Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Acceso para estudantes estranxeiros

Se es alumno ou alumna dun país membro da Unión Europea, ou dun país co que haxa acordo internacional,tes acceso á Universidade española sempre que reúnas os requisitos de acceso á universidade do teu país de orixe.

Se es alumno/a de un país membro da Unión Europea ou dun país co que haxa acordo internacional, tes acceso á universidade española sempre que reúnas os requisitos de acceso á universidade no teu país de orixe.

Se realizaches a proba de acceso no teu país de orixe, debes solicitar á UNED (Universidade Nacional de Educación a Distancia) unha credencial que acredite que reúnes os requisitos de acceso á universidade no teu país de orixe.

A credencial é título suficiente para o acceso, e este ordenarase de acordo coa cualificación obtida sobre un máximo de 10 puntos.

Aínda que non é obrigatorio realizar as Probas de Acceso á Universidade, se desexas aumentar as posibilidades de acceso, podes mellorar a nota media ata 4 puntos mediante a realización da parte voluntaria das probas. Se es estudante de sistemas educativos da Unión Europea, podes facelo a través da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED/UNED). Se tes residencia en Galicia, podes facer a proba a través da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG)

Existen graos con moita demanda onde a nota de acceso pode superar os 10 puntos.  Recoméndase ao alumnado que desexe  preinscribirse en titulacións con límite de prazas facer a proba voluntaria.

Aconsellamos consultar e ter en conta aquelas materias que teñen un maior coeficiente de ponderación para os graos aos que se desexa acceder.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.04.2025.