Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Total: 0
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Complementos formativos Doutorado RD99/2011
Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
Áreas: Fundamentos de Análise Económica
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Anual
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia presenta un conxunto de ferramentas imprescindibles para a análise e diagnóstico da situación económica de calquera territorio e para a planificación e avaliación das decisións económicas.
O obxectivo xeral da materia é desenvolver nos alumnos a capacidade de comprender e manexar os modelos básicos que permiten explicar e describir o fenómeno do crecemento rexional e local. Para elo, a materia proporciona ferramentas teóorico-prácticas aos estudantes, que permitan unha reflexión sobre a avaliación e planificación do desenvolvemento rexional.
Como resultado final, preténdese que o alumno domine tanto os temas considerados tradicionais neste ámbito (modelos de crecemento rexional, localización-deslocalización das actividades produtivas, desequilibrios rexionais e avaliación das políticas rexionais dirixidas a solucionar estas disparidades) como aqueles máis relevantes hoxe en día para a avaliación exante (nas súas diferentes versións) de distintas opcións concretas de política económica.
Obxectivos específicos:
• Identificar, analizar e reflexionar sobre as bases teórico-practicas do desenvolvemento endóxeno no contexto local, rexional, nacional e global.
• Determinar a tipoloxía e dinámicas económicas dos espazos rexionais e locais (rural versus urbano)
• Identificar e avaliar as potencialidades das localidades, a fin de deseñar plans e proxectos que promovan o desenvolvemento endóxeno no contexto local.
• Desenvolver habilidades para o deseño de estratexias que promovan as novas formas de organización e participación comunitaria no desenvolvemento endóxeno, local e rexional.
• Facilitar as ferramentas necesarias que permitan deseñar e implementar sistemas integrados de avaliación para programas e proxectos socioeconomicos.
1. MARCO TEÓRICO CONCEPTUAL
a) MODELOS E TEORÍAS
b) O MARCO CONCEPTURAL DA PLANIFICACIÓN ESTRATÉXICA
c) A AVALIACIÓN E A ANÁLISE DE POLÍTICAS ECONÓMICAS
2. MODELOS DE CRECEMENTO REXIONAL
a) DETERMINACIÓN DO PRODUTO REXIONAL
b) A DISPARIDADE DE CRECEMENTO ENTRE REXIÓNS: A VISIÓN NEOCLÁSICA
c) MODELOS DE CRECEMENTO ACUMULATIVO E AGLOMERACIÓN
3. A DISTRIBUCIÓN ESPACIAL DAS ACTIVIDADES ECONÓMICAS
a) A TEORÍA DA LOCALIZACIÓN INDUSTRIAL
b) A NOVA XEOGRAFÍA ECONÓMICA E AS ECONOMÍAS DE AGLOMERACIÓN
4. MODELOS E FERRAMENTAS PARA A AVALIACIÓN E PLANIFICACIÓN ECONÓMICA
Bibliografía básica:
AGHION, P. Y HOWITT, P. (2009): The economics of growth. The MIT Press.
ARMSTRONG, H. y TAYLOR, J. (2000): “Regional Economics and Policy”, 3ª ed., Blackwell Publishers.
MCCANN, P.. (2010): “Urban and Regional Economics”, 10ª ed., Oxford University Press.
PAPELES DE EVALUACION (http://www.aeval.es)
POLESE, M. y RUBIERA, F. (2009): “Economía Urbana y Regional. Introducción a la Geografía Económica”, Thomson Reuters.
Bibliografía complementaria:
Acemoglu, D. y Robinson, J. (2012): Por qué fracasan los países: Los orígenes del poder, la prosperidad y la pobreza. Deusto.
Alonso-Luengo, F. e Gómez del Moral M. (1996): "El conocimiento de la economía regional a través de la contabilidad regional", Papeles de economía española, nº 67.
Alonso Villar, O. e J.J. De Lucio (1999): "La economía urbana: un panorama", en Revista de Economía Aplicada 21.
Barroso González, Mª de la O y Flores Ruiz, D. (2010): Teoría y estrategias de desarrollo local. Universidad Internacional de Andalucía, Sevilla.
Bulmer-Thomas, 1988, “The basis of input-output tables-accounts for producers”, chapter 2, 17-34, in Input-output analysis in developing countries. Sources, methods and applications. Chichester: John Wiley and Sons LTD.
Bulmer-Thomas, V., 1988, “Linear algebra and the input-output model”, chapter 4, pp. 54-71, in Input-output analysis in developing countries. Sources, methods and applications. Chichester: John Wiley and Sons LTD.
Chenery, H. B. e P. G. Clark (1959), Interindustry Economics. J. Wiley. Nueva York.
Fernández, M. e D. Fuentes (2007), El sector de la construcción en España. Efectos económicos y prospectiva, Información Comercial Española. ICE, pag. 49-60.
Fernández M. y Manrique de Lara, C. 2006, “La matriz de contabilidad nacional: un método alternativo de presentación de las cuentas nacionales”, Revista Asturiana de Economía, Volumen 37, Páginas, 85-106.
Fernández, M. y C. Polo, 2001, “Una nueva matriz de contabilidad social para España: la SAM-90”, Estadística Española, 43, págs. 281-311.
Fernández, M. y C. Polo, 2004, “Consecuencias del ajuste fiscal en España”, El Trimestre Económico, 282, abril-junio, 453-484.
