Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Xornada que lle ofrece ao persoal que comeza o seu camiño na investigación en ciencias farmacéuticas a oportunidade de difundir e poñer en común a súa investigación.

Promóvese así o coñecemento, a colaboración entre grupos e o uso do galego na Facultade.
Logo dos Encontros

Edición 2024

A Comisión de Normalización Lingüística e Difusión Cultural (CNL) da Facultade de Farmacia pon a andar a edición dos Encontros deste ano. Con eles busca reunir a mocidade investigadora dese centro, dándolle un espazo para difundir e pór en común a súa investigación, incentivando a colaboración entre grupos e promovendo o uso do galego na Facultade.

Cando: 17 de outubro de 2024, das 9:20 ás 13:45 h

Onde: Salón de Graos da Facultade de Farmacia 

  • Como participar

    As persoas ou grupos que queiran participar deben elaborar un cartel ou póster en galego, onde se describa algún aspecto relevante da investigación que están a desenvolver. Eses pósters exhibiranse na Facultade o día do Encontro e permanecerán expostos nela por un período de tempo que a Comisión organizadora determinará.

    As persoas que o desexen poden complementar a exhibición do póster cunha presentación oral en galego do seu contido, dunha duración aproximada de 10-15 minutos.

    A Comisión organizadora recomenda optar por esta segunda opción, xa que permite ofrecer unha visión moito máis completa do traballo investigador que se realiza, e facilítalles ás e aos asistentes a comprensión dese traballo.

    Comisión organizadora

    • Lorena Gómez Calvo
    • Reyes Laguna Francia
    • Trinidad de Miguel Bouzas
    • Manuel Novás González
    • Lara Pazos Soto
    • Rubén Prieto Díaz
    • Raquel Sendón García

    Comité científico

    • Letricia Barbosa Pereira
    • Maria João Correia Pinto Carvalho De Matos
    • Jesús González Jartín
    • Sándra Sánchez Poza

    Programa

    [Versión en .pdf]

    09:20 h. Presentación

    • Reyes Laguna Francia, decana da Facultade
    • Raquel Sendón García, vicedecana de Calidade e Relacións Exteriores
    • Trinidad de Miguel Bouzas, secretaria da Comisión de Normalización Lingüística da Facultade
    • Xusto Rodríguez Río, técnico do Servizo de Normalización Lingüística da USC

    9:30-11 h. Primeira sesión

    Moderadores: Remigio Paradelo Núñez e Ignacio Ínsua López

    • Miriam Blanco Ces. "Avaliación de novas substancias psicoactivas e psicofármacos en mostras de fluído oral de condutores"
    • Lorena G. Calvo. "Caracterización preliminar da actividade antagonista de Lactobacillus spp. e do seu potencial papel no control de patóxenos alimentarios"
    • Selene Cuello Rodriguez. "Deseño e elaboración de colirios mucoadhesivos combinando idebenona e hidroxocobalamina"
    • Daniel Gómez Grandío. "Síntese dun catalizador monolítico nanoporoso de sílice mediante crecemento superficial de metal-organic frameworks (MOF) e calcinación: aplicación na síntese de isatinas anticanceríxenas"
    • Ángela González-Baizán. "Mellora no procedemento de purificación de grans de pole para a súa aplicación farmacéutica"
    • Emma López Sanvicente. "Identificación de potenciais migrantes en materiais en contacto con alimentos mediante P&T GC/MS"
    • Arturo Alejandro Lorenzo Lorenzo. "Micropartículas con fármacos senolíticos para o tratamento da osteoartrite"
    • Vinicius de Monte Vidal. "Elaboración de hidroxeles cargados de sistemas lipídicos nanoestruturados de cannibixerol para o tratamento da psoríase"

    11-12 h. Sesión de pósters

    Os pósters exhibiranse nos corredores da Facultade de Farmacia e permanecerán expostos ata o mes de xuño.

    Café, coa colaboración de REGEIFAR

    12-13 h. Segunda sesión

    Moderadores: Araceli Tobío Ageitos e Ángel Salgado Barreira

    • Manuel Novás. "Explorando derivados de cumarinas como ligandos multidiana no tratamento de enfermidades neurodexenerativas: síntese, estudos de modelización molecular e avaliación biolóxica"
    • Lara Pazos-Soto. "Influencia da matriz alimentaria na bioaccesibilidade de migrantes procedentes de materiais de envases alimentarios"
    • Simón Rodríguez-Moar. "Busca de biomarcadores tras infarto de miocardio a través da análise proteómica en plasma de doentes"
    • Iván Rodríguez-Pampín. "Estratexias de deseño de fármacos multidiana: a interacción sinérxica entre receptores de adenosina e dianas terapéuticas novidosas"
    • Antón Tembrás López. "Efecto da anxiotensina (1-7) sobre a activación e expresión do factor de transcrición STAT3 nun modelo de activación microglial"

    13 h. Conferencia invitada

    Santiago Pérez Rodríguez (Hifas da Terra). "Mellorando a saúde en todo o mundo a través da micoterapia"

    13:45 h. Peche do V Encontro
     

  • Facultade de Farmacia, Salón de Graos, 17 de outubro de 2024

    Inscrición

    Para inscribirse neste V Encontro cómpre cubrir este formulario antes do 7 de outubro 4 de outubro ás 14 horas. Nel, hai que indicar a modalidade de participación pola que se opta e achegar un resumo do traballo que se quere presentar, seguindo o modelo que fornece a Comisión.

