Skip to main content
This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/en/legal-notice">cookies policy</a>.
Programa de actividades.
Imaxe 25N

Para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, a comunidade universitaria programa diferentes actividades.

  • Actividades previas ao 25 de novembro

    IV Concurso de Relatos Curtos contra a Violencia de Xénero

    Cada mensaxe conta

    Este ano centrámonos neles, nos agresores. Nos que actúan e nos violentan. Achega a través de pequenos papeis e de forma anónima o teu testemuño ou reivindicación, para contribuír a un mural que represente graficamente o peso da violencia sobre as mulleres.

    • Data, horario e lugar: Do 21 ao 25 de novembro de 2022 no módulo central da Facultade.
    • Organiza: alumnado de 1.º do Máster Universitario en Psicoloxía e a Comisión de Igualdade da Facultade de Psicoloxía.

    Exposición Ilustracións contra o machismo

    Inauguración co vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga, e a alcaldesa do Concello de Lugo, Lara Méndez.

    • Data, horario e lugar: 22 de novembro, ás 13.00 horas, nas dependencias da Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo.
    • Organiza: Área de Mulleres do Concello de Lugo.

    Campaña de sensibilización contra as microviolencias

    Encontro coas responsables do Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Xénero (CIFEX), Teresa Moure Pereiro, e da Oficina de Igualdade de Xénero (OIX), Marta Pérez Pereiro.

    • Data, horario e lugar: 23 de novembro de 2022 ás 12.00 horas no Salón de Graos da facultade.
    • Organiza: Comisión de Igualdade da Facultade de Filoloxía. 

    Cinefórum: Unha moza prometedora e posterior coloquio

    Proxeción da película Unha moza prometedora de Emerald Fennell e coloquio no que participan: Teresa Rocha Blanco, psicóloga do Centro de Información á Muller de Lalín; Uxía Paz Callón, representante da Asociación Feminista "O Soño de Lilith"; e Laura Docampo López, estudante do Máster en Intervención Social e Comunitaria

    • Data, horario e lugar: 23 de novembro de 2022 ás 17 horas no Salón de Actos da facultade.
    • Organiza: Comisión de Igualdade da Facultade de Psicoloxía. 

    Seminario: "A lei trans". Algunhas claves

    • Data, horario e lugar: 24 de novembro de 2022 ás 10 horas no Salón de Graos da Facultade.
    • Programa:
      • 10 h. 1.º Sesión. A realidade trans.
      • 13 h. 2ª Sesión. Retos para a sanidade.
      • 16 h. 3.ª Sesión. A transexualidade e o ordenamento xurídico.
    • Modalidade: presencial e on line.
    • Prazo para envío de relatorios: até o 21-11-2022
    • Prazo de inscrición: até o 21-11-2022
    • Organiza: Facultade de Dereito. 

    Seminario Xénero e Política: Movementos feministas en Chile e América Latina

    A cargo de Lucía Miranda Leibe, doctora Internacional de Estudios Latinoamericanos da Universidade de Chile.

    • Data, horario e lugar: 24 de novembro de 2022 ás 17 horas. Aula 11 da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais.
    • Organiza: Rede Armela. 
    • Máis información.

    Actos de Lectura do Manifesto da Rede de Unidades de Igualdade para a Excelencia Universitaria (RUIGEU)

    Acto institucional conmemorativo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. 

    25 de novembro ás 12.30 horas no Salón Nobre de Fonseca (retransmisión en directo).

    Lectura do manifesto 25N e colocación de pancarta conmemorativa

    • Data, horario e lugar: 25 de novembro na Fachada principal da Facultade.
    • Organiza: Comisión de Igualdade da Facultade de Química. 

    Lectura do manifesto 25N

    • Data, horario e lugar: 25 de novembro ás 11.45 horas na entrada da Facultade.
    • Organiza: Comisión de Igualdade da Facultade de Psicoloxía. 

    Lectura do manifesto 25N 

    E concentración para facer unha fotografía cortando simbolicamente un guecho de cabelo en solidariedade con todas as mulleres maltratadas de calquera parte do mundo.

