Ir o contido principal
  • Investigar

AGORA, segundo cuartil na avaliación da FECYT

AGORA acada o posto 14, segundo cuartil, das revista de Filosofía na última avaliación ARCE do FECYT .

Desde a dirección de AGORA queremos informara tódolos membros do Consello de Departamento de que na última avaliación ARCE do FECYT a nosa revista acadou un bo resultado, quedando situada no posto 14, segundo cuartil, das revista de Filosofía. Na seguinte ligazón podedes encontrar a clasificación completa e consultar os detalles: https://calidadrevistas.fecyt.es/listado-revistas

Dende a dirección da revista, consideramos que é unha boa noticia, pola que agradecemos o traballo previo que a fixo posíbel, así como confiamos poder seguir traballando nesta mesma liña e así aspirar a mellorar resultados en vindeiras avaliacións.

A dirección do departamento súmase aos agradecementos da dirección da revista.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.09.2024.