Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Normalización Lingüística

É o departamento da Universidade que se encarga de deseñar e desenvolver actividades e recursos que estimulen o uso do galego no Campus Terra.

Foto Arquivo SNL LUGO

Para iso, organízase en catro áreas de traballo:

  • Promover: planifica e organiza actividades de sensibilización e promoción e concursos e premios.
  • Aprender: organiza cursos para estudantado, profesorado e PAS.
  • Asesoramento lingüístico: revisa documentación e elabora criterios e modelos de uso.
  • Terminoloxía: crea e difunde léxico técnico.

Ofrecémosche un menú de servizos para que, segundo os teus intereses, elixas os que prefiras:

Quero aprender galego 

Quero mellorar o meu galego 

​Se xa dominas esta lingua, pero tes dúbidas de cando en vez: 

Quero mellorar as miñas capacidades comunicativas 

Se che interesa redactar e presentar mellor os teus traballos escritos, facer presentacións dixitais máis efectivas ou falar mellor en público, inscríbete no Curso de Habilidades Comunicativas. E se só precisas mellorar nalgún deses aspectos, apúntate exclusivamente no módulo que máis che interese.

Quero axudar a que o galego se use máis na Universidades 

​As comisións de normalización lingüística (CNL) son as encargadas de propoñer e deseñar actividades que fomentan o uso do galego en cada centro. 

Pregunta no teu polo pola persoa responsable da CNL, e anímate a participar co teu traballo ou as túas ideas.

Quero informarme sobre noticias relacionadas co galego 

​A USC é un fervedoiro de noticias, actividades, premios, concursos, campañas… organizadas arredor da lingua galega: participando nelas podes aprender cousas novas, poñer a proba as túas habilidades… e gañar interesantes premios. 

Segue ao Servizo de Normalización no seu sitio web ou en Instagram.

Este contido está bloqueado porque non se aceptaron as cookies de Vídeo.
Aceptar todas as cookies
Normalización Lingüística

Persoal

Normalización Lingüística

Xusto Rodríguez Río

Teléfonos
982823582
Email
snl_lugo@usc.es
Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.02.2025.