Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Traballos presentados

Diáspora, Memoria e Identidade: Como The Mambo Kings Play Songs of Love de Oscar Hijuelos Reflexiona sobre a Experiencia Cubanoamericana
Autoría
B.I.D.S.C.
Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións (2ªed)
Data da defensa
13.02.2025 12:00
Resumo
Longos períodos de guerra, tensións políticas e fame en Europa convertiran as Américas nun destino final chamativo para moitos dende as primeiras décadas de colonización. No caso de Cuba, a illa seguiu sendo un país receptor de migración por moitos anos, pero remataría facendo un brusco xiro cara a fóra cando o clima político comezou a empeorar no segundo cuarto do século XX. O país principal que recibiu as numerosas ondas migratorias que seguiron foron os Estados Unidos de América. Esta migración masiva levou a un proceso de transculturación, a fusión de dúas culturas, entre os membros da comunidade diaspórica, que suscitaron sentimentos de pertenza e de non pertenza, recordos turbulentos do pasado e cuestións sobre a identidade cultural. Esta tese pretende examinar o impacto da migración na diáspora cubana que vive nos Estados Unidos, levando a cabo unha análise dos personaxes que aparecen en The Mambo Kings Play Songs of Love (1900) de Oscar Hijuelos. Polo tanto, a análise estará composta dun marco teórico que pretende profundizar nos conceptos de diáspora, memoria e identidade que conforman a experiencia dos inmigrantes cubanos nos Estados Unidos; e por unha análise literaria que se centrará na aplicación de ditos termos aos personaxes de Hijuelos. Ademais, o impacto da música, tanto na novela como na cultura cubana, será esencial para definir como axuda a dar forma aos aspectos teóricos en cuestión. A través da figura de Eugenio Castillo, e empurrado pola súa condición coma inmigrante de segunda xeración, este traballo de fin de máster proponse xuntar as mencionadas nocións teóricas, presentándoo coma o representante definitivo do proceso de transculturación. Para levalo a cabo, o estudo será contrastado con varias fontes bibliográficas relevantes e estará ilustrado con numerosos extractos da novela.
Dirección
ALONSO ALONSO, MARIA (Titoría)
Tribunal
BLANCO SUAREZ, ZELTIA (Coordinador)
GONZALEZ GROBA, CONSTANTE (Presidente/a)
JIMENEZ PLACER, SUSANA MARIA (Secretario/a)
PALACIOS GONZALEZ, MANUELA (Vogal)
A Miña Arma é o Odio: O corpo abxecto como arma política en The Immortal Hulk
Autoría
R.P.G.
Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións (2ªed)
Data da defensa
12.02.2025 14:00
Resumo
O concepto do abxecto de Julia Kristeva corre polas veas da ficción gótica, dende os seus inicios ate as súas iteracions modernas, e evolucionou máis alá da palabra escrita e cara outras formas de ficción. Entre un mar de creacions monstruosas, Immortal Hulk (2018-2021), de Al Ewing, destaca como unha obra que non so abraza as raíces da ficción gótica decimonónica ao centrarse na fisicidade do monstruo que retrata, senon que consigue facer evolucionar o propio concepto do monstruo ao presentar a abxeción e a outredad física en sí mesmas como armas políticas. Esta tese pretende examinar Immortal Hulk como unha evolución das narrativas góticas de monstruos, utilizando a obra de Julia Kristeva para analizar a traxectoria do físicamente abxecto na literatura. Para isto, este estudo estruturarase en tres partes principais. Na primeira, examinarase o concepto do abxecto en relación cao ficción e os monstruos góticos ao longo da súa cronoloxía.
Dirección
Pereira Ares, Noemí (Titoría)
Tribunal
BLANCO SUAREZ, ZELTIA (Coordinador)
LOJO RODRIGUEZ, LAURA MARIA (Presidente/a)
JIMENEZ PLACER, SUSANA MARIA (Secretario/a)
SACIDO ROMERO, JORGE (Vogal)
As cantigas morais galego-portuguesas: estudio e edición crítica
Autoría
U.C.C.
Máster Universitario en Estudos da Literatura e da Cultura
Data da defensa
20.02.2025 12:00
Resumo
En termos xerais, o obxecto central deste Traballo de Fin de Máster é o estudo e a edición crítica anotada das cantigas galego-portuguesas de temática moral. O corpus de estudo está constituído por composicións de varios autores destacados na produción lírica galego-portuguesa, activos en diferentes épocas e pertencentes a distintos estamentos. Esta investigación permitirá explorar as mensaxes éticas que cada autor intenta transmitir a través das súas composicións, e eventualmente determinar a existencia de similitudes e diferenzas entre elas. En primeiro lugar, proporcionarase información detallada de cada autor, da transmisión das pezas que constitúen o corpus e das características temáticas, estilísticas e métricas das cantigas morais. En segundo lugar, levarase a cabo a edición crítica anotada de cada unha das cantigas, reguladas por uns criterios de edición preestablecidos.
Dirección
GONZALEZ MARTINEZ, DEBORA (Titoría)
Tribunal
DOMINGUEZ PRIETO, CESAR PABLO (Coordinador)
ALONSO VELOSO, MARIA JOSE (Presidente/a)
MORAN CABANAS, MARIA ISABEL (Secretario/a)
GARCIA TRABAZO, JOSE VIRGILIO (Vogal)
Dicionario Biográfico de Escritoras Galegas e o papel do xénero na lexicografía
Autoría
T.F.D.M.
Máster Universitario Erasmus Mundus en Lexicografía
Data da defensa
20.02.2025 17:00
Resumo
O obxectivo da seguinte tese de mestrado é arroiar luz sobre cuestións de xénero, lingua e literatura. En particular, sobre os temas de xénero na lexicografía e no mundo literario, máis especificamente no ámbito literario de Galicia. Para cubrir ambas áreas, proponse un Dicionario Biográfico de Escritoras Galegas, un dicionario en liña que presenta todas as entradas en galego e inglés. Adóptase un enfoque lexicográfico e biográfico para estruturar as entradas que forman parte do dicionario en liña proposto. Preséntase e discútese unha estrutura xeral, e ofrécense exemplos en ambos idiomas.
Dirección
ALVAREZ DE LA GRANJA, MARIA (Titoría)
Tribunal
CAL VARELA, MARIO (Coordinador)
SANMARCO BANDE, MARIA TERESA (Presidente/a)
González Seoane, Ernesto Xosé (Secretario/a)
Frankenberg García, Ana (Vogal)