resto (48) son horas de traballo non presencial.
Recoméndase a asistencia a clase, a participación en todas as actividades expostas, tanto dentro como fóra da aula, e a utilización das titorías.
Antonio Vazquez Sanmartin
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Comercialización e Investigación de Mercados
- Correo electrónico
- antonio.vazquez.sanmartin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Xoves | |||
---|---|---|---|
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 18 |
19:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 18 |
10.01.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 18 |
10.01.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 18 |
19.06.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 18 |
19.06.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 18 |