Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento

A Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento encárgase da xestión integral do proceso de transferencia dos resultados de investigación e da difusión e a promoción da cultura emprendedora entre a comunidade universitaria.

Pemade

As súas funcións son as seguintes:

  • Identificar e rexistrar os resultados de investigación transferibles.
  • Avaliar o potencial comercial e a utilidade social dos resultados de investigación.   
  • Protexer os resultados de investigación e a súa xestión mediante patentes e outras formas de protección.
  • Propoñer e dinamizar procesos de valorización e maduración dos resultados de investigación.
  • Negociar, xestionar e facer o seguimento dos contratos de transferencia de resultados de investigación.
  • Apoiar e asesorar ás iniciativas de creación de empresas con base en resultados de investigación (spin- offs).
  • Fomentar e difundir a transferencia de coñecemento e o emprendemento entre a comunidade universitaria.
  • Proporcionar formación relacionada co proceso de transferencia e emprendemento.

Programas

Empresas de base tecnolóxica - spin off

Spin-off creadas no Campus Terra por tipo de actividade:

 

Nome da empresa Ano Actividade
GIMENA (Gestión Integral del Medio Natural) 2002 Enxeñaríaformación e divulgación medioambiental
Pexego 2005 Novas tecnoloxías da información e comunicación
Quescrem 2006 Elaboración de produtos lácteos
Laboratorio CIFGA 2007 Detección de toxinas mariñas
AMSlab 2008 Laboratorio de ensaios químicos e físicos
LHICA 2008 Solucións agroalimentarias
Geneaqua 2012 Servizos de xenética ás empresas acuícolas
VSonCloud 2013 Desenvolvemento de software e metodoloxías para toma de decisións
TasteLab 2015 Análise sensorial de alimentos
3edata 2016 Xestión de proxectos agroforestais e medioambientais
iBoneLab 2020 Estudo da integración de biomateriais nos tecidos vivos

Persoal

Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento

Patricia González Alonso

Teléfonos
982822854
Email
patricia.gonzalez@usc.gal
Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.12.2021.