Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Programa de actos do Día da Ciencia
Cartel do Día da Ciencia

Xornada de divulgación científica.

  • Por segundo ano consecutivo, varios centros da USC vanse unir á celebración do Día da Ciencia en Galego, que neste ano 2012 chega á súa terceira edición atendendo á tecnoloxía como eixe temático e fixándose singularmente nas figuras de Leonardo da Vinci e Ramón Verea.

    Este conxunto de iniciativas segue o camiño comezado en 2010 coa campaña En galego tamén se fai ciencia (organizada polas tres universidades galegas) e continuado o pasado 2011 cun programa de actividades que se estendeu por oito centros dos campus de Santiago e Lugo.

     

    Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo

    • Centro de interese Os nosos Leonardos (exposición biobibliográfica sobre Ramón Verea, Ángela Ruíz Robles e Alexandre de Fisterra)

    Escola Politécnica Superior, Facultade de Ciencias e Facultade de Veterinaria

    • Visionamento da videoconferencia "Facendo física de partículas polo mundo", organizada pola Facultade de Física (6 de novembro, de 12:30 a 13:30 h, Fac. de Ciencias, Lugo)

    • De Leonardo a nós (7 de novembro ás 11 h, Fac. de Ciencias, Lugo)

    Acto que pretende destacar –por medio de presentacións breves– o labor técnico e científico de Leonardo da Vinci e o seu influxo na ciencia moderna e contemporánea.

    Presentacións:

    - Leonardo: a representación gráfica das súas ideas (Francisco Javier López, Escola Politécnica Superior) [vid. o vídeo]

    - A anatomía de Leonardo e a actual: similares pero diferentes (Matilde Lombardero, Fac. de Veterinaria) [vid. o vídeo]

    - Da Vinci: sobre luares cinzentos e planetas afortunados (Manuel Andrade, Escola Politécnica Superior)

    - De cómo os autómatas de Leornado da Vinci evolucionaron ata converterse en valiosos compañeiros robóticos (Roberto Iglesias, Facultade de Ciencias) [vid. o vídeo]

    - Leonardo enxeñeiro: os seus deseños hidráulicos (Montserrat Valcárcel, Escola Politécnica Superior) [vid. o vídeo]

    Neste acto entregaranse tamén os Premios á calidade lingüística dos traballos académicos e de investigación convocados polas facultades de Ciencias e Formación do Profesorado e pola Escola Politécnica Superior (EPS).

    Ademais, tamén se poderán visitar dúas pequenas exposicións:

    1. Mostra conmemorativa do bicentenario do nacemento de Antonio Casares, elaborada por Isabel Fernández (Fac. de Ciencias).

    2. Centro de interese Os nosos Leonardos, elaborado pola Biblioteca Intercentros

    • Visitas guiadas a laboratorios de investigación (7 de novembro ás 13 h, en diversos centros do Campus de Lugo)

    Escola Técnica Superior de Enxeñaría

    • Conferencia de Xavier Alcalá (Universidade da Coruña) "Da química ás telecomunicacións: novo paradigma do transporte" (xoves 8 de novembro ás 12 h)

    Facultade de Física

    • Videoconferencia "Facendo física de partículas polo mundo" (6 de novembro, de 12:30 a 13:30 h)
      Relatores:
      - Patricia Conde. Investigadora no LIP de Lisboa e física do experimento ATLAS do CERN.
      - Olalla Castro. Profesora no City University en Londres e investigadora en teoría cuántica de campos.
      - Abraham Gallas. lnvestigador no CERN e na USC e físico no experimento LHCb do CERN.
      - Carlos Salgado. Investigador no CERN e na USC no ámbito do estado da materia nos primeiros instantes do Universo.
      - Cibrán Santamarina. Profesor da USC e investigador no experimento LHC do CERN.

    Facultade de Matemáticas

    • Xornadas de novos investigadores
    • Entrega dos premios á calidade dos traballos académicos
    • Presentación da rolda de debate Lexi_ga_math, centrada na análise e no debate sobre a terminoloxía matemática en lingua galega.
    • Presentación das novas unidades didácticas de matemáticas
    • Lanzamento da segunda edición do concurso "Explícoche Matemáticas 2.0"
Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.10.2023.