Skip to main content
This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/en/legal-notice">cookies policy</a>.
Iniciativa de voluntariado de inclusión social en Médicos do Mundo.

Médicos do Mundo impulsa numerosos proxectos de intervención social en defensa dos dereitos humanos, en especial o dereito universal á saúde, acompañando a persoas en situación de exclusión ou vulnerabilidade, e desenvolvendo actividades educativas, de comunicación e sensibilización.

  • Atención a persoas inmigrantes

    • Acompañamento, mediación e atención a persoas inmigrantes.
    • Mediación en vulneración de dereitos básicos.
    • Coordinación con institucións.
    • Impartición de obradoiros formativos e asociación de persoas inmigrantes sobre Dereitos Humnos e Dereito á Saúde, primeiros auxilios, saúde materna e infantil, mitos e crenzas sobre a poboación inmigrante, Covid-19 etc.
    • Impartición de charlas formativas a persoal sociosanitario da Administración sobre o acceso da poboación inmigrante á saúde.
    • Representación de Médicos do Mundo en diferentes redes e foros.
    • Realización de folletos e carteis para informacións en liña conxuntas a grandes grupos de persoas.
    • Atención médica e psicolóxica.
    • Outras actividades máis puntuais: explotación de datos sobre a atención, investigación e actividades de loxística para actos de sensibilización.
       
    • Horario: xeralmente de luns a venres pola mañá, de 8 a 16 h, e luns pola tarde de 17 a 19 h. Puntualmente, obradoiros formativos coa asociación as fines de semana.
    • Prazas: s/n.

    Acompañamento a persoas en situación de prostitución

    • Apoio na recollida de vulneracións e nos obradoiros de educación para a saúde en intervención con persoas en contexto de prostitución en clubs/pisos/rúa e/ou local de Médicos do Mundo.
    • Puntualmente acompañamento sociosanitario para persoas que descoñecen o sistema e/ou idioma.
    • Realización de test rápidos de detección do VIH e/ou sífilis a persoas usuarias do programa.
    • Apoio en tarefas loxísticas necesarias para o funcionamento do programa: base de datos da intervención, preparación dos contidos dos obradoiros, contabilidade, planificación da intervención.
    • Impartición de obradoiros formativos a persoas en contexto de prostitución sobre dereitos humanos e dereito á saúde, dereitos sexuais e reprodutivos etc.
    • Outras actividades: iniciativas de sensibilización e mobilización que se organicen dende o grupo.
       
    • Horario: xoves, de 19 a 24 h.
    • Prazas: s/n.

    Educación para a transformación social

    • Obradoiros e xornadas informativas: preparación de contidos e impartir obradoiros para xente nova sobre dereitos humanos e dereito á saúde, convivencia e diversidade.
    • Actividades de sensibilización: organización e loxística de actividades que se programen: actividades de rúa, participación con mesas informativas en festas e eventos varios, promoción de voluntariado na universidade, exposicións fotográficas e mesas temáticas en diferentes espazos etc.
       
    • Horario: mañás, de luns a venres de 8 a 15 h e, puntualmente, algunha fin de semana e/ou tarde.
    • Prazas: 5.

    Voluntariado

    Apoio na xestión do voluntariado da entidade: altas e baixas, formación, dinamización dos grupos e comunicacións periódicas.

    • Horario: sen concretar.
    • Prazas: s/n.
The contents of this page were updated on 09.26.2024.