Un plan estratéxico require dunha estrutura organizativa definida para a súa posta en marcha, xestión, control e seguimento en todas as súas actuacións e dimensións. A existencia dun sistema efectivo de gobernanza, entendido como unha estrutura que de coherencia á organización do Campus e que se encargue da definición das políticas, plans e decisións, ademais de establecer prioridades en base á capacidade de resposta e outros factores de rendibilidade, é un elemento indispensable. Por iso, o Plan Estratéxico do Campus Terra necesita un liderado executivo ao máximo nivel, consolidándose este como un elemento clave para garantir e impulsar o seu éxito e eliminar as barreiras que poidan obstaculizar a súa transformación cara a especialización e a internacionalización.
Dita estrutura de gobernanza vai permitir reforzar a colaboración cos axentes económicos e sociais, máis dinámica e aberta no seu funcionamento para que, nesta nova etapa, se perciba claramente a estratexia de especialización do Campus Terra como campus diferenciado e non como un campus territorial.