Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Traballos presentados

A función dos amebeos nas Troianas de Eurípides
Autoría
H.R.R.
Grao en Filoloxía Clásica
Data da defensa
18.02.2025 11:00
Resumo
O propósito deste traballo é o análisis métrico-prosódico dos amebeos, tanto líricos como epirremáticos, insertos na traxedia As troianas de Eurípides (vv. 153-196, 239-292, 577-606, 1216-1332). Os amebeos son diálogos entre un personaxe e o coro ou directamente entre personaxes, que son intercalados na obra para facer resaltar o ethos da escena e amplificar os sentimentos do diálogo, normalmente en pasaxes de carácter doloroso e tráxico. En canto aos tipos de amebeo, os amebeos líricos son aqueles nos que ambas as dúas partes cantan (recollen unha amplia variedade de metros), mentres que os amebeos epirremáticos están formados por unha parte cantada e outra recitada (normalmente a parte recitada utiliza trímetros iámbicos). Ademais, os amebeos pódense inserir ao longo de toda a traxedia; os fragmentos seleccionados para este traballo atópanse na párodo, no primeiro e segundo episodio e no éxodo. Para a análise métrica son fundamentais os manuais de Gentili (Gentili, B. (1999), La Colometria antica dei testi poetici greci, Pisa: Istituti Editoriali e Poligrafici Internazionali), Guzmán Guerra (Guzmán Guerra, A. (1997), Manual de métrica griega, Madrid: Ediciones Clásicas) e West (West, M. L. (1982), Greek Metre, Oxford: Clarendon Press).
Dirección
PEREIRO PARDO, AMELIA DEL CARMEN (Titoría)
Tribunal
DE CARLOS VILLAMARIN, HELENA ROSA (Presidente/a)
GARCIA TRABAZO, JOSE VIRGILIO (Secretario/a)
RUIZ PEREZ, ANGEL (Vogal)