Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 76.5 Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 26 Clase Interactiva: 9 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
Áreas: Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | (Si)
. Coñecer e saber poñer en práctica un concepto de saúde integral, recoñecendo a influencia dos aspectos psicolóxicos nos estados de saúde-enfermidade, no proceso de atención sanitaria e na prevención, tratamento e rehabilitación en distintos trastornos de saúde.
. Saber planificar unha sesión de avaliación e saber seleccionar e aplicar as técnicas de avaliación e diagnóstico psicolóxico, así como saber analizar e interpretar os resultados da avaliación, en función das características dos destinatarios, dos obxectivos da intervención e do problema de saúde de que se trate.
. Saber planificar unha intervención psicolóxica, e saber seleccionar e aplicar as técnicas, en función das características dos destinatarios, dos obxectivos da intervención (prevención, tratamento ou rehabilitación) e do problema de saúde de que se trate, atendendo aos niveis de eficacia, efectividade e eficiencia que presentan.
. Ser capaz de realizar o seguimento da intervención psicolóxica no ámbito da Psicoloxía da Saúde e saber proporcionar retroalimentación aos destinatarios co fin de implicalos nas distintas fases do proceso de avaliación e tratamento.
. Coñecer a interrelación que existe entre o traballo do psicólogo da saúde e outros profesionais que traballan no campo da saúde física, definindo dende a interdisciplinariedade as achegas e limitacións do psicólogo, e poñendo a énfase na necesidade de integrar os diversos perfís profesionais capaces de complementarse na tripla dimensión biopsicosocial da saúde.
. Dispoñer das competencias necesarias para a aprendizaxe autónoma, a posta ao día e a formación continua no ámbito da Psicoloxía da Saúde, que permitan abordar situacións complexas ou pouco coñecidas, así como mellorar e potenciar a práctica clínica.
Intervención psicolóxica e saúde: características e obxectivos.
Intervención psicolóxica para o control do estrés na prevención e o tratamento da enfermidade.
A intervención psicolóxica en condutas relacionadas cos procesos de saúde/enfermidade.
Intervención psicolóxica no proceso de atención sanitaria.
Intervención psicolóxica en distintos trastornos de saúde: trastornos cardiovasculares,
cancro, trastornos respiratorios, trastornos gastrointestinais
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Buceta, J.M. y Mas, B. (2019). Psicología y Salud. Evaluación y Tratamiento. Madrid: Dykinson
Boyer, B.A. y Paharia, M.I. (2008). Comprehensive handbook of Clinical Health Psychology. Hoboken, NJ: John Wiley& Sons.
Riekert, K.A., Ockene, J.K., Pbert, L. (2014) The handbook of health behavior change. New York: Springer Publishing Company
Ademais dos manuais referenciados poderá indicarse bibliografía específica para cada tema
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Boll, T.J., Frank, R.G., Baum, A., &Wallander, J.L. (2004). Models and perspectives in health psychology. Washington: American Psychological Association.
Boll, T.J., Raczynsky, J.M., & Leviton, L.C. (2004). Disorders of behaviour and health. Washington: American Psychological Association.
Boll, T.J., Bennett, S., Perry, N., & Rozensky, R.H. (2002). Handbook of clinical Health Psychology. Volume 1. Medical Disorders and Behavioral Applications. Washington DC APA
Buceta, J.M., Bueno, A.M., & Mas, B. (2000). Intervención psicológica en trastornos de la salud. Madrid: Dykinson.
Buceta, J.M., Bueno, A.M., & Mas, B. (2001). Intervención psicológica y Salud: control del estrés y conductas de riesgo. Madrid: Dykinson.
Camic, P.M., & Knight, S.J. (2004). Clinical handbook of health psychology: A practical guide to effective interventions. Ashland: Hogrefe and Huber Publishers.
Contrada, R.J. (2011). The handbook of stress science: Biology, psychology and health. New York: Springer Publishing.
