Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Ten como obxectivo mellorar a competencia escrita dos documentos científicos: artigos, traballos académicos de curso, traballos de fin de grao, de fin de máster, teses de doutoramento...

Módulo 1 do Curso 

Habilidades Comunicativas 

  • O obxectivo deste módulo é mellorar a competencia escrita, diríxese sobre todo ás persoas que se atopan no proceso de redacción dun documento científico: artigo, traballo académico de curso, traballo de fin de grao, traballo de fin de máster, proxecto de fin de carreira ou tese de doutoramento.

    Con este módulo quérese optimizar a presentación escrita (deseño, estrutura, redacción...) dos traballos académicos, TFG, TFM e teses.

    Para iso incidirase en:

    • Adquirir conciencia da importancia dunha boa presentación do traballo científico escrito
    • Manexar con eficacia os recursos da lingua escrita a prol da claridade
    • O coñecemento e emprego das principais características da redacción científica, a corrección gramatical, o deseño e a estrutura do documento, a coherencia na aplicación de elementos especiais (citas, referencias bibliográficas, tipografías etc.) e os recursos para a revisión do texto

    Recoñecemento

    1 ECTS por recoñecemento de competencias transversais (lingua) para todas as titulacións, que contabilizan entre os posibles 12 ECTS por competencias transversais que se poden recoñecer nos graos.

    A USC emitirá un diploma, no cal figurará o número de horas correspondente (25 horas), a aqueles estudantes que asistan con regularidade polo menos ao 80 % das horas.

    Contidos

    Introdución

    1. Presentación
    2. Fundamentos para unha comunicación eficaz no ámbito científico.
    3. Coñecementos, habilidades e estratexias para a composición.

    3.1 Propiedades textuais.
    3.2 Outras habilidades: elaboración de ideas, esquemas, fichas...

    Deseño

    1. Deseño do documento científico. Modelos.
    2. Estilos, índices automáticos, espazados, saltos de páxina...

    Redacción

    1. As unidades textuais.
      • As unidades superiores ao parágrafo. Estrutura do documento científico.
      • Análise dos contidos do documento científico.
      • O parágrafo.
      • A frase.
    2. A palabra
    3. Elementos especiais no texto:
      • Notas a rodapé.
      • A citación textual.
      • Elementos tipográficos.
      • Táboas, imaxes, cadros e obxectos.
      • Abreviaturas, siglas, acrónimos e símbolos.
    4. A revisión do texto
      • Revisión de contidos.
      • Revisión lingüística: ortografía, morfoloxía, sintaxe, puntuación e léxico.
      • Recursos de revisión: no procesador de textos, correctores e tradutores, dicionarios, vocabularios especializados...

    Competencias informacionais

    1. Referencias bibliográficas.
    2. Recursos para a busca e xestión de fontes bibliográficas.
  • Duración

    25 horas 
    (15 de traballo persoal e 10 de teledocencia na plataforma Teams).

    Horario

    Quenda de mañá: Martes e xoves, de 09:00 a 11:00 horas

    Quenda de tarde: Martes e xoves, de 16:30 a 18:30 horas

    Días de clase

    Mañá: 18, 20, 25 e 27 de febreiro; e 6 e 11 de marzo (a última sesión dedicarase á avaliación).

    Tarde: 18, 20, 25 e 27 de febreiro; e 6 e 11 de marzo (a última sesión dedicarase á avaliación).

    Custo

    30 €

    Requisitos

    É imprescindible asistir polo menos ao 80 % das horas de teledocencia e cumprir de xeito satisfactorio e en prazo todas as tarefas propostas na plataforma virtual.

    Para o aproveitamento do curso é recomendable unha competencia en lingua galega equivalente ao nivel Celga 4 dado que o galego será a lingua instrumental do módulo, tamén para o alumnado.

    Prazas

    25 prazas. O curso poderá ser suspendido de non se acadar un mínimo de 10 participantes

    Profesorado

    Noelia Amado Corbacho

    Prazo de matrícula

    Días 10 ao 14 de febreiro

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.02.2025.