Este curso ten como obxectivo proporcionar unha introdución xeral ao sistema de patentes con especial énfase nos requisitos de patentabilidade que deben cumprir as invencións no ámbito One Health, biomédico e biotecnolóxico.

MODALIDADE: virtual (Microsoft Teams).
PÚBLICO OBXECTIVO: PDI, Alumnado de Grao e Máster, PDI e Profesionáis do Sector Produtivo
CONTIDO: O curso estruturarase en tres seccións:
- No primeiro apartado explícase que é unha patente e que protección lle confire, así como os requisitos que debe cumprir unha invención para poder ser patentada, dando exemplos de aspectos patentables e non patentables. Tamén se describen os criterios que se deben seguir para decidir se é preferible patentar unha invención ou gardala en segredo.
- A segunda sección ofrece consellos para redactar unha solicitude de patente para maximizar as posibilidades de que sexa concedida. Tamén se describen as diferentes estratexias de protección existentes e as formas de rendibilizar unha patente. Explica brevemente que son os informes de patentabilidade, os informes de liberdade de operación e as oposicións/observacións de terceiros e a súa utilidade.
- Por último, o terceiro apartado céntrase nas particularidades das invencións no ámbito biomédico e biotecnolóxico, ilustradas con exemplos que poden ser de interese para os asistentes, como inventos de selección, usos médicos, biomarcadores, métodos de diagnóstico, invencións microbiolóxicas, ácidos nucleicos, anticorpos e células, entre outros.
PROGRAMA:
- Requisitos para protexer a súa invención mediante unha patente
o Que é unha patente?
o Protección conferida por unha patente
o Que se pode e que non se pode patentar?
o Requisitos de patentabilidade
o A decisión de patentar/mantelo en segredo. - Como escribir unha solicitude de patente para que sexa concedida. Estratexias de protección. Consideracións comerciais do sistema de patentes.
o Pasos a seguir para protexer un invento
o Redacción dunha solicitude de patente
o Caso práctico (biomédico)
o Estratexias de protección
o Como se pode facer rendible unha patente? Explotación directa, transmisión ou licenza
o Ter unha patente garante a súa liberdade de uso?
o Informes de liberdade de operación
o Oposicións/observacións de terceiros
- Casos particulares en biotecnoloxía e biomedicina
o Inventos de selección
o Usos médicos
o Biomarcadores
o Métodos de diagnóstico
o Invencións microbiolóxicas
o Animais transxénicos
o Ácidos nucleicos/proteínas
o Anticorpos
o Células, etc.
COORDINA: Campus Terra
IMPARTE: Irene Vázquez, Agente de Patentes en ABG Intellactual Property especializada en Biotecnología & Ciencias de la Vida.
PRAZAS: limitadas 30.