Ir o contido principal

Curso: Introducción ao uso de Mathcad II

11.03.2024-03.04.2024 | 16.00h-20.00h

Aulas de Informática, Campus Virtual de la USC

Organizador: Facultade de Ciencias

Neste curso explotaranse as características que converten a Mathcad nunha ferramenta de gran utilidade no ensino de materias relacionadas coas matemáticas puras e aplicadas.

Curso Mathcad
Curso Mathcad

INSCRICIÓN

MODALIDADEmixta 20h. Presencial e non presencial.

CONTIDO: As clases dedicaranse fundamentalmente a resolver exercicios prácticos cos que se aprenderán as funcionalidades principais de Mathcad e aplicarase o programa ás diferentes áreas de interese dos asistentes: Química, Física, Enxeñería, Matemática, Estatística, Contabilidade e Economía, Bioquímica etc. Contorna de traballo e primeiros cálculos con Mathcad. Uso de unidades, Ficheiros de datos e Gráficos. Traballo simbólico e Análise de datos. Vectores, Matrices e Táboas de datos. Bloque de resolución. Interacción con Excel e Programación en Mathcad.

PROGRAMA:

Luns 11 de marzo. 16:00-19:00h. Contorna de traballo e primeiros cálculos

  • Vantaxes de Mathcad respecto ao resto de programas matemáticos.
  • Introdución á interface de Mathcad. Rexións matemáticas e de texto.
  • Edición de ecuacións matemáticas.
  • Precedencia e signos = en Mathcad.
  • Definición de constantes, de variables de varios tipos e de funcións.
  • Formato de rexións matemáticas, de texto e do documento.

Martes 12 de marzo 16:00-19:00h. Uso de unidades, Ficheiros de datos e Gráficos

  • Utilización de parámetros y funciones con unidades: comprobación dimensional.
  • Funciones para la entrada y salida de datos.
  • Creación de gráficos 2D y 3D con Mathcad.
  • Elaboración de figuras de calidad con el Componente para gráficos de Mathcad.

Mércores 13 de marzo. 16:00-20:00h. Traballo simbólico e Análise de datos (I)

  • Traballo simbólico en Mathcad: operacións algebraicas, integración e derivación, resolución simbólica de ecuacións.
  • Funcións para a interpolación numérica de datos.
  • Uso de Mathcad para realizar axustes lineais e polinomiales.
  • Análise de datos e representación gráfica de modelos axustados.

Luns 1 de abril. 16:30-19:30h. Vectores, Matrices e Táboas de datos

  • Operadores e funcións para o traballo con vectores e matrices en Mathcad.
  • Aplicación das operacións con vectores e matrices ao axuste de datos a modelos polinomiales e á manipulación de estruturas no espazo 3D.
  • Creación e utilización das Táboas de Mathcad Prime.
  • Uso do Cadro Combinado.

Martes 2 de abril. 16:30-20:00h. Análise de datos (II) e Bloque de resolución

  • Uso de Mathcad para realizar axustes non lineais.
  • Avaliación dos erros nos parámetros e da calidade do axuste.
  • Uso do Bloque de resolución para resolver problemas complicados en Mathcad.

Martes 3 de abril. 16:30-20:00h. Interacción con Excel e Programación

  • Integración de PTC Mathcad con Microsoft Excel.
  • Programación en Mathcad.
  • Preparación do Proxecto Final.

PROXECTO FINAL: o curso culmina coa elaboración dun traballo no que se deben utilizar varios dos contidos, ferramentas e funcións de Mathcad aprendidos, aplicándoos, a un nivel de usuario básico, a un tema elixido por cada asistente.

COORDINA: Facultade de Ciencias. Jorge A. Carrazana García

IMPARTE: Jorge A. Carrazana García

PRAZAS: limitadas 20 presenciais + 10 non presenciais