Organizer: Facultade de Ciencias
Neste curso explotaranse as características que converten a Mathcad nunha ferramenta de gran utilidade no ensino de materias relacionadas coas matemáticas puras e aplicadas.
MODALIDADE: mixta 20h. Presencial e non presencial.
CONTIDO: As clases dedicaranse fundamentalmente a resolver exercicios prácticos cos que se aprenderán as funcionalidades principais de Mathcad e aplicarase o programa ás diferentes áreas de interese dos asistentes: Química, Física, Enxeñería, Matemática, Estatística, Contabilidade e Economía, Bioquímica etc. Contorna de traballo e primeiros cálculos con Mathcad. Uso de unidades, Ficheiros de datos e Gráficos. Traballo simbólico e Análise de datos. Vectores, Matrices e Táboas de datos. Bloque de resolución. Interacción con Excel e Programación en Mathcad.
PROGRAMA:
Luns 11 de marzo. 16:00-19:00h. Contorna de traballo e primeiros cálculos
- Vantaxes de Mathcad respecto ao resto de programas matemáticos.
- Introdución á interface de Mathcad. Rexións matemáticas e de texto.
- Edición de ecuacións matemáticas.
- Precedencia e signos = en Mathcad.
- Definición de constantes, de variables de varios tipos e de funcións.
- Formato de rexións matemáticas, de texto e do documento.
Martes 12 de marzo 16:00-19:00h. Uso de unidades, Ficheiros de datos e Gráficos
- Utilización de parámetros y funciones con unidades: comprobación dimensional.
- Funciones para la entrada y salida de datos.
- Creación de gráficos 2D y 3D con Mathcad.
- Elaboración de figuras de calidad con el Componente para gráficos de Mathcad.
Mércores 13 de marzo. 16:00-20:00h. Traballo simbólico e Análise de datos (I)
- Traballo simbólico en Mathcad: operacións algebraicas, integración e derivación, resolución simbólica de ecuacións.
- Funcións para a interpolación numérica de datos.
- Uso de Mathcad para realizar axustes lineais e polinomiales.
- Análise de datos e representación gráfica de modelos axustados.
Luns 1 de abril. 16:30-19:30h. Vectores, Matrices e Táboas de datos
- Operadores e funcións para o traballo con vectores e matrices en Mathcad.
- Aplicación das operacións con vectores e matrices ao axuste de datos a modelos polinomiales e á manipulación de estruturas no espazo 3D.
- Creación e utilización das Táboas de Mathcad Prime.
- Uso do Cadro Combinado.
Martes 2 de abril. 16:30-20:00h. Análise de datos (II) e Bloque de resolución
- Uso de Mathcad para realizar axustes non lineais.
- Avaliación dos erros nos parámetros e da calidade do axuste.
- Uso do Bloque de resolución para resolver problemas complicados en Mathcad.
Martes 3 de abril. 16:30-20:00h. Interacción con Excel e Programación
- Integración de PTC Mathcad con Microsoft Excel.
- Programación en Mathcad.
- Preparación do Proxecto Final.
PROXECTO FINAL: o curso culmina coa elaboración dun traballo no que se deben utilizar varios dos contidos, ferramentas e funcións de Mathcad aprendidos, aplicándoos, a un nivel de usuario básico, a un tema elixido por cada asistente.
COORDINA: Facultade de Ciencias. Jorge A. Carrazana García
IMPARTE: Jorge A. Carrazana García
PRAZAS: limitadas 20 presenciais + 10 non presenciais