Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Concurso de vídeos para o alumnado de ensino medio coa economía como eixe central

Mocidade ao mando

Este concurso de vídeo quere conectar a universidade e o coñecemento científico coas novas xeracións e crear contidos sobre a economía e a empresa entre os máis novos
 

1º premio: pagas ti, non (criptomonedas)

Autoras: Lucía Gil Batalla e Rosalía Moraig Rodríguez
Profesor: Manuel M. Fandiño Castro
Centro: IES Rosalía de Castro

 

 

 

2º premio: Os sectores produtivos

Autoras: Elena Novo Mariz, Victoria Pardo Alonso e Ana Fernández San Gil
Profesor: Francisco Xabier Doporto Santos
Centro: IES Isaac Díaz Pardo

 

 

3º premio: A distribución da riqueza

Autoras: Carmen Ánguez López, Lucía Díaz Jacob e Antía Coucheiro González
Profesora: María del Mar Neira González
Centro: IES Nosa Señora dos Ollos Grandes

  • Poderá participar neste concurso alumnado da ESO, de formación profesional e de bacharelato dos centros de Galicia, en grupos cun máximo de tres estudantes, coordinados por un/unha docente.

    Cada grupo participante preparará un vídeo no que se presenten petiscos ou pílulas sobre calquera tema relacionado coa economía ou a empresa. O enfoque no tratamento do tema é libre. A lingua empregada será o galego, tanto oralmente (locucións, diálogos...) como por escrito (elementos gráficos, subtítulos, etc.).

    A duración dos vídeos non será en ningún caso inferior a 30 segundos nin superior a 90.

    Os traballos presentados deben ser inéditos e orixinais.

    Na valoración dos vídeos terase en conta a calidade técnica (imaxe e son), a corrección lingüística, a orixinalidade do vídeo, e a corrección nos conceptos científicos.

    Os vídeos confeccionados deberán subirse a unha canle de YouTube. A publicación das pezas farase baixo licenza Creative Commons Recoñecemento-Non Comercial-SenObraDerivada (CC BY-NC-ND,  https://creativecommos.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl). As e os participantes serán os únicos e exclusivos responsables dos contidos dos vídeos en canto a esixencias legais de dereitos de imaxe ou plaxio segundo as leis vixentes.

    Para presentarse ao concurso cómpre que as e os autores (ou representante/s) acheguen nun correo    electrónico     a    ficha    de     inscrición     (Anexo    I),     dirixido     ao    enderezo ecoade.decanato@usc.gal e  co asunto  "Mocidade ao mando: explorando a Economía e a Empresa".  O prazo  para  a presentación dos traballos remata o 31 de outubro de 2024.

    Os premios do concurso repartiranse do seguinte xeito:

    • Primeiro premio: agasallo por valor de 150 euros
    • Segundo premio: agasallo por valor de 100 euros
    • Terceiro premio: agasallo por valor de 50 euros

     

  • Para presentarse ao concurso cómpre que as e os autores (ou representante/s) acheguen nun correo    electrónico     a    ficha    de     inscrición     (Anexo    I),     dirixido     ao    enderezo ecoade.decanato@usc.gal e  co asunto  "Mocidade ao mando: explorando a Economía e a Empresa".  O prazo  para  a presentación dos traballos remata o 31 de outubro de 2024.

  • Servizo de Normalización Lingüística

    Vivendas dos Funcionarios

    Servizo de Normalización Lingüística

    Serv. Administrativos. Edificio Intercentros
Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.11.2024.