Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Facultade de Ciencias da Comunicación, 2011
Cartel do premio

Premio de curtas de comedia en galego.

  • A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Comunicación convoca o certame "Somos a curta!", dirixido a premiar a mellor peza audiovisual curta de comedia en galego presentada por calquera alumno ou grupo de alumnos das universidades galegas, das titulacións impartidas nas escolas oficiais de Imaxe e Son ou da titulación de bacharelato artístico de calquera dos institutos de educación secundaria de Galicia.

    Trátase dunha proposta para a CNL da Liga Estudantil Galega da Facultade de Ciencias da Comunicación, que conta co apoio técnico do Servizo de Normalización Lingüística.

    Obxectivos

    Os obxectivos con que convoca este premio son:

    • Promover o uso da lingua galega como vehículo para a creatividade dos novos valores do audiovisual galego.
    • Premiar os dotes lingüísticos, técnicos, artísticos e humorísticos dos estudantes galegos.
    • Gozar dunha xornada de humor na nosa lingua.  

    Prazo

    O prazo para presentar as propostas remata o día 25 de novembro de 2011.

    Premio

    O premio está dotado con 600 euros e diploma honorífico.

    O xurado

    • O actor Miguel de Lira
    • O crítico e director Xurxo González
    • O profesor e membro da CNL Xosé López
    • A profesora e membro da CNL Marta Pérez Pereiro 

    As pezas presentadas ao concurso exhibiranse ao público nunha gala, que se celebrará na Facultade de Ciencias da Comunicación o 14 de decembro de 2011.

    Propostas presentadas a concurso 

    • As relacións son difíciles
    • Cagarrúas
    • Control de sono
    • Dobre ou nada
    • Far Blues
    • Lectura pracenteira
    • Longa noite de verga
    • O asasino do pan
    • O crepúsculo de Von Carter
    • O estudante vetusto
    • Pericosis
    • Xizeitor 

    Vídeos finalistas 

    • Longa noite de verga
    • Lectura pracenteira
    • O crepúsculo de Von Carter
    • Xizeitor
    • Pericosis
  • O prazo para presentar as propostas remata o día 25 de novembro de 2011.

  • Longa noite de verga, de Anxo Franco e Iago Seoane

     

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.11.2023.