Skip to main content
This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/en/legal-notice">cookies policy</a>.

Compañía de Teatro da USC. Campus de Santiago de Compostela

  • A compañía de teatro da USC vén traballando desde o ano 1990. Como o resto da actividade da Aula de Teatro o seu traballo ten unha vertente principalmente pedagóxica.

    Acceso: para acceder á compañía é preciso, como acontece coa escola de teatro, presentarse a unhas probas que se convocan na primeira quincena do mes de setembro. Nestas probas non só se avalían capacidades escénicas senón tamén o interese e obxectivos da persoa que se presenta, polo que nas probas, ademais de levar adiante unha serie de exercicios é importante a entrevista que se realiza.

    • As probas de acceso terán lugar os días 23, 24 e 25 de setembro de 2024 na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño (Campus Vida) a partir das 18.00 horas.

    Períodos: a compañía divide o seu traballo en dous períodos:

    • Montaxe (outubro/decembro) 
    • Xira (febreiro/abril).

    Ensaios: na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño.

    Requisitos: non é preciso ter experiencia escénica previa.

    Recoñecemento de créditos: o traballo (interpretación e dirección) na compañía ten o recoñecemento de 6 créditos ECTS (todas as titulacións de grao da USC)

  • Culture Area

    San Xerome College

    Culture Area

    Montenegro Palace
The contents of this page were updated on 09.09.2024.