Skip to main content
This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/en/legal-notice">cookies policy</a>.
ceo nocturno
O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC organiza, anualmente, dende 1997 o Programa de Extensión Cultural de Astronomía (PECAS).

O Programa de Extensión Cultural de Astronomía (PECAS) ten carácter gratuíto e está dirixido aos membros da comunidade universitaria e ao público xeral e o seu obxectivo é dar a coñecer o mundo da Astronomía, así como as funcións do Observatorio Ramón María Aller. Está dirixido polo profesor José Ángel Docobo Durántez e os monitores son Pedro Pablo Campo Díaz e Xabier Pérez Couto.

Sesións de observación nocturna, observación solar, charlas e outra información en https://www.usc.gal/pecas/

  • A asistencia a, cando menos, o 80 % das horas do programa PECAS e a superación dunha proba final será recoñecido con 1 crédito ECTS para todo o estudantado da USC que estivese matriculado nun grao no momento de realizar o PECAS (Acordo do Consello de Goberno do 31-10-2013) e recibirán a tal efecto un certificado de crédito (máximo 6 créditos en total).

    As persoas que xa obtiveran o crédito en edicións anteriores, non poderán adquirir un adicional.

    A data, lugar e hora da proba que deberá superar o estudantado de grao que desexe a convalidación do crédito ECTS darase a coñecer durante o transcurso da última charla.

  • No Observatorio Ramón María Aller daránche máis información sobre as actividades que organizan:

    Avda. das Ciencias, campus Vida, Santiago de Compostela
    881 815 016
    oasec@usc.es
     

The contents of this page were updated on 10.21.2024.