A Catedral de Ourense nace e florece entre os séculos XII e XIII e chega a converterse nun proxecto dunhas moi amplas dimensións e ambicións, que sobresae no panorama do románico galego e peninsular do seu momento.
A grandeza e alcance da empresa levada a cabo entre os anos 1157 e 1248 sitúa á sé ourensá no rico e vital panorama da arte destes anos. Ademais das relacións con Santiago de Compostela e os obradoiros do Mestre Mateo, Ourense involucra e atrae a talleres e artistas doutras localizacións, tanto peninsulares como de máis alá do Pireneos.
Ademais disto, a Catedral ourensá e o seu bispado, como señores da vila, son capaces de desenvolver auténticas estratexias políticas e publicitarias a través da arte e de obxectos de devoción como as reliquias. Neste sentido, a Catedral de San Martiño participa como suxeito activo nos acontecementos e conflitos da plena e baixa Idade Media.
Sede Ribeira
Arte, reliquias e fortalezas: a catedral medieval de Ourense (1157-1248)
21, 28 outubro e 11 de novembro 2024