Vídeos didácticos USC acolle produtos audiovisuais útiles para a docencia e a divulgación. Un espazo creado para o talento e a comunicación de coñecemementos aproveitando toda a potencia dos soportes audiovisuais.
Descubre nun minuto que che ofrece a colección de vídeos, e como os podes aproveitar, sexas docente, alumnado ou simplemente che interese a información de calidade.
O efecto da débeda pública sobre a recuperación da economía
A historia recente amosa que hai dúas formas de enfrontar as crises económicas: con políticas expansivas ou con políticas que controlen o gasto, como na crise de 2008.
Na crise motivada pola COVID-19 optouse en Europa por unha política expansiva para estimular a economía da zona euro, que incrementa a débeda dos países, unha factura que haberá que afrontar máis cedo ca tarde.
Duración: 12 min.
Que é a intelixencia artificial?
O nome de intelixencia artificial acuñouse en 1956 e o profesor Senén Barro explícanos que é e como se consegue que as máquinas incorporen esa intelixencia sintética.
Duración: 9 min.
Aplicacións da intelixencia artificial
Case non hai ningún ámbito das nosas vidas que escape a unha presenza e influencia crecente da intelixencia artificial.
O profesor Senén Barro ponnos algúns exemplos e tamén dinos que hai cousas das que temos que ocuparnos para non ter que preocuparnos.
Duración: 12 min.
Unha intelixencia artificial autoconsciente?
As máquinas xa camiñan, corren, falan, len, poder ver á súa maneira, pero non temos nin idea de como facelas conscientes da súa existencia, de se é posible logralo e do que isto podería supoñer, tal e como nos explica o profesor Senén Barro.
Duración: 4 min.
A Constitución do 78
O profesor Roberto Blanco Valdés fálanos sobre a Constitución Española do ano 1978 e arredor doutras cuestións relativas a esta norma fundamental da que fai unha valoración xa pasados os corenta anos de vixencia.
Duración: 10 min.
O nacemento do dereito ambiental
A profesora Alba Nogueira fálanos das razóns do nacemento do dereito ambiental, unha recente póla no ámbito do dereito.
Duración: 12 min.
O avellentamento demográfico de Galicia
O profesor Isidro Dubert fálanos das verdadeiras razóns do avellentamento da poboación galega. Cre que hai que buscalas máis nos procesos migratorios que sofre Galicia ca nos baixos índices de natalidade da sociedade galega.
Duración: 11 min.
InfectArte
A historia da arte pictórica ten exemplos de obras que mostran diferentes personaxes afectados por enfermidades infecciosas.
O profesor Rafael Seoane, e as profesoras Ángeles Muñoz e Ysabel Santos fan un repaso por algunhas obras para mostrarnos que enfermidades ilustran.
Duración: 11,30 min.
Fundamentos da transmisión por radio
Fundamentos da transmisión por radio
O profesor Jorge Mira explícanos, de xeito moi claro, cales son os fundamentos e de que modo se desenvolveu a transmisión por radio.
Duración: 6 min.
Determinación do contido de H₂O₂ nun produto comercial
A auga osixenada comercial non é peróxido de hidróxeno (H₂O₂) puro. A profesora M. Raquel Domínguez González, coa axuda de M. Vanesa Taboada López, M. Carmen Martínez Barreiro e Lía Gómez Domínguez, mostra un procedemento para a determinación do contido de H₂O₂ en auga osixenada comercial e explica diferentes modos de expresar a concentración en que se atopa.
Duración: 6 min.
Identificación de plásticos mediante espectrometría infravermella
A profesora Elena Peña Vázquez explica como as bandas de absorción no infravermello medio poden empregarse na identificación e clasificación dos plásticos reciclables.
Duración: 8 min.
Determinación de ferro en viño por espectrocopia de absorción atómica con chama
A quebra férrica é a turbidez dos viños debido a reaccións de precipitación dos sales de ferro con outros compostos presentes nos viños (taninos, fosfatos, etc.).
A profesora María del Carmen Barciela Alonso explica un procedemento para a determinación do ferro en viños empregando a espectroscopia de absorción atómica con chama.
Duración: 5 min.
A natureza ondulatoria da luz
A luz é unha onda ou unha partícula? Pois parece que depende das circunstancias. Así nolo explica o profesor Cibrán Santamarina neste vídeo.
Duración: 7 min.
Illando a diversidade
As profesoras Ana Otero Casal e Sabela Balboa Méndez e o profesor Carlos Rodríguez Osorio móstrannos a técnica de laboratorio para conseguir un cultivo puro de bacterias.
Duración: 9 min.
Xeneralidades sobre pesticidas
Que é un pesticida? Cales son os beneficios na súa utilización e que prevención hai que ter co seu uso? O emprego destes produtos ao longo da historia.
Estas e outras cuestións trátaas a profesora Julia Melgar neste vídeo.
Duración: 12 min.
Onde está a Meca?
A liña que une dous puntos na esfera é o que nos explica a profesora Elena Vázquez Abal neste vídeo. Cal é a liña máis curta para unir San Francisco e A Meca? Este vídeo descóbreo.
Duración: 5 min.
Reprogramación celular e células nai pluripotentes inducidas
A diferenciación celular é un proceso asociado á especialización de funcións e envellecemento que ata hai uns anos se consideraba irreversible en humanos, pero Sir John B. Gurdon e Shinya Yamanaka (Premios Nobel en Medicina en 2012) descubriron como reprogramar células adultas para convertelas en pluripotentes.
O profesor Juan A. Parga amósanos os experimentos que mostran esa transformación.
Duración: 8 min.
