Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
CNL de Farmacia
Cartel das xornadas

Charlas sobre razóns e recursos para usares o galego nas aulas de Farmacia

  • Coñecerás unha serie de razóns de todo tipo para que sigas usando o galego (ou comeces a usalo) nas aulas do teu grao de Farmacia, así como unha serie de recursos e ferramentas que che axudarán.

    A charla, impartida por Isabel Vaquero, técnica do Servizo de Normalización Lingüística, está organizada pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Farmacia.

    Ao remate da actividade recibirás un diploma de asistencia.

  • Datas e horario

    • Salón de Graos da Facultade de Farmacia
    • 30 de setembro, 13:00-14:00 h

    Inscrición

    Para poder asistir a esta actividade, con aforo limitado a 30 persoas, debes inscribirte na Secretaría Virtual ata o 29 de setembro. Cando esteas no teu perfil da Secretaría, busca á esquerda "Actividades" - "Oferta" - "Cursos do SNL".

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.10.2023.