    Aceptación

    A partir do día 7 de outubro a Comisión contactará coas persoas inscritas e comunicaralles se a súa solicitude foi ou non aceptada.

  • Comisión organizadora

    • Guillermo Blanco Fernández
    • Trinidad de Miguel Bouzas
    • Reyes Laguna Francia
    • Sandra Mariño Cortegoso
    • Rubén Prieto Díaz
    • Raquel Sendón García
    • Joyce Viana Silva

    Cartel

    [Versión en .pdf]

    Programa

    [Versión en .pdf]

    09:15 h. Presentación

    • Reyes Laguna Francia, decana da Facultade
    • Raquel Sendón García, vicedecana de Calidade e Relacións Exteriores
    • Trinidad de Miguel Bouzas, secretaria da Comisión de Normalización Lingüística da Facultade

    9:30-11 h. Primeira sesión de presentacións

    Moderadores: Eddy Sotelo e Antón Leandro Martínez Rodríguez

    • Celia Fernández Rial. "Descifrando o impacto de lncRNAs alterados no envellecemento na tecnoloxía da pluripotencia inducida"
    • Lorena Gómez Calvo. "Avaliación de extractos naturais de flora galega como potenciais nutracéuticos"
    • Sandra Mariño Cortegoso. "Filmes activos para aplicacións alimentarias a base de subprodutos da industria"
    • Alba Paz Castro. "Recrutamento de transdutores e tráfico de receptores da variante xenética rara do receptor de fractalquina CX3CR1-A55T asociado á esquizofrenia"
    • Lara Pazos Soto. "Estabilidade e bioaccesibilidade de derivados do bisfenol A presentes en materiais de envase alimentarios"
    • Nuria Seoane Lloves. "O AMPc protexe fronte ó dano na barreira hematoencefálica inducido por inflamación"
    • Lorena Valverde Fraga. "Aplicación dn cultivo de células de fluxo e estudos de actividade antimicrobiana para avaliación in vitro dun sistema baseado en pole para a administración pulmonar de rifabutina"

    11-12 h. Sesión de pósters

    Os pósters exhibiranse nos corredores da Facultade de Farmacia e permanecerán expostos ata o mes de maio.

    Café, coa colaboración de REGEIFAR.

    12-13 h. Segunda sesión de presentacións

    Moderadores: Francisco Caamaño Isorna e Luís Antonio Díaz Gómez

    • Miriam Blanco Ces. "Análise de GHB en mostras de pelo: utilidade en casos de submisión química"
    • Sandra Martín García. "Mellorando a desinfección solar da auga de bebida frente a Cryptosporidium: avaliación do monopersulfato e distintos materiais plásticos"
    • Vinicius de Monte Vidal. "Nanopartículas de cannabidiol (CBD) para o tratamento da psoríase"
    • Lucía Rodríguez Pombo. "Impresión 3D de medicamentos personalizados no ámbito hospitalario para nenos afectados de enfermidades metabólicas raras"
    • Irene Visos Varela. "Uso crónico de atorvastatina e gravidade da COVID-19: un estudo de base poboacional"

    13 h. Conferencia invitada

    • Laura Filloy Martínez (GCiencia). "Por que é tan importante divulgar ciencia... E facelo en galego!"

    14 h. Peche do Encontro

  • Comisión organizadora

    Francisco Otero Espinar
    Reyes Laguna Francia
    Emílio Vázquez Lage
    Rubén Prieto Díaz
    Sandra Mariño Cortegoso
    Patricia Vazquez Loureiro

    Programa

    09:15. Sesión de apertura do Encontro

    • Francisco J. Otero Espinar, Decano da Facultade de Farmacia.
    • Reyes Laguna Francia, Vicedecana de Calidade e Relacións Exteriores.
    • Emilio Vázquez Lage, secretario da Comisión de Normalización Lingüística e Difusión Cultural (CNL) da Facultade de Farmacia