Fujita, M., P. Krugman e A.J. Venables (1999): Economía Espacial. Ariel (2000).
Fujita, M., P. Krugman e A.J. Venables (2000): “Las Ciudades, las Regiones y el Comercio Internacional”. Antoni Bosch Editor.
Hirschman, A. O. (1958), The Strategy of Economic Development. Yale University Press. New Haven.
Isard, W. (1960), Methods of Regional Analysis: an Introduction to Regional Science. Massachusetts Institute of Technology Press.
Krugman, P.R. (1995): Desarrollo, Geografía y Teoría Económica. Antoni Bosch (1997).
Leontief (1966), Input-Output Economics. Oxford University Press. Nueva York.
Polo, C. e E. Valle, (2002), “Un análisis input-output de la economía balear”, Estadística Española, 44, No. 151, págs, 393-444.
Porter, M. (1990): The Competitive Advantage of Nations. McMillan, London. Traducción española: La ventaja competitiva de las naciones, Plaza y Janés, Barcelona, 1991.
Richardson (1979) : Economía Regional y Urbana. Alianza Editorial (1986).
U.N., 1999, “Basic input-output symmetric model (SIOT)”, chapter, 1, 3-22, in Handbook of Input-Output table compilation and analysis, Handbook in methods. Handbook of National Accounting, Series F, No. 74. New York: United Nations.
Whalley, J., (1991), ''La modelización del equilibrio general aplicado'', Cuadernos Económicos del ICE, 48.
Competencias xerais do DOUTORAMENTO ás que contribúe a materia:
Básicas
CB11 - Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co devandito campo.
CB12 - Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
CB14 - Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
Outras competencias
OC2 - Demostrar un claro dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co desenvolvemento rexional e os procesos de integración económica, en especial manexar os modelos e o técnicas micro e macro econométricas, así como os programas informáticos habituais na análise empírica.
OC3 - Desenvolver a capacidade crítica, impulsar a inquietude e o interese investigador, especializarse no manexo de material bibliográfico, especializarse na utilización de bases de datos e programas informáticos que faciliten o seu tratamento, aprender a transmitir de forma adecuada os desenvolvementos da súa capacidade investigadora a través da confección de artigos científicos e relatorios en congresos.
OC4 - Comprender o papel actual do sector público na economía: o marco xeral no que actúa, a necesidade da súa intervención activa en distintos ámbitos (territorial, produtivo e social) e a importancia da súa estrutura multinivel no proceso de toma de decisións.
OC5 - Aplicar os criterios e a metodoloxía da análise económica para obter procedementos xerais de deseño e análise de política públicas: estruturación de problemas, prognóstico, recomendación e avaliación.
OC6 - Avaliar as vantaxes e inconvenientes das diferentes alternativas no deseño de políticas públicas no ámbito internacional, social, agrícola e industrial.
OC8 - Identificar o modelo de crecemento e integración máis axustado ao comportamento estratéxico dos axentes en diferentes contextos, analizar as variables estratéxicas máis relevantes para os axentes decisores das estratexias de crecemento, estudo empírico e/ou experimental para determinar as variables claves que determinan o desenvolvemento rexional.
OC12 - Adquirir hábitos e estratexias para a redacción e elaboración de documentos de traballo, comunicacións e relatorios, artigos.
Competencias específicas da materia:
E1. Deseñar estratexias que favorezan a adaptación das empresas e institucións nas que traballen ás condicións de integración económica rexional e global.
E2. Definir e implementar obxectivos de desenvolvemento.
E3. Deseñar políticas de crecemento sustentable a longo prazo, así como de aquelas que favorezan a redución da desigualdade.
E4. Adquirir e manexar con soltura distintas metodoloxías de investigación.
E5. Ser quen de valorar criticamente as diferentes posicións metodolóxicas e de aplicar en cada investigación concreta as que resulten máis axeitadas ao tema de estudio.
E6. Contar con habilidades para a pescuda, selección, valoración crítica e uso de fontes cualitativas e cuantitativas.
E7. Mellorar a capacidade de traballo, o rigor e a disciplina.
E8. Adquirir hábitos e estratexias para a redacción e elaboración de documentos de traballo, comunicacións e ponencias, artículos.
Docencia presencial expositiva e interactiva nas que se presentarán os principais contidos e nas que os alumnos deberán participar activamente nas discusións e debates que se susciten. De maneira complementaria poderán realizarse estudos de casos ou prácticas realizadas de maneira autónoma polos alumnos a través da aula virtual.
A avaliación da materia ten en conta todas as actividades que se realizan a lo longo do curso, considerando distintos aspectos da adquisición de competencias ás que contribúe esta materia, así como outros aspectos como a claridade e capacidade expositiva, o dominio da terminoloxía propia da materia ou a participación activa.
En concreto a avaliación continua terá en conta os seguintes aspectos:
• A asistencia e participación nas actividades de clase
• A resolución e debate de casos prácticos
• Presentación individual e/ou en grupo de traballos encomendados
As horas totais estimadas de adicación á materia son 120, distribuídas do seguinte xeito:
Horas presenciais: 40.
Horas non presenciais estimadas: 80
A asistencia regular ás sesións e a revisión extensa da bibliografía son os elementos fundamentais para o aproveitamento da materia.
Maria Dolores Riveiro Garcia
- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Teléfono
- 881811536
- Correo electrónico
- dolores.riveiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor