Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Convocatoria dos III Premios a Traballos Fin de Máster en Educación 2022/2023

Cartel III Premios TFM Educación 2022-2023
Cartel III Premios TFM Educación 2022-2023
Convocatoria dos III Premios a Traballos Fin de Máster en Educación 2022/2023

 

O Departamento de Pedagoxía e Didáctica  convoca os III Premios a Traballos Fin de Máster en Educación 2022/2023. A estes premios pode optar o alumnado do Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza; do Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario e do Máster Universitario en Procesos de Formación, sempre que o/a seu titor/a fose un/unha profesor/a membro do Departamento de Pedagoxía e Didáctica. Tamén é requisito imprescindible haber defendido o seu TFM no curso académico 2022/2023.

O prazo para presentar solicitudes remata o 16/10/2023.

Para máis información pódense consultar as bases da Convocatoria dos premios na documentación adxunta.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.09.2023.