    9:30-11:30. Primeira sesión de presentacións

    • Moderadores: Ana Isabel Rodríguez Bernaldo de Quiros e Jorge Christián Fernández Masaguer
    • Aitor Carneiro. "Exploración dos mecanismos de inhibición da monamino oxidase por híbridos cumarina proparxilamina"
    • Lucía González Pico. "Derivados pirimidínicos N-substuídos como antagonistas de A2B/A2A para o tratamento do cancro"
    • Lucía Méndez Gómez. "Estudo dun ciclopéptido para o deseño racional de novos materiais 2D biocompatíbeis"
    • Sandra Mariño Cortegoso. "Recuperación de compostos bioactivos a partir de subprodutos de froitas mediante tecnoloxías sostibles"
    • Patricia Vázquez Loureiro. "Están presentes os compostos alquílicos PER-E polifluorados nos envases de papel e cartón?"
    • Daniel López Fernández. "Caracterización das canles de calcio dependentes de voltaxe na diferenciación neuronal da liña celular inmortalizada F11."
    • Nuria Seoane Lloves. "O nitroprusiato sódico protexe á barreira hematoencefálica fronte á inflamación"
    •  Francisco José Rodríguez del Río. "Identificación de novos inhibidores do receptor de coláxeno GPVI mediante un ensaio fenotípico"

    11:30-12:30. Sesión de pósters

    Os pósters exhibiranse nos corredores da Facultade de Farmacia e permanecerán expostos ata o mes de maio

    12:30-14:00. Segunda sesión de presentacións

    • Moderadores: José Gil Longo e Mariana Landín Pérez
    • Irene Visos Varela. "Efecto do citalopram sobre a severidade da Covid-19"
    • Iria González Vazquez. "Análise da capacidade anti-calcificante das moléculas de inositol forforilado"
    • Ana Iglesias Mejuto. "Implantes de metilcelulosa e hidroxiapatita cargados con vancomicina con aplicación en patoloxía ósea"
    • Andrea Insua Ramos. "Caracterización de tensioactivos gemini en monocapas de langmuir na procura de novos sistemas vesiculares de liberación de fármacos"
    • David Martínez Delgado. "Descifrando o impacto da obesidade no envellecemento a través da modificación do ARN TO-I"
    • Tiago Manuel Martins Moreira. "Descifrando as implicacións da obesidade e do envellecemento no reexuvenecemento celular"

    14:00. Peche do Encontro

  • Programa

    9:30. Sesión de apertura do Encontro

    • Francisco J. Otero Espinar, Decano da Facultade de Farmacia
    • Reyes Laguna Francia, Vicedecana de Calidade e Relacións Exteriores
    • Emilio Vázquez Lage, representante da CNL da Facultade de Farmacia
    • Isabel Vaquero Quintela, representante do SNL da USC

    9:45-12:30. Sesión de presentacións

    • GI-2109 PARAQUASIL. Victoria Díaz Tomé: Novo tratamento para a queratite fúnxica
    • GI-1632 BROMATOLOXÍA. Sandra Mariño Cortegoso: Uso de subprodutos de granada e limón para o desenvolvemento de filmes activos e comestible
    • GI-1645 I+D FARMA. Rebeca Martínez Borrajo: Nova estratexia para modular a senescencia dos condrocitos e reducir a progresión da osteoartrite
    • MINSTA. Rosa Antía Villarino Fernández: Estudo da actividade antimicrobiana de extractos naturais ricos en polifenois fronte a tres bacterias: dúas potencialmente infecciosas e unha beneficiosa para a saúde humana

    11:30 Coloquio

    • Raquel Sendón García, representante do GI-1632 BROMATOLOXÍA
    • Francisco J. Otero Espinar, representante do GI-2109 PARAQUASL
    • Patricia Díaz Rodríguez representante de GI 1645 I+D FARMA
    • Xerardo García Mera, representante do GI-1597 DESINFARMA
    • Isabel García Santos, representante da CNL

    12:30-14:00. Sesión de pósters

    Os pósters exhibiranse nos corredores da Facultade de Farmacia.

    17:00. Apertura da segunda sesión de presentacións

    • Francisco J. Otero Espinar, Decano da Facultade de Farmacia,
    • Reyes Laguna Francia, Vicedecana de Calidade e Relacións Exteriores
    • Emilio Vázquez Lage representante da CNL da Facutade de Farmacia

    17:15-19:00. Sesión de presentacións

    • GI-1632 BROMATOLOXÍA. Patricia Vázquez Loureiro: Envases seguros grazas a redución de NIAS ao longo da súa produción
    • GI-1643 NANOBIOFAR. Lorena Valverde Fraga: Microcápsulas baseadas en grans de pole de Matricaria chamomilla como novo sistema de administración de fármacos

    18:10 Coloquio

    • Raquel Sendón García, representante do GI-1632 BROMATOLOXÍA
    • Noémi Csaba, representante do GI-1643 NANOBIOFAR
    • Francisco J. Otero Espinar, Trinidad de Miguel Bouzas, representante da CNL
Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.10.2024.