Skip to main content

This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the cookies policy.

Este galardón recoñeceu a traxectoria na promoción do galego na USC de Manolo Bermejo, José Antonio Gómez Segade, Antón Costa, Antonio Rigueiro, Xosé Manuel Beiras, Margarita Ledo Andión e Marilar Aleixandre e faino lembrando a figura de Luís Porteiro Garea, profesor de Dereito Civil que pronunciou en 1915 a primeira lección en galego nesta Universidade.
Luís Porteiro Garea

Á promoción e defensa do galego na Universidade

Banner do premio Luis Porteiro Garea 

  • Con este premio quérese distinguir a iniciativa, o traballo ou a traxectoria daquelas persoas, entidades ou colectivos, tanto actuais como pasadas da USC (alumnado, persoal de administración e servizos, persoal docente e investigador), que contribuíran á normalización da lingua galega na propia USC por algunha ou varias das seguintes razóns:

    • O emprego habitual da lingua nas actividades cotiás da universidade, especialmente cando este uso se producira de xeito pioneiro.
    • A achega, por parte da persoa ou colectivo premiado, á promoción do idioma ou á galeguización de ámbitos ou actividades da USC.
    • O estudo e a difusión da lingua galega.
    • Calquera outra intervención no proceso de normalización lingüística na USC que sexa valorada como significativa.

    O premio ten carácter de distinción pública. Consistirá nun elemento simbólico de tipo artístico que se lle entregará á persoa, entidade ou colectivo premiado nun acto protocolario, sen que leve aparellado ben económico ningún.

    Os premios entregaranse nun acto público de máximo nivel que se desenvolverá na USC no mes de setembro, coincidindo co aniversario da lección do profesor Porteiro Garea.

     

     

  • O prazo para presentar as propostas remata o 27 de xuño de 2025. As candidaturas poderán ser propostas por calquera persoa, entidade ou colectivo. 

The contents of this page were updated on 07.07.2025.