Skip to main content
This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/en/legal-notice">cookies policy</a>.
VIII Edición (2024)
Logo de Youtubeiras

Youtubeiras chega á oitava edición no 2024 para incentivar, consolidar, difundir e fortalecer a creación de vídeos en galego no YouTube. Nesta nova edición ponse o foco sobre a diversidade da comunidade de persoas creadoras en galego, en constante crecemento e capaz de abranguer nas súas canles todas as temáticas en calquera formato.

Como cada ano, convócanse de novo os Premios Youtubeiras cunha contía de 7500 euros repartidos entre sete categorías..

Youtubeiras é unha iniciativa de dinamización lingüística organizada polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, Carballo, Ferrol, Moaña, Narón, Oleiros, Pontevedra, Rois, Santiago de Compostela e Teo, a Deputación da Coruña e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.

    • Toda a información no sitio web do proxecto.
The contents of this page were updated on 09.19.2024.