Costa, M., & López, E. (2008). Educación para la salud: Guía práctica para promover estilos de vida saludables. Madrid: Pirámide
Crespo, M., & Labrador, F.J. (2003). Estrés. Madrid: Síntesis.
Cruzado J.A. (2010). Tratamiento psicológico en pacientes con cáncer. Madrid: Síntesis
Folkman, S. (2011). The Oxford handbook of stress, health, and coping. New York: Oxford University Press.
Gutiérrez, T., Raich, R.M., Sánchez, D., & Deus, J. (2003). Instrumentos de evaluación en Psicología de la Salud. Madrid: Alianza editorial.
Hunte, C.L., Goodie, J.L., Oordt, M.S., & Dobmeyer AC (2009). Integrated behavioural health in primary care. Washington DC: American Psychological Association
Lazarus, R.S. (2000). Estrés y Emoción: Manejo e Implicaciones en Nuestra Salud. Bilbao: Desclée de Brouwer.
Luecken, L.J., & Gallo, L.C. (2008). Handbook of physiological research methods in health psychology. London: SAGE publications.
Marks, D.F., Murray, M., Evans, B., Willig, C., Woodall, C., & Sykes, C.M. (2005). Health Psychology: Theory, research and practice. Thousand Oaks, CA: Sage Publications.
Miles, J., & Gilbert, P. (2005). A handbook of research methods for clinical and health psychology. New York: Oxford University Press.
Murray, M. (2004). Critical health psychology. New York: Palgrave Macmillan.
Ogden, J. (2003). Health Psychology: A Text Book. Buckingham: Open University Press.
Pérez-Álvarez, M., Fernández-Hermida J. R., Fernández-Rodríguez C., & Amigo, I. (2003) Guía de tratamientos psicológicos eficaces II. Psicología de la Salud. Madrid: Pirámide.
Remor, E., Arranz, P., & Ulla, S. (2003). El psicólogo en el ámbito hospitalario. Bilbao: Desclée de Brouwer.
Rodríguez-Marín, J., & Neipp-López, M. (2008). Manual de psicología social de la salud. Madrid: Síntesis.
Sanderson, C.A. (2013). Health Psychology. Hoboken: JhonWhiley & Sons.
Straub, R. (2002). Health psychology: a biopsychosocial approach. New York: Worth Publishers.
Straub, R. (2002). Health psychology: a biopsychosocial approach. New York: Worth Publishers.
Suls, J.M., Davidson, K.W., & Kaplan, R. (2010). Handbook of health psychology and behavioural medicine. New York: Guilford Press.
Vallejo-Pareja, M.A, &Comeche-Moreno, M.I. (2005). Psicología clínica y de la salud: Avances y perspectivas. Madrid: Minerva Edición.
Básicas e xerais
CG1- Adquirir, desenvolver e poñer en práctica un concepto de saúde integral, que contemple os compoñentes biopsicosociais desta, de acordo coas directrices establecidas pola OMS.
CG4- Coñecer en profundidade os factores psicosociais asociados aos problemas de saúde e enfermidade.
CG6.- Coñocer en profundidade os distintos modelos de avaliación e intervención no campo da Psicoloxía Xeral Sanitaria , asi como as técnicas e procedementos que de eles se derivan para a abordaxe dos trastonos do comportamento e os factores psicolóxícos asociados cos problemas de saúde
CG7- Saber planificar, realizar e, no seu caso, supervisar o proceso de avaliación psicolóxica do comportamento humano e dos factores psicolóxicos asociados cos problemas de saúde para establecer a avaliación destes.
CG8- Saber deseñar, desenvolver e, no seu caso, supervisar e avaliar plans e programas de intervención psicolóxica, en función da avaliación psicolóxica e das variables de tipo individual e social que concorran en cada caso.
