Facultade de Química
11 e 12 de novembro de 2024
Con esta actividade a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Química quere crear un espazo de encontro en que as investigadoras e investigadores novos que desenvolven o seu traballo no ámbito da química poidan dalo a coñecer ao resto da comunidade universitaria, e potenciar ao tempo as súas capacidades de comunicación en público en lingua galega.
Isto vaise plasmar nunha sesión aberta de comunicacións orais nas que esta mocidade investigadora presenta, en lingua galega e cun enfoque divulgativo, algún aspecto máis ou menos específico do traballo que desenvolve ou da súa área de investigación.
Como participar
A XINQ está aberta a calquera estudante dun máster ou dun programa de doutoramento da USC relacionado co ámbito da química.
Cada persoa pode participar cunha única comunicación oral.
Para inscribirse cómpre encher este formulario antes do día 25 de outubro, e acompañalo cun resumo da intervención, que debe respectar o modelo formal que propón o Comité organizador.
Na circular de convocatoria poden atoparse máis detalles sobre as características das intervencións e sobre os recoñecementos á participación.
Máis información e consultas
xinq.secretaria [at] usc.gal (xinq[dot]secretaria[at]usc[dot]gal)
Facultade de Química, 11 e 12 de novembro de 2024
Inscrición
Para inscribirse cómpre encher este formulario antes do día 25 de outubro, e acompañalo cun resumo da intervención, que debe respectar o modelo formal que propón o Comité organizador.
Comité organizador
- Cora Calvo, Diego
- Domínguez Carbón, Paula
- Duque Villaverde, Andrés
- Hernández Faria de Moraes, Stella
- Marcos Atanes, Daniel
- Maza Barón, Álvaro
- Montoto Pintos, David
- Ribas Saborido, Adrián
- Vale Gómez, Alejandra
- Vázquez Carballo, Irene
Comité científico
- Martínez Calvo, Miguel
- Monte Goyanes, Rosa María
- Rumbo Gómez, Antonio
- Vázquez Vázquez, Carlos
Programa
Mércores, 25 de xaneiro
- 09:00 Presentación da II Xuntanza de Investigador@s Nov@s no ámbito da química. Jesús Sanmartín Matalobos (decano da Facultade de Química da USC), Manuel Núñez Singala (director do Servizo de Normalización Lingüística) e José Benito Quintana Álvarez (coordinador do Comité Científico da XINQ_2)
SESIÓN MÁSTER 1
- Moderación: Antonio Rumbo Gómez e Braulio Casabella Amieiro
- 09:15 Comunicación (C-1). Daniel Abella López. Desenvolvemento dunha novidosa terapia de substitución enzimática para tratar a fenilcetonuria usando a tecnoloxía IC-Tagging
- 09:30 Comunicación (C-2) – Manuel Pérez Pérez. Revestimento polimérico de péptidos modulados por hidrazonas para a entrega de ADN plasmídico
- 09:45 Comunicación (C-3) –– Adrián López Teijeiro. Construíndo nanorreactores enzimáticos utilizando o sistema IC-Tagging: procura de solucións aos retos da industria dende un enfoque biotecnolóxico
- 10:00 Debate
SESIÓN DOUTORAMENTO 1
- Moderación: José Benito Quintana Álvarez e Andrea Estévez Danta.
- 10:15 Comunicación (C-4) – Iván Lozano González. Deseño de fase estacionaria para a separación de nanopartículas metálicas mediante cromatografía líquida
- 10:30 Comunicación (C-5) – Ana Castiñeira Landeira. Evidenciando a presenza de produtos de coidado persoal en xeles hidroalcohólicos mediante o método analítico SPME-GC-MS/MS
- 10:45 Comunicación (C-6) – Sandra Méndez Martínez. Desenvolvemento de novas metodoloxías analíticas para a determinación de contaminantes persistentes, móbiles e tóxicos en auga
- 11:00 Comunicación (C-7) – Andrea Estévez Danta. O proceso que leva á estimación da exposición humana a substancias prexudiciais a través da análise de augas residuais con fins epidemiolóxicos
- 11:15 Debate
- 11:30 DESCANSO
SESIÓN MÁSTER 2
- Moderación: Marta Castiñeira Reis e María Isabel Velo Heleno.
