Skip to main content
This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/en/legal-notice">cookies policy</a>.
Alumnx ApS
A Aprendizaxe-Servizo (ApS) é unha metodoloxía educativa que integra os procesos de aprendizaxe coa realización de tarefas de servizo á comunidade.

Os programas de Aprendizaxe-Servizo (service-learning) constitúen unha proposta de innovación educativa asociada na súa definición, aplicación e desenvolvemento, a patróns de mellora cognitiva e social do alumnado de ensino universitario, coa finalidade de optimizar o seu crecemento persoal e avanzar no logro de competencias profesionais, a través dun servizo á comunidade.

A aprendizaxe-servizo (ApS) pode ser descrita como unha metodoloxía educativa que integra os procesos de aprendizaxe coa realización de tarefas de servizo á comunidade. Nun marco de reciprocidade, o alumnado traballa sobre as necesidades reais da contorna, o que lle permite mellorar o coñecemento nunha disciplina e ampliar a súa responsabilidade social. Esta reciprocidade alínea a metodoloxía ApS cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) converténdose en ferramenta para acadar os retos incluídos na Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible.

  • Obxecto da convocatoria e modalidades

    O obxecto da convocatoria é impulsar, asesorar, recoñecer e dar difusión a proxectos de innovación que utilicen a metodoloxía ApS nos procesos de ensino-aprendizaxe na USC, integrando a preparación para a práctica profesional co exercicio da responsabilidade social do alumnado e a toma de conciencia do seu papel activo na consecución dos ODS.

    Os proxectos deben estar vinculados a materias que figuren no Plan de Organización Docente (POD) do curso 2024-2025.

    Establécense tres modalidades:

    • Modalidade A. Proxectos emerxentes. Acolle a presentación de propostas que concorran por vez primeira ás convocatorias de innovación educativa en ApS da USC, ou que en edicións anteriores non foran seleccionadas.
    • Modalidade B. Proxectos en consolidación. Inclúe as propostas que xa foran implementadas e avaliadas positivamente en convocatorias anteriores e que amplíen a súa intervención coa presenza dalgún elemento innovador (implicación doutras materias, participación de varios centros e/ou campus, extensión de entidades colaboradoras...).
    • Modalidade C. Proxectos consolidados. Inclúe as propostas que xa foran implementadas e avaliadas positivamente nun mínimo de catro ocasións dentro dun período de cinco edicións seguidas.
  • O prazo de presentación finaliza o día 28 de maio de 2025.

     A presentación debe facerse a través da sede electrónica da USC.

The contents of this page were updated on 05.13.2025.