CB10. Adquirir habilidades de aprendizaxe que permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo
Transversais
CT2- Coñecer e saber manexar fontes de documentación científica bibliográfica e dixital estandarizadas a nivel internacional
CT3- Saber utilizar e saber analizar criticamente as fontes de información clínica.
Específicas
CE11-Coñecer o marco de actuación propio do psicólogo xeral sanitario e saber derivar ao profesional especialista correspondente
CE15- Realizar actividades de promoción e de educación para a saúde psicolóxica individual e comunitaria
CE2- Ser capaz de planificar e desenvolver unha sesión de avaliación e intervención, establecendo hipóteses das que deducir enunciados contrastables.
CE3- Saber seleccionar e aplicar as técnicas e os instrumentos de avaliación máis convintes para cada caso de acordo coas súas características e contexto.
CE4- Saber analizar e interpretar os resultados dunha avaliación psicolóxica
CE5- Saber elixir e aplicar as técnicas de intervención psicolóxica máis axeitadas de acordo coa súa finalidade (prevención, rehabilitación, consello, asesoramento... etc.)
CE6- Saber planificar e desenvolver unha intervención psicolóxica, establecendo obxectivos pertinentes e realistas en función das características do problema e o contexto.
CE7- Saber realizar o seguimento dunha intervención psicolóxica, dacordo cos fins fixados, para introducir, se fose o caso, cambios nesta durante o seu desenvolvemento.
CE9- Saber deseñar programas de prevención e de promoción da saúde psicolóxica en función dos factores relevantes (de risco e protección) e os recursos dispoñibles
-Sesións expositivas: para introducir e explicar a información máis relevante, así como para clarificar e organizar os contidos do programa, utilizarase a clase maxistral participativa, utilizando os materiais de apoio que sexan pertinentes. Nestas sesións facilitarase bibliografía básica de referencia para traballar cada tema e poderán introducirse distintas actividades.
-Sesións interactivas: programaranse un total de nove sesións dunha hora na que se levará a cabo o adestramento no deseño de programas de avaliación e intervención en diferentes trastornos, para que o alumno adquira as competencias procedimentais da materia.
Traballo autónomo do alumno que consistirá no estudo dos materiais indicados e na elaboración de traballos e dos informes asociados ás sesións interactivas.
-Exame final no que se avaliará o grao de adquisición dos contidos abordados nas sesións expositivas e interactivas e o material bibliográfico indicado. A nota obtida no exame supón o 60% da cualificación final. Para superar a materia e que poidan contabilizarse as calificacións dos informes de actividades e traballos, é necesario aprobar o exame
-Informes das actividades desenvolvidas nas sesións interactivas e das actividades realizadas nas clases expositivas e dos traballos realizados. A cualificación obtida representa o 40% da nota final. Para a avaliación destas actividades e para superar materia é imprescindible ter realizado a lo menos o 80% das actividades propostas.
-Para superar a materia é preciso asistir a lo menos o 80% das clases e ter obtido un 5 na nota final (suma das puntuacións ponderadas obtidas no exame final e nos informes das actividades e traballos realizados).
-A realización de calquera actividade sometida á avaliación implica que o alumno obtén a cualificación final da materia, mesmo no caso de non presentarse ao exame final.
Clases Expositivas 26 h
Clases interactivas 9 h
Titorías en grupos reducidos 1 h
Actividades de Estudo 41 h
Elaboración de informes e traballos
(individuais e/ou grupo) 35 h
É aconsellable seguir as orientacións en relación coa metodoloxía docente para alcanzar os obxectivos e as competencias
Recoméndase que o alumno saiba ler textos escritos en inglés.
Horario de Tutorías 1º semestre
Xoves de 10:00 a 12:00 e de 14:00 a 15:00
Venres de 10:00 a 12:00 e de 13:00 a 14:00
Maria Isabel Vazquez Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
- Teléfono
- 881813731
- Correo electrónico
- mariaisabel.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade