Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Vémolo Nós

A edición de 2024 xa ten gañadoras e gañadores!

Descúbreos na lapela Palmarés 2024.

  • Este concurso, dirixido á comunidade universitaria da USC, ten como obxectivos

    • promover a produción e a difusión de vídeos curtos e orixinais que fomenten o galego como lingua de divulgación científica, co fin de constituír un compendio de materiais audiovisuais útiles para a docencia no ámbito universitario.
    • facer que a comunidade universitaria teña como referentes produtos audiovisuais de calidade á súa disposición que sirvan de modelo para a creación doutros semellantes.
    • dar a coñecer a historia da USC a través das personaxes e dos fitos que deixaron pegada na súa traxectoria.
    • conseguir que se amose a utilidade do galego na futura vida laboral dos universitarios e universitarias. 

    E para iso premia con 1500 e 300 euros os dous mellores traballos elaborados por membros da comunidade da USC en cada unha destas categorías: 

    1. Divulgación do coñecemento
    2. Descubrindo a USC
    3. Protagonista: o galego

    A data límite para presentar traballos foi o 24 de xuño de 2024.

    Os traballos gañadores poden verse na lapela Palmarés 2024 ou na lista de reprodución Vídeos do Vémolo Nós 2024.

    A entrega de premios aos gañadores e gañadoras terá lugar nun acto organizado pola Universidade de Santiago de Compostela no mes de outubro de 2024.

     

  •  

    Categoría "Divulgación do coñecemento"

    1º premio.- Rocío Manteiga Souto por Falando de vacas

     

    2º premio.- Daniel Abella López e Adrián López Teijeiro por A biotecnoloxía no rural galego

     

    Categoría "Descubrindo a USC"

    1º premio.- Iria Losada Rodríguez por Homenaxe a Carolina

     

    2º premio.- Cecilia Álvarez Corujo, David Marante Manteiga, Paula Martínez Collazo e Sara Rodríguez Ourille por Dende o SEPIU

     

    Categoría "A utilidade do galego"

    1º premio.- Iker Fernández Villar por Aaron Bennett Kleinschmidt, un estadounidense aprendendo galego

     

    2º premio.- Irimia Pérez Sánchez e Manuel García Amado por Falar galego é de balde

     

  •  

    Categoría "Divulgación do coñecemento"

    Gañador.- Alejandro Gómez-Pazo por Con: as dinámicas costeiras e cambio global

     Finalistas

     

    Categoría "Descubrindo a USC"

    Gañadores.- Paulo Miguel Mouriño Pereiro, Celia Eiras Rubín e Estrela Ocaña Abadín por  O cronómetro

     Finalistas

     

    Categoría "A utilidade do galego"

    Gañador.- Alejandro Gómez-Pazo por A costa galega en galego

     

     

    Entrega de premios

    A entrega de premios aos gañadores e de diplomas aos finalistas terá lugar nun acto organizado pola Universidade de Santiago de Compostela en setembro de 2023.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.09.2024.