- 12:00 Comunicación (C-8) – Javier Corral Sertal. Simulación da condutividade térmica mediante cálculos ab initio
- 12:15 Comunicación (C-9) – Xinran Lu. Catálise de reaccións de polimerización por clústeres de Ag
- 12:30 Comunicación (C-10) – Paula Antelo Riveiro. Monocapas lipídicas como modelo de membrana en cáncer e infección: un estudo sinérxico in vitro/in silico
- 12:45 Debate
SESIÓN DOUTORAMENTO 2
- Moderación: Antonio Rumbo Gómez e Braulio Casabella Amieiro
- 13:00 Comunicación (C-11) – Rafael Canabal Falcón. Novas aproximacións para afrontar o desafío das superbacterias: abordando a enzima xiquimato quinase
- 13:15 Comunicación (C-12) – Sara Falcón Fariña. Moléculas miméticas do PVA, para a inhibición da recristalización do xeo
- 09:45 Comunicación (C-13) – Patricia Fulias Guzmán. Deseño de novas moléculas fluorescentes para a visualización celular
- 13:45 Comunicación (C-14) – Braulio Casabella Amieiro. Inactivando a resistencia innata de Pseudomonas aeruginosa aos antibióticos con sulfonopenicilinas
- 14:00 Debate
- 14:15 DESCANSO PARA XANTAR
SESIÓN MÁSTER 3
- Moderación: José Benito Quintana Álvarez e Ana Justo Vega
- 16:00 Comunicación (C-15) – Tania Arias Cailleau. Avaliación da presenza de residuos de funxicidas e insecticidas en cervexa mediante cromatografía de líquidos e espectrometría de masas en tándem
- 16:15 Comunicación (C-16) – Andrés Duque Villaverde. Determinación de axentes químicos procedentes de caucho de pneumáticos en auga
- 16:30 Comunicación (C-17) – Carlos Pernas Fraguela. Desenvolvemento dun método para a determinación de biomarcadores do uso de cannabinoides mediante a análise de augas residuais con fins epidemiolóxicos
- 16:45 Comunicación (C-18) – María Lage Díaz. Estudo do metabolismo in vitro de contaminantes orgánicos
- 17:00 Debate
SESIÓN DOUTORAMENTO 3
- Moderación: Ana María González Noya e María Isabel Velo Heleno
- 17:15 Comunicación (C-19) – Andrés Manuel Álvarez Constantino. Acetileno: uso na química sintética e potenciais aplicacións en reaccións de carboboración
- 17:30 Comunicación (C-20) – Uxía Barreiro Sisto. Estudo do proceso de desulfuración dun ligando tiocarbohidrazona para a obtención dun ligando azina
- 17:45 Comunicación (C-21) – María Moreno Pérez. Nanomateriais híbridos TiO2/SnO2 – clústeres de prata para o seu uso na degradación fotocatalítica de contaminantes
- 18:00 Comunicación (C-22) – María Isabel Velo Heleno. Complexos dinucleares de cobre(II) como modelos de metaloenzimas
- 18:15 Debate
- 18:30 FIN DA XORNADA
Xoves, 26 de xaneiro
- 09:20 Presentación do segundo día da II Xuntanza de Investigador@s Nov@s no ámbito da química
SESIÓN DOUTORAMENTO 4
- Moderación: Carlos Vázquez Vázquez e Alfonso Cabezón Vizoso.
- 09:30 Comunicación (C-23) – Sara Illodo Brea. Estudo da agregación de péptidos de β-amiloide con técnicas de fluorescencia
- 13:30 Comunicación (C-24) – Pablo López Carracedo. Amidas anfifílicas e bolanfifílicas derivadas do ácido (-)-xiquímico. Síntese e estudo das súas propiedades
- 10:00 Comunicación (C-25) – Lucía Méndez Gómez. Exploración estrutural dun ciclopéptido para a súa autoensamblaxe de 1D a 2D
- 10:15 Comunicación (C-26) – Alfonso Cabezón Vizoso. Ciclopéptidos nas portas celulares, unha alternativa ós fármacos convencionais?