    • Data, horario e lugar: 25 de novembro ás 12.00 horas na entrada da Biblioteca Intercentros e da Facultade de Formación do Profesorado.
    • Organiza: Comisións de Igualdade do Campus de Lugo. 

    Lectura do manifesto 25N

    • Data, horario e lugar: 25 de novembro ás 13.15 horas no Salón de Actos da ETSE. 
    • Organiza: Comisión de Igualdade da Escola Técnica Superior de Enxeñaría. 

    Lectura do manifesto 25N

    • Data, horario e lugar: 25 de novembro ás 14.30 horas na Aula Castelao da Facultade.
    • Organiza: Facultade de Medicina e Odontoloxía. 

    Exposicións, performances e outras accións

    Exposición: Desmentindo falsas crenzas

    Pósters para desmontar mitos sobre a violencia contra as mulleres.

    • Data, horario e lugar: Do 21 ao 25 de novembro de 2022 no módulo central da Facultade.
    • Organiza: alumnado de 1.º do Máster Universitario en Psicoloxía e a Comisión de Igualdade da Facultade de Psicoloxía.

    Exposición: Selección de fotografías con perspectiva de xénero feitas polo alumnado.

    • Lugar: Pantallas electrónicas da Facultade.
    • Organiza: Facultade de Bioloxía.

    Exposición: Fotografías arredor da conmemoración 25 N

    Coa participación de membros da comunidade universitaria da Facultade de Relacións Laborais.

    • Organiza: Comisión de Xénero da Facultade de Relacións Laborais.

    Pegada de cartaces: #aViolenciaNonSempreÉFísica

    • Data: 25 de novembro de 2022, ao longo dos seguintes 16 días.
    • Organiza: Facultade de Bioloxía. 

    Performances 25N 2022.

    • Guía da actividade.
    • Organiza: Alumnado da materia de Socioloxía da Educación da Facultade de CC. da Educación. 25 e 28 de novembro de 2022. 

    Realización enquisa: Grao de coñecemento e as actitudes en relación á violencia de xénero contra a muller do alumnado da Facultade de Bioloxía

    • Organiza: Facultade de Bioloxía.

    Outras actividades desenvolvidas no mes de novembro

     Seminario: CO(M)XÉNERO 7. Descifrando violencias

    • Data, horario e lugar: 4 de novembro de 2022, ás 16 horas. Facultade de Ciencias da Comunicación.
    • Máis información da actividade.
    • Organiza: Grupo de Investigación de Estudos Audiovisuais. 

    Xornada. As novas violencias sexuais. Submisión química e agresións dixitais

    • Data, horario e lugar: 11 de novembro de 2022 ás 17.00 horas. Visionado l. Facultade de Ciencias da Comunicación.
    • Organiza: Oficina de Igualdade de Xénero. 
    • Máis información da actividade.

    IV Xuntanza do Club de Masculinidades DisidentesOs desacougos da masculinidade

    Relatorio a cargo de Antonio Agustín García, Universidade Complutense de Madrid.

    • Data, horario e lugar: 14 de novembro de 2022 ás 17. 00 horas. Visionado l. Facultade de Ciencias da Comunicación.
    • Organiza: Oficina de Igualdade de Xénero. 

    Exposición Heura

    • Data, horario e lugar: Do 4 ao 17 de novembro de 2022.
    • Organiza: Programa Confía, coa colaboración da Facultade de Ciencias Económicas e Empresarias.

    Seminario: Desafíos ante a reforma dos delitos sexuais

    • Data, horario e lugar: 14 e 15 de novembro de 2022 na Sala de Xuntas da Facultade de Dereito. 
    • Programa.
    • Inscrición: enviar un email a ludei@usc.es
    • Organiza: Facultade de Dereito. 

    Percurso formativo: O acoso sexual e as novas formas de violencia sexual

    • Organiza: Oficina de Igualdade de Xénero coa colaboración do Servizo de Participación e Inclusión Universitaria.
    • Máis información da actividade.
The contents of this page were updated on 12.03.2022.