As propiedades reolóxicas dos sistemas dispersos
O profesor Francisco J. Otero Espinar explica a través da súa filla por que os fluídos responden de forma diversa ante una forza externa: uns (newtonianos) incrementan a velocidade de fluxo en proporción á intensidade da forza; outros (non newtonianos) modifican a súa resistencia. E aclara tamén conceptos como comportamento pseudoplástico, plástico ou dilatante, tixotropía ou reopexia.
Duración: 10 min.
Illando a diversidade
As profesoras Ana Otero Casal e Sabela Balboa Méndez e o profesor Carlos Rodríguez Osorio móstrannos a técnica de laboratorio para conseguir un cultivo puro de bacterias.
Duración: 9 min.
Os ósos están vivos
O esqueleto está composto por ósos que están vivos e teñen unha capacidade asombrosa de adaptación. Iso explica que poidan funcionar os tratamentos de ortodoncia.
A profesora Nuria Alemañ cóntanos como funcionan os ósos.
Duración: 11 min.
InfectArte
A historia da arte pictórica ten exemplos de obras que mostran diferentes personaxes afectados por enfermidades infecciosas. O profesor Rafael Seoane, e as profesoras Ángeles Muñoz e Ysabel Santos fan un repaso por algunhas obras para mostrarnos que enfermidades ilustran.
Duración: 11,30 min.
Xeneralidades sobre pesticidas
Que é un pesticida? Cales son os beneficios na súa utilización e que prevención hai que ter co seu uso? O emprego destes produtos ao longo da historia. Estas e outras cuestións trátaas a profesora Julia Melgar neste vídeo.
Duración: 12 min.
Alimentación de ruminantes
A profesora Margarita Rico cóntanos en que se basea a alimentación de ruminantes a través dunha viaxe polo seu particular intestino. O rume como unha cuba de fermentación que hai que alimentar para que todo funcione.
Duración: 14 min.
O efecto da débeda pública sobre a recuperación da economía
A historia recente amosa que hai dúas formas de enfrontar as crises económicas: con políticas expansivas ou con políticas que controlen o gasto, como na crise de 2008.
Na crise motivada pola COVID-19 optouse en Europa por unha política expansiva para estimular a economía da zona euro, que incrementa a débeda dos países, unha factura que haberá que afrontar máis cedo ca tarde.
Duración: 12 min.
A Constitución do 78
O profesor Roberto Blanco Valdés fálanos sobre a Constitución Española do ano 1978 e arredor doutras cuestións relativas a esta norma fundamental da que fai unha valoración xa pasados os corenta anos de vixencia.
Duración: 10 min.
O nacemento do dereito ambiental
A profesora Alba Nogueira fálanos das razóns do nacemento do dereito ambiental, unha recente póla no ámbito do dereito.
Duración: 12 min.
O avellentamento demográfico de Galicia
O profesor Isidro Dubert fálanos das verdadeiras razóns do avellentamento da poboación galega. Cre que hai que buscalas máis nos procesos migratorios que sofre Galicia ca nos baixos índices de natalidade da sociedade galega.
Duración: 11 min.
A propiedade comunal como motor de desenvolvemento rural
A propiedade comunal é un sistema moi enraizado no medio rural galego que conta con centos e centos de anos de historia. A profesora María do Mar Pérez Fra explica por que pode ser tamén un axente de desenvolvemento sustentable, respectuoso e cooperativo para as comunidades propietarias.
Duración: 10 min
Que é unha constitución?
As primeiras constitucións nacen a finais do século XVIII. O profesor Roberto L. Blanco Valdés explica neste vídeo que caracteriza a estes textos, que os define como tal; textos que regulan os dereitos e a separación dos poderes.
Duración: 6 min.
Como se elixen as Cortes?
O profesor Roberto Blanco Valdés explica a maneira de elixir as Cortes españolas, na que a provincia é a circunscrición electoral.
No vídeo tamén se explica con detalle como funciona a lei de D’hont, o sistema polo que se asignan os votos ás distintas listas electorais.
Duración: 9 min.
O aproveitamento do monte
Beatriz Rodríguez-Morales explícanos que o monte nos pode achegar moito máis que madeira: lecer, espazos comunitarios ou identidade son oportunidades que nos pode ofrecer un monte ben xestionado.
Duración: 9 min.
A contorna de Trevinca
Quen suba a Pena Trevinca vai poder contemplar unha contorna moi interesante e particular. Esta paisaxe é a que nos describe e explica o profesor Valerià Paül.
Duración: 2 min.
O punto máis alto de Galicia
Cal é o lugar máis elevado do territorio galego? O profesor Valerià Paül lévanos ata alí, na fronteira entre Galicia e a provincia de Zamora.
Duración: 3 min
Que é a intelixencia artificial?
O nome de intelixencia artificial acuñouse en 1956 e o profesor Senén Barro explícanos que é e como se consegue que as máquinas incorporen esa intelixencia sintética.
Duración: 9 min.
Aplicacións da intelixencia artificial
Case non hai ningún ámbito das nosas vidas que escape a unha presenza e influencia crecente da intelixencia artificial.
O profesor Senén Barro ponnos algúns exemplos e tamén dinos que hai cousas das que temos que ocuparnos para non ter que preocuparnos.
Duración: 12 min.
Unha intelixencia artificial autoconsciente?
As máquinas xa camiñan, corren, falan, len, poder ver á súa maneira, pero non temos nin idea de como facelas conscientes da súa existencia, de se é posible logralo e do que isto podería supoñer, tal e como nos explica o profesor Senén Barro.
Duración: 4 min.
O aproveitamento do monte
Beatriz Rodríguez-Morales explícanos que o monte nos pode achegar moito máis que madeira: lecer, espazos comunitarios ou identidade son oportunidades que nos pode ofrecer un monte ben xestionado.
Duración: 9 min.
Se queres ver máis vídeos de divulgación científica faille unha visita a Proxector.