- 10:30 Debate
SESIÓN MÁSTER 4
- Moderación: Carlos Vázquez Vázquez e Marta Castiñeira Reis
- 10:45 Comunicación (C-27) – Jesús Seijas Cerceda. Estudo da asociación supramolecular de alta afinidade mediante fluorescencia
- 11:00 Comunicación (C-28) – Stella Hernández Faria de Moraes. Como usar o intercalador laranxa de tiazol para a detección e cuantificación de ADN de dobre cadea
- 11:15 Comunicación (C-29) – Diego Cora Calvo. Sondas fluorescentes sensibles ao contorno para a caracterización de interaccións biomoleculares
- 11:30 Debate
- 11:45 DESCANSO
PREMIOS E CLAUSURA
- 12:30 Votación final
- 13:00 Entrega de premios
- 13:15 Acto de clausura da II Xuntanza de Investigador@s Nov@s no ámbito da química. Carlos Vázquez Vázquez (membro do Comité Científico da XINQ_2)
Programa
Sesión 1. Xoves, 25 de novembro
- 16:00 Presentación da Xuntanza de investigadores novos no ámbito da química
- 16:20 Comunicación 1. Marcos Rúa Sueiro. Estudo dos modos de coordinación da difosfina dppm fronte a compostos ciclopaladados
- 16:40 Comunicación 2. Isabel Velo Heleno. Arquitecturas metalosupramoleculares de tipo helicoidal derivadas dun ligando bistiosemicarbazona
- 17:00 Comunicación 3. Lara Troncoso Afonso. Fotocatálisis bioortogonal catalizada pola luz visible
- 17:20 Comunicación 4. Juan José Tarrío. Polímeros Helicoidais Fluorescentes: Propiedades e Aplicacións
- 17:40 Comunicación 5. Leticia Pérez Mayán. Determinación automatizada de pesticidas en mostras de viño mediante SPE on-line con LC-MS/MS
- 18:00 Comunicación 6. Sandra Méndez Martínez. Desenvolvemento dunha nova metodoloxía analítica para a cuantificación de contaminantes emerxentes en augas
- 18:20 Comunicación 7. Catarina Pimentel. Preparación de carbóns activados a partir de serrín de piñeiro para a adsorción de contaminantes de efluentes líquidos
- 18:40 Comunicación 8. Ángela Arnosa. Síntese e caracterización de composites de poliuretano e magnetita para hipertermia magnética
- 19:00 Comunicación 9. Cristina González Barreira. Un complexo dinuclear de disprosio con ponte fluoruro como imán molecular
Sesión 2. Venres, 26 de novembro
- 16:00 Comunicación 10. Lidia Domínguez Ramos. Nanocarbóns microporosos funcionalizados para a eliminación de contaminantes industriais
- 16:20 Comunicación 11. María Moreno Pérez. Preparación de óxidos semiconductores como soportes de clústeres cuánticos atómicos
- 16:40 Comunicación 12. Sara Bermúdez Fernández. Síntese de paladaciclos mono e dinucleares derivados de ligandos TSC: Estudo de reactividade fronte a difosfinas de cadea curta
- 17:00 Comunicación 13. Basma Raad Shakir Aljanabi. Paladaciclos como precursores de metaloligandos funcionalizados.
- 17:20 Comunicación 14. Manuel Rodríguez Romero. Novos metaloencimas artificiais unidos a microesferas proteicas como reactores bioortogonais
- 17:40 Comunicación 15. Alexandre Blanco González. As portas da célula ca dinámica molecular
- 18:00 Comunicación 16. Javier López Vázquez. Bioaccesibilidade humana de plastificantes presentes nos microplásticos simulando dixestións gastrointestinais
- 18:20 Comunicación 17. Andrea Estévez Danta. Desenvolvemento dunha metodoloxía analítica para a determinación da exposición humana a bisfenois mediante análise de augas residuais con fins epidemiolóxicos
- 18:40 Clausura da Xuntanza de investigadores novos no ámbito da química